FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 ene 2011

Cruz Roja Juventud organiza un novo curso



Neli Rodríguez // Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño

Segundo nota de prensa remitida á nosa redacción, Cruz Roja Juventud organiza un curso en Vigo para a incorporación de novos voluntarios ao seu proxecto "Sen Violencia-Convivencia" nas zonas do Baixo Miño.
A acción formativa que se vai a desenrolar é: mediador/a en prevención de condutas violentas de Vigo. Xa está aberto o período de inscrición e as prazas son limitadas.

Transcribimos literalmente dita nota de prensa:
"Cruz Roja Juventud en el Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es en prevención de conductas violentas, que comienza el próximo 14 de Febrero de 2011.

Los destinatarios de esta acción formativa son jóvenes entre 18 y 35 años interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto Sen Violencia- Convivencia con población infantil y adolescente, en convenio con la Diputación Provincial.

Las características principales del curso de Mediadoras/es en prevención de conductas violentas, financiado por la Diputación Provincial, y que se celebrará en Vigo, son diploma de 80h repartidas en 50h teórico-prácticas y 30h prácticas. Las horas teórico-prácticas versan sobre los siguientes temas:

Justificación del programa; Psicología evolutiva; Acoso escolar; Derechos Humanos; Autoestima; Violencia; Violencia de Género; Habilidades sociales; Habilidades de comunicación; Resolución de conflictos; La Mediación; Manejo de grupos y Planificación de talleres.

Esta formación está enmarcada entre las acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” viene desarrollando en convenio con la Diputación Provincial de Pontevedra desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia” de secundaria, los talleres “Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los centros de menores, charlas para familias y docentes, formación homologada para profesorado… además de la Jornada de Convivencia Escolar que se viene desarrollando año tras año en el Pazo de la Diputación Provincial.

La formación se desarrolla del 14 al 25 de febrero de 2011 en horario de 09:00h a 14:00h.

Para más información e inscripción los interesados podrán dirigirse a:

Asamblea Comarcal O Baixo Miño
r/ Agustín Nandín Lomba, 1 baixo
36780 A Guarda
Tlf: 986 61 46 09

Xeratrium, grupo de teatro do San Xerome


O grupo de teatro Xeratrium, do Centro San Xerome, estreará o venres 21 de xaneiro a peza “Saturday night” no Centro Cultural de Allariz, convidados por “PUZZLE (Asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade).

Esta Asociación, constitúese como tal en Allariz a 20 de decembro de 2007 coa finalidade de mellorar a calidade de vida, desenvolvemento integral e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade da súa zona de influencia.

Nesta peza o grupo Xeratrium representa a importancia dos valores da Educación Vial para a sociedade. No ano 2009, o grupo foi o gañador do 2º premio a nivel estatal do Certame convocado pola DXT coa mesma temática.

Dirixe a obra Irene Moreira (Xerpo Cultural), Iván Riveiro é o responsable do son, e estarán sobre o escenario de Allariz: Marcio Fernandes, Cecilia Riveiro, Maite Barros, Rosalía González, Maite Santos, José Ramón Senra, Víctor Villa e Isaac Álvarez.

Está previsto que no mes de abril, organizado pola ANPA e dentro das actividades do 30 aniversario do Centro, a obra se represente no Baixo Miño.

20 ene 2011

Últimas prazas para o Obradoiro de Memoria


O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal comunica que aínda quedan dúas prazas vacantes para participar no Obradoiro de Memoria para Maiores que en breve se celebrará no Centro Social Polivalente os martes e xoves de 17 a 18 horas.

Para máis información poden chamar ao teléfono 986 60 94 50.

Se estiveches en Francia, diríxete ao Polivalente



Dende a concellaría de Servizos Sociais do Rosal que dirixe Mª Carmen Alonso, recoméndase que todas aquelas persoas que traballaran en Francia, en calquera réxime (agrario, xeral, autónomo, complementario e viúvas) o tempo que sexa, se dirixan ao Centro Social Polivalente ou chamen ao teléfono 986 60 94 50 e pregunten pola Traballadora Social para ser informadas das novas medidas adoptadas por este país.

19 ene 2011

Cursos de Lingua Galega para o CELGA no Rosal



Cursos de lingua galega preparatorios para as probas do CELGA para particulares e no Concello do Rosal.

