31 may 2011
A rosaleira María F. García Orduna, do San Xerome, Campiona de España
MARIA F. GARCÍA ORDUNA, DO CLUB SAN XEROME, CAMPIONA DE ESPAÑA DE LANZAMENTO DE DISCO E XAVELINA
O Campionato tivo lugar esta fin de semana nas pistas do Complexo Deportivo Bahía Sur de San Fernando (Cádiz), organizado pola Federación Española de Deporte para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEDDI).
Participaron un total de 51 clubs e 291 atletas de todo o estado español. San Rafael, Chapela e Aspanaex (Vigo), e o San Xerome (A Guarda) foron os clubs que representaron a Galicia.
Os atletas do Baixo Miño tiveron unha destacada actuación, tanto na categoría de competición (Luis, Borja, Javi, Amparo e María), como na categoría adaptada (Maite e Francisco).
María con Maite Santos, outra das triunfadoras do Campionato, pero na categoría adaptada
Importantísimas as medallas acadadas pola atleta residente en San Miguel de Tabagón, María F. García Orduna, nas especialidades de lanzamento de disco e xavelina. Completou así mesmo a súa boa actuación cun meritorio 5º posto en lanzamento de peso.Excelentes os resultados e impresionante o traballo desenrolado polos adestradores voluntarios ao longo desta tempada; nun ano no que o noso Club, ao igual que moitos outros, sufriu as consecuencias da crise con importantes recortes nas subvencións oficiais. De feito, a viaxe a Cádiz foi costeada integramente polos deportistas e as súas familias.
30 may 2011
Cruz Roja entregará os premios do concurso "¡Conserva nuestros ríos!"
Informa Neli Rodríguez.
"Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto Movéndonos polo Río Miño” convocó el pasado 4 de mayo el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”, dirigido a los alumnos de primaria del CEIP Mestre Manuel García.
"Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto Movéndonos polo Río Miño” convocó el pasado 4 de mayo el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”, dirigido a los alumnos de primaria del CEIP Mestre Manuel García.
Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino a través del Programa de Voluntariado en Ríos y de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, organismo gestor de la cuenca hidrográfica.
Para la puesta en marcha del concurso se realizó una primera fase en la que los voluntarios de Cruz Roja desarrollaron en el CPI Manuel Suárez Marquier una campaña de concienciación para el cuidado y respeto del medioambiente y en especial hacia nuestros ríos, a través de una salida de educación medioambiental. Tras la cual, abrimos el plazo para la participación en el concurso de dibujo, cuyo objetivo ha sido la conservación y el respeto hacia nuestros ríos.
El próximo miércoles 1 de junio, conmemorando la próxima fecha del Día Mundial del Medioambiente, procederemos a la entrega de premios del concurso de postales a las 13.00 h en el salón de actos del mencionado colegio. Todos los participantes recibirán un premio denominado “Kit de participación”, además de contar con seis menciones especiales para aquellos dibujos más originales.
Próximas acciones de intervención
Durante las siguientes jornadas, el equipo de voluntarios procederá, entre otras cosas, a reconocer las características de la fauna y flora de la zona, y a la realización de un inventario fotográfico de las márgenes del río Folón, de la fauna y flora allí existentes.
Nuestro compromiso
Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española (2007)".
Además, si desean obtener más información sobre las actividades que desarrollaremos o el voluntariado puede ponerse en contacto con:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71
29 may 2011
O Club Ciclista O Rosal organiza o XX Trofeo Pista das Faias (Tabagón)
O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores, organiza o vindeiro sábado 4 de xuño, a partir das 17:00 horas, o veterano e recoñecido Trofeo Pista das Faias, xa na súa XX edición.
Segundo se pode ler na súa web, "comezará a competición coa Ximcana da categoría Benxamín, á que seguirán os Alevíns, Infantís e para rematar a tarde de ciclismo serán os Cadetes os que pecharán este XX Trofeo Pista das Faias".
Dende o club da vila tamén queren "divulgar a Promoción do Ciclismo que vai efectuar o C.C. O Rosal para a captación de novos corredores. Esta promoción vaise celebrar na Pista de Ciclismo das Faias en San Xoán de Tabagón, todos os venres de xuño e o primeiro venres de xullo (días 3, 10, 17, 24 de xuño e 1 de xullo) ás 17:00 horas".
