16 may 2011
Actuacións musicais, cultura e gastronomía no Día das Letras Galegas
O martes 17 de maio celébrase un ano máis o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á figura de Lois Pereiro, escritor e poeta de Monforte de Lemos (Lugo).
Este Día, a Agrupación Musical do Rosal e o Concello organizan unha serie de actividades músico-culturais, que a bo seguro estarán ben acompañadas da nosa exquisita gastronomía (tapas tradicionais e caseiras cos recoñecidos viños do Rosal). ¿Que máis se pode pedir?
A cita, durante todo o Día das Letras Galegas, na céntrica Praza do Calvario.
15 may 2011
Iván Rodríguez Maceiras, en Canarias, convocado coa Selección Galega
Iván, no acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo o pasado febreiro no Auditorio
Informa Sergio Rodríguez Teixeira // O Rosal
Os bos resultados de Iván Rodríguez Maceiras, polivalente atleta rosaleiro, na modalidade de probas combinadas, fixeron que a Selección Galega apostara por el para o Campionato de España de Federacións que se celebra este fin de semana en Arona (Canarias).
Xunto a Galicia enfróntanse Cataluña, Valencia e Canarias. Cada selección participa con tres atletas absolutos e un xuvenil (que no caso de Galicia será representada por Iván).
Por poñer unha nota negativa, perderase o Campionato Galego Xuvenil, que tamén se celebra por estas datas no Barco de Valdeorras e onde a bo seguro conseguiría máis dunha medalla.
Nuria Martínez e Eric Barceló disputaron o Campionato de España de Judo
O pasado sábado 7 de maio celebrouse en Formentera (Illas Baleares) o Campionato de España Cadete de Judo no que participaron dous judokas do Rosal, Nuria Martínez Lomba e Eric Barceló Rodríguez.
Ambos os dous pertencen ao Club de Judo DO-MAJO, formando parte da expedición da Selección Galega. Xunto a eles estivo a súa adestradora, Mónica Pacheco, técnica tamén da mencionada selección.En categoría de -52 kg, Nuria, tras gañar o seu combate en primeira rolda con grande superioridade, tivo que retirarse no seguinte por lesión.
Pola súa banda Eric, en -50 Kg., gañou todos os seus combates pola máxima puntuación, chegando a semifinais co extremeño Daniel Santiago, actual Campión de España, a quen non conseguiu superar.
No combate na busca do Bronce, tras ir gañando ata o último minuto, Eric cometeu un erro e caíu debaixo do seu opoñente, téndose que conformar co quinto posto final.
Pero iso si, o noso veciño desquitouse participando coa Selección Galega na competición por equipos, proclamándose Campións de España. ¡Noraboa!
Ten lugar no Rosal a campaña de fomento da lectura "Eu leo, e ti?"
Grazas a unha iniciativa das mestras responsables da Biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier, ponse en marcha esta campaña de fomento da lectura, destinada fundamentalmente a lectores adultos, en colaboración coa concellaría de Cultura do Rosal.
Preténdese achegar os libros a toda a cidadanía, para poder disfrutar da lectura no tempo de lecer, na casa ou mesmo en establecementos públicos.
Trátase de que os libros “rulen” e percorran a vila.
Un total de sesenta distribuídos en tres caixas foron colocados no Centro de Saúde, nunha perruquería e nunha cafetería locais. Pódense ler alí mesmo, nas propias casas ou recomendarllos a amigos.
Unha vez lidos entregaranse en calquera dos tres lugares elixidos para esta campaña (que non ten por que ser o mesmo de onde se escolleron).
Esta actividade é bimensual. Cada dous meses recolleranse e procederase ao seu cambio, por outros libros e outros lugares.
Dende a concellaría de Cultura anímase a participar nesta singular forma de coñecer libros e gozar da lectura.
14 may 2011
Exposición no Rosal de "Un mar de mulleres" GAC Ría de Vigo - A Guarda
Desde o 14 ata o 20 de maio do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo – A Guarda, no Concello do Rosal.
Ademais, o luns 16 de maio de 2011, terá lugar as 20:00 horas a celebración da Xornada “Un Mar de Mulleres” organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de exposicións do Concello do Rosal.
Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.
Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata A Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.
Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.
O acto comezará co saúdo do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela. A continuación, a xerente do GAC 7, Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.
María del Pilar Álvarez Rodríguez da Asociación de Mulleres Progresistas do Rosal e membro da Mesa da Muller, e da Xunta Directiva do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda, explicará como xurdiu a idea deste traballo.
Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.
Durante as próximas semanas este material irá rotando polos distintos concellos e organizacións profesionais do sector pesqueiro da zona GAC 7 (Cangas, Moaña, Soutomaior, Vilaboa, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
O Rosal celebra as Festas de San Isidro, patrón dos agricultores
A procesión chegando ao adro da igrexa parroquial (2010)
O sábado 14 de maio comezaron as Festas de San Isidro coa actuación das orquestras Saudade 73 e o grupo Kamelot. O domingo, ás 10 da mañá fará a súa entrada o grupo A Boalleira, de A Gándara. Ás 12, Misa Solemne con Sermón e Procesión.