Convoca: Consellería de Educación.
 

Contido: convocatoria para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos diferentes niveis do CELGA para particulares en Pontevedra e Vigo (no caso da provincia de Pontevedra) así como para a realización dun curso preparatorio no Concello do Rosal (que tería lugar, no caso de ser concedido, de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas dende o 11 de abril ao 15 de xuño).

Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes en xuño de 2011. 
 

O día 1 de marzo sairá publicada na páxina www.xunta.es/linguagalega unha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do CELGA 1.

As datas dos exames serán os días 18, 19, 25 e 26 de xuño de 2011 para os niveis CELGA 4, 2, 3 e 1 respectivamente.
 

Prazo: o prazo para realizar unha instancia solicitando a participación nun curso preparatorio das probas do CELGA no Concello do Rosal rematará o día 28 de febreiro e a inscrición nas probas rematará o día 29 de abril de 2011. 
 

Máis información e inscricións no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 609450).

Programa Emega: apoio á nova muller empresaria

Segundo se informa dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da vila, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza oferta "subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega)".

Obxecto: convocatoria de axudas para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:

-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.

-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

Beneficiarios:

- Área de actuación I: as mulleres que, partindo dunha situación de desemprego por un período mínimo de 3 meses, constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens.

- Área de actuación II: as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/02/2011. Máis información no Centro Social Polivalente (r/Cabaqueiros, 4) no teléfono 986 60 94 50.

18 ene 2011

Primeira proba do ano para José e Óscar Rguez



Texto: Roberto Valladares
Fotografías: Marcos Rodrigues
Vídeo: Joao Pedro Sousa - Rally Mania

O pasado sábado 15 de xaneiro celebrouse en Fafe (Portugal) o Rali de Montelongo, proba puntuable para o Open de Ralis, Trofeo Nacional de Clássicos, Campeonato Júnior, Campeonato Regional Norte e Campeonato Regional Nordeste.


Neste rali participou un equipo rosaleiro, con José Rodríguez como piloto e Oscar Rodríguez, copiloto. Unha tempada máis, co fiable Opel Corsa, que a pesares de ter varios sustos e de dar algún toque realizaron unha magnífica proba, logrando rematar en 19ª posición.


A vitoria foi finalmente para Antonio Rodrigues e Jorge Carvalho, cun Citroën Saxo Grupo A. Segundo foi o Peugeot 306 GTI de Rui Salgado e Luis Godinho, pechando o podium Fabricio Lopes e Pedro Vaz, cun Peugeot 206 GTI.


O máis destacado entre os pilotos galegos e primeiro clásico foron Germán Gómez e Venture Jiménez cun Porsche 911 Carrera RS.

Esta proba estivo marcada pola forte saída de pista no primeiro tramo de Jorge Santos e Isabel Branco cun Citroën Saxo S1600. Agardamos a súa pronta recuperación.


Curso de primeiros auxilios con maiores


Neli Rodríguez / Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño

Transcribimos literalmente a nota de prensa remitida á nosa redacción:
"Cruz Roja Española en el Baixo Miño convoca un curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios.

 

El curso de Primeros Auxilios con Personas mayores, baremable para el SERGAS tiene una duración de 20 horas teórico – prácticas. Las fechas serán los días 12, 19 y 26 de Febrero de 2011.

 

El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.

 

En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:

a. El envejecimiento; b. Objetivos; c. ¿Qué es el socorrismo?; d. Pauta Generales de actuación ante una situación de emergencia; e. La cadena de supervivencia. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición lateral de seguridad; h. Movilidad y manejo urgente de las víctimas; i. Exploración secundaria; j. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño; K. Hemorragias; l. Quemaduras; m. Electrocución; n. Heridas; o. Traumatismos; p. Intoxicaciones; q. Mordeduras y picaduras de animales; r. Urgencias médicas; s. El botiquín; t. Prevención de accidentes; u. Bibliografía.

La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda y todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando a los teléfonos 986 61 46 09/ 606 348 471, en horario de 8:00 a 15:00 h y de 16:00 a 19:00 horas.

 

El plazo de inscripción acaba el 9 de febrero y el número de plazas es limitado. La realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 60 €".