Lembran que "só e preciso que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, acudan coa súa bicicleta e o seu correspondente casco".
A próxima andaina, a "Ruta das Pesqueiras", terá lugar o sábado día 4
Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da quinta etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello”, que se celebrou o pasado sábado 14 de maio.
A andaina levou aos participantes a visitar -entre outros lugares- a Aula da Natureza das Aceñas, a Ponte do Tamuxe, percorrer o barrio de Pías ou mesmo entrar na capela de San Gregorio.
A seguinte cita será este sábado 4 de xuño, coa "Ruta das Pesqueiras". Para apuntarse nesta etapa ou para máis información podedes contactar cos departamentos de Cultura e Turismo no 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es
A seguinte cita será este sábado 4 de xuño, coa "Ruta das Pesqueiras". Para apuntarse nesta etapa ou para máis información podedes contactar cos departamentos de Cultura e Turismo no 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es
Cruz Roja e o San Xerome controlarán o martes a calidade da auga en Eiras
Vista das Eiras dende o adro da capela da Magdalena, co río Miño e Portugal ao fondo
Os voluntarios de Cruz Roja do proxecto "Moviéndonos por el Río" realizarán medicións da calidade da auga cun grupo de alumnos do CEE San Xerome Emiliani. Todas estas actividades se realizan dentro da "Estrategia de Restauración de Ríos del MARM".
Velaquí vos deixamos íntegra e literalmente a nota de prensa que foi remitida á nosa Redacción:
"El próximo Martes 31 de Mayo, si el tiempo nos lo permite, a partir de las 10:30h y hasta las 13:00h, en la zona de As Eiras los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río acompañarán a un grupo de alumnos del CEE San Xerome Emiliani para realizar controles de la calidad del agua. Para ello contamos con los equipos de muestreo entregados por ADECAGUA (asociación para la defensa de la calidad de las aguas).
El objetivo de Cruz Roja con esta actividad, es el de crear redes de participación, las cuales a través de la figura del voluntariado ambiental actúen a favor de la protección del medio ambiente.
El muestreo consiste en realizar los siguientes estudios:
- Observar y describir el río. Identificar las presiones a las que está sometido. Analizar los parámetros fisicoquímicos (temperatura, oxígeno disuelto, pH, nitratos y dureza del agua). Calcular los indicadores biológicos de la calidad del agua (los macro invertebrados acuáticos y la vegetación de ribera).
Además, nuevamente gracias a la participación de nuestros voluntarios/as, pretendemos sensibilizar e informar para implicar a la ciudadanía en la conservación y recuperación del medio fluvial. Durante la actividad se explicará a los alumnos participantes la importancia de todos los elementos analizados durante esta jornada.
La falta de agua potable es un problema global. Por ello, además del trabajo que Cruz Roja Española desarrolla fuera de nuestras fronteras en materia de dotación de agua y promoción de higiene, la institución lleva a cabo una importante labor de sensibilización en nuestro país en relación al comportamiento responsable sobre el consumo y el uso del agua a través de campañas como ‘Moviéndonos por el Agua’, que cuenta con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino y la colaboración de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil.
Para desarrollar esta estrategia se ha organizado el nuevo equipo de voluntariado de Medio Ambiente que Cruz Roja en Baixo Miño ha creado durante el primer trimestre del 2011, para difundir los aspectos medio ambientales y de cuidado del entorno entre los colectivos que habitualmente atendemos.
Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño y sus afluentes.
Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007)".
O San Xerome ascende o cume de Pena Trevinca, o teito de Galicia
Texto: Roberto Miranda Verísimo (responsable técnico da actividade)
Fotografías: San Xerome
O San Xerome, representado por 17 persoas (usuarios, voluntarios, familias…) acada a cima de Galicia o 21 de maio de 2011, coa colaboración do Concello de Tomiño.
Eran sobre ás 12:30h da mañá cando o grupo chegou ó punto máis alto de Galicia (…e de Zamora) logo de camiñar 4 horas e media.
Todo empezaba o día anterior, venres, cando as 15:00h saímos en dirección a Vilanova (A Veiga) a onde chegamos pouco antes das 19:00h. Alí instalámonos e aínda tivemos tempo de facer unha pequena visita a esta aldea de montaña situada a 1.230m antes da cea, que sería ás 21:00h.