Xa ás 19:00 horas, presentación da orquestra Poceiro de Pontevedra. A Gran Subasta de produtos típicos da terra terá lugar ás 8 da tarde para seguidamente comezar a verbena de novo coa orquestra Poceiro.
ACOR organiza a VII Feira de Oportunidades na Praza do Calvario
Detalle da Feira celebrada o pasado ano 2010
A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal), organiza o vindeiro 15 de maio a VII Feira de Oportunidades que terá lugar na Praza do Calvario.
A Feira estará aberta dende as 10 da mañá ata aproximadamente as 8 da tarde, coa participación de quince establecementos que porán á venda produtos de calidade: confección, librería, confitería, bisutería, floristería e outros, con importantes descontos e prezos moi asequibles.
Así mesmo, durante a tarde, se celebrará un obradoiro de pintura e globoflexia para os máis pequenos dirixido por Patricia Dorado Pregal. Todos os nenos/as participantes serán agasallados cun estuche de pinturas.
11 may 2011
Xa se pode visitar a exposición de libros do mundo na Biblioteca Municipal
O martes 10 de maio chegaron á Biblioteca Municipal do Rosal 15 mochilas cheas de libros de todo o mundo.
Un total de 152 contos escritos en 35 idiomas, incluída a linguaxe braille, entre eles: danés, chinés, árabe, italiano, francés, esloveno, checo, etc, estarán con nós do 10 ao 18 de maio. Poderemos disfrutar deles en horario de apertura da biblioteca, de luns a venres de 4 a 8 da tarde.
Esta colección é propiedade do CRA Mª Zambrano e despois de percorrer todas as escolas unitarias do Rosal, están agora na Biblioteca Municipal para todas as persoas que desexen vela.
A magnífica colección procede de doazóns das propias familias de alumnos/as, amigos e profesores do CRA Mª Zambrano que foron recompilando nas súas viaxes polos diferentes lugares do mundo.
É sen dúbida unha estupenda ocasión de ver como a lectura xoga un importante papel na cultura dos pobos e como pode ser un lazo de unión entre todos eles. Dende a concellaría de Cultura convídase a coñecer esta orixinal exposición.
5 may 2011
A andaina de maio aprázase ata o sábado día 14 por previsión de mal tempo
A andaina de maio correspondente ao programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que debería celebrarse este sábado, aprázase por previsión de mal tempo, ao seguinte, día 14.
Tamén por petición da maioría dos participantes, o horario seguirá sendo o mesmo que nas anteriores etapas (15:30 h).
Polo tanto sairase a esa hora dende a Praza do Calvario para visitar –entre outras- a Aula da Natureza das Aceñas, a ponte vella do Tamuxe e a capela de San Gregorio, en Pías.
Para apuntarse ou solicitar máis información poden dirixirse ao Departamento de Cultura e Turismo, no teléfono 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es
Actividades de verán no Rosal para nenos de Educación Infantil ou Primaria
5.5.11
Comentar
Actividades de verán para nenos/as que no curso 2010/2011 estivesen matriculados en Educación Infantil ou Primaria. Consistirán na realización de obradoiros de manualidades, xogos ao aire libre e sendeirismo.
Participantes:
Nenos de Infantil e Primaria. Poderán participar nenos doutros concellos sempre e cando non se cubran as prazas con nenos do Rosal.
Lugar e Calendario:
Na Escola Unitaria de Couso os meses de xullo e agosto.
Taxas:
Pendente de confirmación. Os nenos que pertenzan a familia numerosa e así o acrediten, terán un desconto do 50% nas taxas.
Prazo e lugar de solicitudes:
As solicitudes poderán realizarse dende xa mesmo ata o 18 de xuño no Centro Social Polivalente, por estrita orde de inscrición.
O Rosal acollerá un "Curso de Iniciación ao Tenis" para maiores de 5 anos
A Federación Galega de Tenis busca achegar o tenis a todos os puntos de Galicia así como incrementar o número de federados neste deporte.
Por iso, se tes como mínimo 5 anos e sen límite de idade, e te interesa participar nun curso de iniciación ao tenis que se realizará os luns polas tardes no Rosal, pasa polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural a facer a túa solicitude (986 60 94 50).
O curso terá unha duración de dous meses e comezará en canto se teña un mínimo de 20 persoas preinscritas.
O prezo unicamente será a licenza federativa que conleva un seguro da Federación en caso de lesión.