Festas na honra de San Vicente, Marzán 2011


Os días 21, 22 e 23 de xaneiro celebraranse en Marzán (O Rosal) as Festas na honra de San Vicente 2011.

O venres 21, a partir das 18:00 horas, haberá unha GRAN ZORZADA E CHOURIZADA acompañada polo "Son Musical ELECTROSIL".

O sábado 22, ás 11 h. da mañá, Misa na honra de San Vicente. A partir das 17:00 horas, GRAN CALLADA CASEIRA. Ás 22 horas comezará a VERBENA a cargo da orquestra Mar Azul e o Grupo Niebla.


Na imaxe, o triatleta de Marzán, Óscar Vicente Rodríguez, lendo durante a Misa (2008)

O domingo 23, ás 8 da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo do DÍA GRANDE. Ás 11:30 horas, Misa na honra de San Vicente, con Sermón e Procesión, cantada pola CORAL DO ROSAL. De seguido procederase á SUBHASTA DE PRODUTOS TÍPICOS.

Unha gran tirada de fogos porá fin ás festas de San Vicente 2011. Dende a Comisión de Festas lembran que o recinto estará cuberto.

Primeira etapa: Ruta dos Muíños do Folón-Picón



O sábado 15 de xaneiro tivo lugar o primeiro percorrido turístico-cultural pola vila rosaleira dentro do programa “O Rosal. Coñece o teu concello”.

Un cento de persoas de toda a comarca do Baixo Miño asistiu ao curioso proceso de moenda no “Muíño das Laxes” cunha demostración “in situ” da conversión do millo en fariña para, de seguido, comezar a ruta polo Folón.




Lembrar que esta ruta dos muíños do Folón-Picón, está homologada pola Federación Galega de Montañismo, sendo considerados os seus enxeños “Ben de Interese Cultural” pola Xunta de Galicia (1998).

Segundo afirmou o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela “estes percorridos pola nosa vila realizaranse durante todo este ano 2011, os primeiros sábados do mes, para descubrir os aspectos culturais menos coñecidos do municipio e os nosos lugares máis pintorescos”. O Alcalde recoñeceu así mesmo que con estas rutas “tamén se pretende pasear, facer un pouquiño de sendeirismo, de deporte e como non, estar en contacto coa natureza”. Fernández Portela estivo acompañado nesta visita aos Muíños, pola concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, o edil de Deportes, Ángel Martínez Villa e a responsable de Educación, Mabel Franco Pérez.

As oportunas explicacións sobre a ruta e a historia destas vellas construcións correron a cargo do guía municipal, Juan Ramón Martínez Barbosa, coautor con Xoán Martínez Tamuxe, do libro Os Muíños do Folón e do Picón na Vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia. 


Os participantes desta primeira “andaina” organizada polo Concello do Rosal descubriron todos os segredos que envolve este singular e numeroso grupo de muíños (67 enxeños hidráulicos: 36 no Folón e 31 no Picón) e gozaron das marabillosas vistas que ofrece o monte denominado Campo do Couto cara ao Val rosaleiro, a desembocadura do río Miño e Portugal.

A próxima cita, se o tempo o permite, será o sábado 5 de febreiro, co percorrido polo Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (7’2 km). A senda, que comeza na parroquia de Eiras, continúa pola marxe do Miño para subir pola desembocadura do Tamuxe ata o Muíño das Aceñas. A variada e rica flora, así como a fauna que habita neste Espazo Natural do Baixo Miño, fai posible a súa inclusión no proxecto europeo Rede Natura 2000.

Comezarase desta vez, en principio, ás 15:30 horas, dende o Muíño das Aceñas e realizarase “percorrido dobre”, xa que se chegará ás Eiras e se volverá de novo ao punto de partida (Aceñas), en total 14’4 quilómetros, para pasear e gozar deste marabilloso e natural contorno.


Para participar nesta iniciativa, dende o Concello do Rosal recomendan anotarse -a cada etapa- no Departamento de Cultura e de Turismo (986 62 50 00), deixando nome e teléfono de contacto por se hai calquera cambio no programa.

17 ene 2011

VI Galiexpo Motor Show, por Cristóbal Coímbra


Reportaxe fotográfica de Cristóbal Coímbra.