Despois de cear, a conversa distendida levounos a facer pronósticos sobre cantos de nós seríamos quen de chegar o cume, mentres Cholo, o dono do Trisquel, nos recordaba “se chegades, ben, e se non chegades, ben tamén, disfrutade do camiño”. Pouco despois da media noite xa estábamos todos no refuxio metidos no saco de durmir.
Ás 06:30h do día 21 comeza o movemento no refuxio, levantámonos, preparamos a mochila e dispómonos a desaiunar. Comezamos a andar, son as 08:00h.
A primeira parte da ruta consta da subida ata o Maluro (1.934m) a onde chegamos sobre as 10:00h e facemos a primeira parada, bebemos e comemos algo mentres contemplamos, dende este punto, practicamente todo o recorrido que nos queda, con Pena Trevinca ó fondo. Parece perto pero aínda queda que camiñar…
Despois ben o Crestón de Lombo Rencín onde tamén nos detemos para admirar a beleza do Foxo Castaño e a impoñente parece NW de Pena Negra. Levamos 4 horas camiñando, o noso obxectivo case se toca coa man…
As gañas de chegar e a proximidade do cume fixo que o grupo se estirase, os primeiros chegan rápido e ás 12:30h xa estábamos todos disfrutando da panorámica que ofrece esta cima sobre as bisbarras Cabrera, Sanabria e Valdeorras, dispostos a xantar no teito da nación de Breogán, alí onde Galicia está mais perto do ceo. O descenso foi máis rápido, pero en total nada máis nin nada menos que 8 horiñas de andaina!
O desexo e a ilusión por conseguir este reto e o traballo en equipo foron as claves para conseguir o noso propósito. Disfrutamos dunha xornada de deporte e natureza nun marco incomparable.
Dez medallas para o Club San Xerome no Campionato Galego de Atletismo
O deportista Borja Cadilla, un dos triunfadores do día, xunto cun dos seus adestradores,
Roberto Martínez, antes da saída da proba de 400 m. lisos
Dez deportistas do Club San Xerome, participaron o día 18 de maio no Campionato Galego de Atletismo celebrado en Vilagarcía. Extraordinarios resultados, froito dun intenso traballo dos deportistas e dos seus adestradores (non tiveron vacacións nin de Nadal, nin de Semana Santa…)
Conseguíronse un total de dez medallas.
BORJA: 1º 400 ml / 2º 3000 ml (Competición)
LUIS: 2º 800 ml / 6º 1500 ml (Competición)
JAVI: 6º 800 ml / 5º 1500 ml (Competición)
AMPARO: 1ª 1500 ml / 2ª 3000 ml (Competición)
MAITE: 2ª 400 ml / 3ª 800 ml (Competición)
MARÍA F. : 3ª Peso (Competición)
FRAN: 3º 800 ml (Adaptada)
ROSA MARÍA: 1ª Peso (Xogo)
Noraboa tamén para Fabián e Raquel polo seu esforzo aínda que nesta ocasión non obtiveron medalla.
Por outra banda, sete atletas do Club (Borja, Luis, Javi, Amparo, Maite, María F. e Fran) participan este fin de semana no Campionato de España de Atletismo que ten lugar en San Fernando (Cádiz).
Así mesmo, seis compoñentes do equipo de baloncesto, tres do de fútbol sala e un atleta representarán á Selección Galega no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en xuño na cidade de Murcia.
26 may 2011
A cantante María do Ceo actuará o sábado 4 de xuño no Auditorio do Rosal
A coñecida cantante María do Ceo ofrecerá un concerto o sábado 4 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.
Esta actuación está dentro do programa para conmemorar o 175 aniversario da constitución da Deputación de Pontevedra, no ano 1836. A entrada será libre ata completar o aforo (342 persoas).
María do Ceo, artista luso-galaica, segundo a súa propia biografía, é “fado en estado puro”. Está considerada a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo como na interpretación. Como poderemos comprobar o vindeiro sábado no Rosal, María do Ceo cando canta “transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura…”
Alumnos/as do CPI da Ribeira (O Porriño), fan a ruta guiada polos Muíños
O martes 24 de maio -e previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano- tivo lugar unha nova ruta guiada polos 67 muíños do Folón e Picón.