3 may 2011
A Agrupación Musical do Rosal cumpre hoxe o seu 25 aniversario
O 4 de maio de 1986, apadrinada pola "Banda de Música Juvenil de Xinzo" (Ponteareas), tivo lugar na Praza do Calvario a presentación oficial da "Banda Juvenil de la Agrupación Musical de O Rosal", baixo a dirección de D. Laureano Matos Barcia, de Camposancos (A Guarda), aínda que a primeira actuación en público levouse a cabo, cun grupo de gaitas "célula base da Banda" o 22 de xaneiro de 1984, festividade de San Vicente, en Marzán.
Velaquí vos deixamos con este motivo, a felicitación de Brais Martínez Villa, remitida á nosa Redacción:
"Felicidades á Agrupación Musical do Rosal no seu 25º Aniversario. Foron 25 anos cunha gran traxectoria, con moitos concertos, certames, premios... Oxalá sexan moitos máis anos así. ¡Felicidades!"
Brais Martínez Villa
Este domingo 8, Asemblea Xeral Ordinaria do Atlético Novás de balonmán
A Xunta Directiva da S.D. Atlético Novás de balonmán, convoca a todos os socios á Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará no Pavillón Municipal o domingo 8 de maio ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda, coa seguinte orde do día:
1.Balance deportivo dos equipos desta Sociedade na tempada 2010/11.
2.Estado de contas.
3.Xunta Directiva.
4.Rogos e preguntas.
3.Xunta Directiva.
4.Rogos e preguntas.
Concurso para a selección do cartel anunciador da XIX Feira do Viño do Rosal
O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os produtos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIX Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas.
BASES
1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro.
2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador.
3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase.
4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cm. de ancho por 64 cm. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.
5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluír necesariamente os seguintes textos: XIX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 15, 16 e 17 de xullo de 2011. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.
6.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.
7.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIX Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación.
8.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 20 de MAIO de 2010 ás 13:00 horas.
9.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.
10.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 27 de maio. A entrega do premio realizarase no momento e xeito que se estimara.
11.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.
12.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo.
13.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.
O Rosal, 14 de abril de 2011.
O ALCALDE
Asdo. Jesús Mª Fernández Portela
Érguete Baixo Miño organiza talleres de prevención sobre adiccións
Pouco falta para rematar este curso escolar e a Asociación Érguete Baixo Miño inicia as súas derradeiras actividades escolares programadas de prevención para estes meses de maio e xuño.
Trátase de Talleres dirixidos a mozos e mozas escolarizadas pertencentes aos cursos de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de PCPI e con idades comprendidas entre os 15 e 20 anos. Neles participarán 171 alumnas/os do I.E.S. A Sangriña de A Guarda.
Durante estas actividades, que contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando en total 50 horas-, centrarémonos nos seguintes aspectos:
- A diversión asociada ao consumo de substancias (incluíndo alcohol e tabaco).
- Os seus efectos e consecuencias.
- Mitos, tópicos e falsas crenzas.
- Práctica de habilidades de afrontamento.
- Buscando a diversión saudable.
A finalidade do programa é evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou de abuso de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
Cruz Roja no Baixo Miño convoca un concurso de debuxo infantil
Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto “Movéndonos polo Río Miño” organiza y convoca el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”.
Aquí vos deixamos íntegra e literalmente -en castelán- a nota de prensa recibida na nosa Redacción: "Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino a través del Programa de Voluntariado en Ríos y la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, organismo gestor de la cuenca hidrográfica.
Para la puesta en marcha del concurso se realizará una primera fase en la que los voluntariados de Cruz Roja desarrollarán en el CPI Manuel Suárez Marquier una campaña de concienciación para el cuidado y respeto del medioambiente y en especial hacia nuestros ríos a través de una salida de educación medioambiental. Tras la cual se abrirá el plazo para la participación en el concurso de dibujo cuyo objetivo es la conservación y el respeto de nuestros ríos.
La temática del concurso es “Conserva nuestros ríos” y los dibujos podrán realizarse en acuarela, pintura, rotuladores o cualquier otro material en formato din A – 4.
A partir del 11 de mayo se recogerán los dibujos participantes en el centro y se reunirá el jurado, integrado por miembros del comité de Cruz Roja de A Guarda, voluntarios del proyecto y profesorado del centro, que decidirán cuál es la postal ganadora. A todos los participantes se les premiará con una mochila y un cuaderno medioambiental. Además habrá tres menciones especiales que serán galardonados con materiales escolares.
Próximas acciones de intervención
Durante las siguientes jornadas, el equipo de voluntarios procederá, entre otras cosas, a reconocer las características de la fauna y flora de la zona, a la limpieza de los márgenes del río (tanto de especies foráneas como de residuos que puedan existir), mediciones de la calidad del agua y a la realización de un inventario fotográfico de los márgenes del río Folón, de la fauna y flora allí existentes.
Nuestro compromiso
Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española (2007)".




