Os días 14, 15 e 16 de xaneiro tivo lugar no Ifevi de Vigo a sexta edición de Galiexpo Motor Show, que contou -entre outros- coa participación do vigués Jorge Casales (campión de Europa júnior de trial) e pola que pasaron miles de persoas.




O evento foi presentado o venres no concello vigués nun acto que contou coa presenza do tenente de alcalde, Santi Domínguez, a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, o responsable da organización, Ricardo Portabales e o mencionado deportista, Casales.

Galiexpo contou con zona de exposición de tunning, coches clásicos e motos, ademais de exhibicións e un "mercadillo" para compraventa de pezas e elementos relacionados co mundo do motor.

16 ene 2011

RM Río Miño nos medios de comunicación



Transcribimos literalmente esta nova nota de prensa remitida á nosa redacción por José Benito Guerreiro Álvarez:

"O Proxecto de Trazabilidade para a pesca do Río Miño segue avanzando e o equipo de promotores está traballando a reo para que, como moi tarde na primeira semana de marzo, sacar ao mercado as primeiras lampreas cun sistema de marcaxe tan innovador que permitirá comprobar que esas lampreas proceden do Río Miño aínda despois de cociñadas.

Algo moi importante para valorizar os recursos pesqueiros do Miño, que neste momento se atopa en plena campaña de pesca e, desta forma, diferenciar os peixes pescados no Miño doutros foráneos, que son introducidos no mercado como procedentes do Miño, cando en realidade non o son.

Solventadas as primeiras dificultades económicas, agora os promotores están en pleno proceso de desenrolo da tecnoloxía necesaria para poñer en marcha este proxecto e pouco a pouco van encontrando solución a todos os contratempos que van xurdindo.

As sensacións do equipo de traballo son moi boas, xa que son moitos os medios de comunicación que, despois da presentación oficial que se fixo no V Simpósio Ibérico sobre a bacía hidrográfica do Río Minho o pasado 20 de novembro en Vila Nova de Cerveira, están mostrando interese polos pasos que están dando para poñer en marcha este sistema de comercialización da pesca.

Ata agora, ademais da cobertura que lle están dando os diferentes medios dixitais da comarca do Baixo Miño, xa se realizaron entrevistas en diversos medios escritos: Radio Tui e Cadena Ser e nos próximos días darase unha cobertura maior na Radio Galega, TVG e TVE.

Estes serán os medios de comunicación nos que poderemos ver e escoitar máis información sobre este innovador proxecto:

O lunes 17 de xaneiro, en directo, no programa A Solaina da TVG a partir das 5 da tarde.

O lunes 24 de xaneiro unha unidade móvil da TVG desplazarase ata o pantalán de San Miguel de Tabagón e fará varias conexións en directo no programa A Revista e entrevistará a varios dos pescadores que están apoiando este proxecto.

En data aínda sen confirmar, ao longo do mes de xaneiro, un equipo de TVE, do programa Comando Actualidad, desprazarase ata a comarca do Baixo Miño para gravar un día de traballo dun pescador do Miño e tamén unha introducción ao sistema de trazabilidade que se porá en marcha a principios de marzo.

Sen dúbida algunha, esta e outras iniciativas que se irán poñendo en marcha nun futuro, están espertando un gran interese entre os medios de comunicación e isto non fai máis que confirmar o gran potencial económico que ten o Río Miño.

Innovación en tempos de crise para dinamizar a comarca do Baixo Miño".

14 ene 2011

Cruz Roja orienta sobre a búsqueda de emprego



Segundo nos comunica Neli Rodríguez, da Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, esta entidade "retoma el proyecto dirigido a orientar, y crear hábitos relacionados con la búsqueda activa de empleo además de continuar con su punto de información y Orientación Laboral.
En breve se iniciará un taller de empleo en el cual trabajaremos los siguientes puntos: habilidades sociales para la búsqueda de empleo; factores que influyen en la búsqueda de empleo, la autoestima; cómo enfrentarse a una entrevista de trabajo y elaboración del currículum.

Las plazas de esta formación, de carácter gratuito, serán limitadas, pero en el caso de la existencia de gran demanda se crearía otro taller. Abriremos el plazo de inscripción el próximo lunes 17 de enero.