Desta vez foi un pequeno grupo de nenos/as do Plan PROA do CPI da Ribeira (O Porriño), acompañados dous seus profesores, Mª del Mar e Benito, quen descubriron grazas ás oportunas explicacións do guía municipal, todos os segredos histórico-etnográficos que envolven aos nosos lexendarios enxeños hidráulicos.
18 may 2011
Primeiro artigo da autoría de Manuel Sobrino Senra para Noticias O Rosal
No deja de ser curioso, o cuando menos paradójico, que mientras en España presumimos de ser un país integrador en lo que se refiere al trato con personas con algún tipo de discapacidad física, yo mismo he sufrido y padecido en mis propias carnes, a lo largo de 24 años de vida, muchas situaciones incómodas, que ponen de manifiesto la tremenda hipocresía que existe con respecto a este tema.
Situaciones que demuestran que no es oro todo lo que reluce, y que, bien por ignorancia o bien por puro egoísmo, todavía nos queda mucho camino por recorrer.
Para la realización de este artículo, he querido seleccionar tres momentos, elegidos quizá por ser los que mejor representan esa dualidad terrible y desconocida que se da en nuestra sociedad. Tres historias que son tan solo la punta del iceberg de una larga y triste lista que nunca debió ver la luz. Pero estas cosas hay que contarlas. Es necesario abrir los ojos de la gente, y advertir que detrás de buenas intenciones y bonitas palabras, se esconde una realidad totalmente diferente.
La primera de ellas tuvo lugar hace tres o cuatro años, en la playa de 'Area Grande', en A Guarda. Estábamos mi padre y yo tomando el sol una calurosa mañana de verano, cuando un hombre ya mayor ―debería superar los 70 años o rozar los 80―, se nos acercó: “¡Hola Manolo!”, dijo el anciano nada más llegar. “¡Hola!”, respondió mi padre, devolviéndole el saludo. Y prosiguió el otro: “¿Este é o teu fillo, o inútil?”
Se conoce que este señor nunca me había visto, pero que sabía efectivamente que yo tenía algún tipo de minusvalía. Y no se le ocurrió nada mejor al bueno del viejo que calificarme de “inútil”. Quizá debería haber consultado un diccionario antes de soltar semejante barbaridad. No le di demasiada importancia, dada su avanzada edad.
Quiero pensar que su “error” se debió a la ignorancia, más que a una mala intención. Pero deberíamos cuidar un poco más nuestro lenguaje. Por propia experiencia, sé que a veces, por simple comodidad, decimos lo primero que se nos viene a la cabeza, sin pensar en las consecuencias que una simple palabra puede llegar a acarrear.
La segunda sucedió hace cuatro o cinco años (creo que la falta de exactitud en este dato es algo irrelevante) en la cervecería 'Pool Chaos', conocida seguramente por muchos de los lectores de Noticias O Rosal. Me disponía a entrar con dos amigos en dicho local, cuando me di cuenta, no sin cierta sorpresa y resignación (ya que no era la primera vez que me pasaba), de que un coche obstaculizaba de lado a lado y por completo la rampa de acceso a la cervecería. Mis amigos me ayudaron a subir ―que remedio― por la zona difícil, que tenía un escalón imposible de salvar por mis propios medios.
Lo primero que hice al entrar en el “Pool” fue preguntar en la barra a quién pertenecía aquel vehículo. Resulta que su dueño era un joven, cliente habitual del bar, y que era reincidente, ya que era la segunda vez que yo tenía que llamarle la atención. A continuación, el chaval se dispuso a sacar el coche de allí, momento que aproveché para recriminarle su mala acción ―con educación, por supuesto― y para decirle, de paso, que no lo volviera a hacer.
La contestación que recibí a continuación, lo dice todo acerca de este individuo. “Pues si vuelve a pasar me vuelves a avisar”, me espetó. Me quedé alucinado y sin saber qué decir, viendo como daba media vuelta y se iba, como si nada hubiera pasado. “Pues si vuelve a pasar llamo a la Policía, y problema solucionado” pensaba yo mentalmente, repuesto ya de aquel incidente. Evidentemente, la denuncia no es el mejor de los remedios, y menos en un pueblo pequeño, donde todo el mundo se conoce, y se pueden tomar represalias.
¿Cómo alguien es capaz de decir algo así? Aquí no existe ignorancia, ni nada que pueda justificar, en primer lugar, el hecho de aparcar un coche en una zona habilitada para personas con problemas de movilidad, y en segundo lugar, la posterior y chulesca contestación. Este es un caso muy común, por desgracia, de pasotismo y prepotencia.
Pero seguramente, el momento más ridículo y denigrante lo viví en el Centro de Salud de A Guarda, hace cosa de dos meses, más o menos... Me encontraba esperando a una enfermera cerca de la cola que se forma en el lugar habilitado para informar a la gente, cuando la recepcionista me preguntó, “¿quieres algo chico?”, a lo que yo respondí diciendo: “No no, yo estoy esperando a que venga una enfermera a atenderme”. “¡Ah, vale, pensaba que querías algo, como te veía ahí esperando...!”, siguió diciendo la chica.
A continuación, una mujer joven que esperaba su turno en la fila entró en aquella conversación, y dirigiéndose a mí, sonriente, con ese tono de voz artificial que todos empleamos para hablar con perros o con bebés, dijo: “Pero el chico sabe hablar, tú no eres mudito, ¿verdad?”. Y allí me quedé yo, con cara de tonto, asintiendo... “¡No, no, para nada!”...
Habláis de tratarnos como a iguales, pero nos tratáis como si fuéramos diferentes. En ocasiones, como si fuéramos completos idiotas. Habláis de integración, y nos desintegráis... La hipocresía está ahí, oculta tras unas palabras aparentemente inocentes. ¿Os dais cuenta?
Como habéis podido comprobar, en ningún momento he querido mencionar los nombres de los desafortunados protagonistas de estos tres relatos. La intención de este escrito no es la de denunciar públicamente la actitud de ciertas personas, si no la de educar. Desgraciadamente, estas lecciones de vida no se imparten en los colegios. Y así nos va...
Espero y deseo que este artículo contribuya a crear una auténtica y verdadera conciencia social, tan necesaria todavía hoy.
Coordinador da web Terrorismo Ambiental
Iván Maceiras, 6º en Canarias e novamente seleccionado con Galicia
Informa Sergio Rodríguez Teixeira
Iván Maceiras, 6º en Canarias, e novamente seleccionado con Galicia, esta vez coa categoría xuvenil.
Bo papel de Iván Maceiras no Campionato de España de probas combinadas por federacións, onde conseguiu quedar en 6º lugar coas seguintes marcas: 11.68 (100 ml), 6.33 (salto de lonxitude), 10.40 (lanzamento de peso), 54.48 (400 ml), 16.43 (110 mv), 27.84 (xabalina) e 3.14.47 (1000 ml), para un total de 4614 puntos e o 6º posto na clasificación final no octathlon xuvenil.
Ademais, publicouse a selección galega que formará parte no Campionato de España xuvenil por federacións, e Iván participará na proba de salto de lonxitude. Un novo éxito a engadir á gran traxectoria deste xove atleta rosaleiro.
Unha viaxe polos acontecementos e as novidades do Centro San Xerome
Velaquí vos deixamos unhas noticias breves, unha viaxe polos acontecementos das últimas semanas e as novidades dos próximos días do San Xerome.
• Asemblea xeral de socios. Aprobáronse as contas cun saldo favorable de 900 €, sendo os gastos anuais de 1 millón seiscentos mil €, nunha entidade da que dependen 120 usuarios e máis de 60 traballadores. Os presentes ratificaron a Xunta Directiva presidida por Asunción Dacuña Pacheco e manifestaron o apoio a súa xestión.
• ANPA. A Asociación de nais e pais Joaquina de Otero do Centro San Xerome, presentou na citada Asemblea os seus proxectos, marcados pola celebración do 30 aniversario do Centro. Destacamos a entrevista co Delegado de Transportes da Xunta para falar do transporte dos alumnos en idade escolar, e a reunión con outras entidades para tratar de xestionar un Programa de respiro familiar na zona sur de Galicia.
No terreo festivo, no mes de xuño haberá unha viaxe a Bracalandia, e no mes de xullo un festival de humor e música.
Informaron ademais da achega da cantidade de 400 € a cada un dos sectores de atención do Centro (CEDI, Educativas e Prelaboral) para a realización de actividade de ocio de fin de curso (campamentos, etc)
• O San Xerome no teito de Galicia. Nesta ocasión imos celebrar os 30 anos do Centro, cun reto lúdico – deportivo. Trátase da subida camiñando dende A Veiga (Ourense) ata Peña Trevinca (punto máis elevado da xeografía galega), alí colocaremos a bandeira do noso Centro o sábado 21 de maio. Na actividade participará un grupo de 18 aventureiros (usuarios, voluntarios…), coordinados polo especialista Roberto Miranda, e co patrocinio económico do Concello de Tomiño.
• Hortiña Ecopedagóxica. A pasada semana inaugurouse na Quinta das Mercedes da Gándara, coa presenza de alumnos de todos os sectores, a Hortiña Ecopedagóxica. Un proxecto do sector prelaboral que recentemente despega, e do que moi pronto veremos os seus froitos (leitugas, tomates …) á venda na nosa Tenda (Rúa Galicia).
• Colaboración co Club de Remo Robaleira. Grazas a este acordo hai posibilidades de que ao inicio da próxima temporada, remeiros con discapacidade estean presentes nas citas do calendario competitivo. Nos próximos días farase a selección dos candidatos para iniciar a súa preparación no mes de setembro.
• Máis deporte. Na Liga Galega de Fútbol Sala e na máxima categoría de competición, despois da celebración da segunda xornada, ocupamos o segundo posto, a 3 puntos do R. Chapela. En atletismo, dez deportistas do noso Club participarán no Campionato Galego en Vilagarcía, e sete o farán no Campionato de España, que terá lugar en San Fernando (Cádiz). Así mesmo, seis compoñentes do noso equipo de baloncesto, tres do de fútbol sala e un atleta representarán á Selección Galega no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en xuño na cidade de Murcia.
16 may 2011
Actuacións musicais, cultura e gastronomía no Día das Letras Galegas
O martes 17 de maio celébrase un ano máis o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á figura de Lois Pereiro, escritor e poeta de Monforte de Lemos (Lugo).
Este Día, a Agrupación Musical do Rosal e o Concello organizan unha serie de actividades músico-culturais, que a bo seguro estarán ben acompañadas da nosa exquisita gastronomía (tapas tradicionais e caseiras cos recoñecidos viños do Rosal). ¿Que máis se pode pedir?
A cita, durante todo o Día das Letras Galegas, na céntrica Praza do Calvario.
15 may 2011
Iván Rodríguez Maceiras, en Canarias, convocado coa Selección Galega
Iván, no acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo o pasado febreiro no Auditorio
Informa Sergio Rodríguez Teixeira // O Rosal
Os bos resultados de Iván Rodríguez Maceiras, polivalente atleta rosaleiro, na modalidade de probas combinadas, fixeron que a Selección Galega apostara por el para o Campionato de España de Federacións que se celebra este fin de semana en Arona (Canarias).
Xunto a Galicia enfróntanse Cataluña, Valencia e Canarias. Cada selección participa con tres atletas absolutos e un xuvenil (que no caso de Galicia será representada por Iván).
Por poñer unha nota negativa, perderase o Campionato Galego Xuvenil, que tamén se celebra por estas datas no Barco de Valdeorras e onde a bo seguro conseguiría máis dunha medalla.
Nuria Martínez e Eric Barceló disputaron o Campionato de España de Judo
O pasado sábado 7 de maio celebrouse en Formentera (Illas Baleares) o Campionato de España Cadete de Judo no que participaron dous judokas do Rosal, Nuria Martínez Lomba e Eric Barceló Rodríguez.
Ambos os dous pertencen ao Club de Judo DO-MAJO, formando parte da expedición da Selección Galega. Xunto a eles estivo a súa adestradora, Mónica Pacheco, técnica tamén da mencionada selección.En categoría de -52 kg, Nuria, tras gañar o seu combate en primeira rolda con grande superioridade, tivo que retirarse no seguinte por lesión.
Pola súa banda Eric, en -50 Kg., gañou todos os seus combates pola máxima puntuación, chegando a semifinais co extremeño Daniel Santiago, actual Campión de España, a quen non conseguiu superar.
No combate na busca do Bronce, tras ir gañando ata o último minuto, Eric cometeu un erro e caíu debaixo do seu opoñente, téndose que conformar co quinto posto final.
Pero iso si, o noso veciño desquitouse participando coa Selección Galega na competición por equipos, proclamándose Campións de España. ¡Noraboa!