Además de este taller, la Asamblea contará con un Punto de Información y Orientación Laboral, en el cual continuaremos desarrollando las habilidades y ofreciendo los recursos necesarios para la búsqueda activa de empleo, así como acompañar y asesorar sobre la elaboración del currículum.

Para poder acercarse al Punto de Información Laboral, será necesario contactar y reservar una cita previa.

En los últimos meses, debido a la situación de crisis que afecta a nivel mundial, se incrementó el número de personas que perdieron su empleo, a eso se le une el número de personas que salieron de su país tratando de mejorar su situación intentando incorporarse al mundo laboral español.

Desde Cruz Roja, como entidad de carácter social se realiza una intensa labor con los colectivos más desfavorecidos, entre ellos los desempleados. Por todo esto pondremos en marcha las siguientes líneas de actuación:

• Facilitar el acceso a las nuevas tecnologías.
• Ofrecer asesoramento para la búsqueda de empleo.
• Fomentar hábitos constantes de búsqueda activa de empleo".

Para máis información poden dirixirse a:
Cruz Roja Baixo Miño
r/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo.
Teléfono: 986614609 / 606348471

13 ene 2011

Bases do Concurso-Desfile de Entroido 2011

 
  "As fillas da Conexa", o pasado ano 2010
 
BASES

PRIMEIRA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2011 o domingo, 6 de marzo, ás 11:30 horas.

O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da feira)

SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata ás 13:00 h. do mércores día 2 de marzo.

Xunto coa solicitude de inscrición, deberán achegar:
- Maiores de idade: fotocopia do DNI.
- Menores de idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e autorización para participar no concurso.
- Unha breve descrición do disfrace que se presenta a concurso.

As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.

TERCEIRA.- As modalidades que poderán participar no concurso son:

- Carroza: Considéranse carrozas un grupo como mínimo de 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil ( carro, tractor, motocultor. O condutor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes).
- Comparsa: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
- Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas
- Individual: Fará constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta
(inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar xuntos, e considérase incluído na categoría xuvenil-adulto, cando un deles teña máis de 12 anos).
Inclúense nesta categoría as modalidades de:
- Infantil, ata 12 anos
- Xuvenil-adulto, a partir de 13 anos

CUARTA.- A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a concelleira de cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellaría de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.

QUINTA.- Cada membro do Xurado cualificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa, grupo e disfrace individual participante. No suposto de empate, procederase a unha segunda puntuación.

SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:

A) CARROZAS:

1º PREMIO……...…………………………………………………...…300 €
2º PREMIO …………………………………………………………….225 €
3º PREMIO …………………………………………………………….175 €

B) COMPARSAS:

1º PREMIO …………………………………………………………… 225 €
2º PREMIO ………………………………………………….…………200 €
3º PREMIO ………………………………………………….…………175 €

C) GRUPOS:

1º PREMIO……………………………………………………………. 175 €
2º PREMIO……………………………………………………………..125 €
3º PREMIO……………………………………………………………..100 €


D) INDIVIDUAIS:

INFANTIL:

1º PREMIO ………………………………………………………….…115 €
2º PREMIO ……………………………………………………………. 80 €
3º PREMIO ……………………………………………………………. 65 €

XUVENIL-ADULTO:

1º PREMIO ………………………………………………………….…115 €
2º PREMIO ……………………………………………………………. 80 €
3º PREMIO ……………………………………………………………. 65 €

Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do Concurso.

SÉTIMA.- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta correspondente.

OITAVA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.

O Rosal, 11 de Xaneiro de 2011
O ALCALDE

Jesús Mª Fernández Portela


11 ene 2011

Actuación do Ballet Studio 88 no Auditorio


O domingo 9 de xaneiro tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a actuación do Ballet Studio 88, presentando o seu espectáculo "Coa danza a todas as partes".


Este evento foi promovido polo Concello do Rosal e organizado pola Asociación Studio 88-Ballet Studio 88, co seu director artístico, Josué Álvarez, ao seu fronte.

Cabalgata dos Reis Magos. O Rosal, 2011


O día 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis 2011 celebrouse no Rosal como cada ano, baixo a organización do Concello e a Asociación de Comerciantes (ACOR), coa colaboración de diferentes entidades e empresas da vila: Comunidade de Montes de Santa Mariña, Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón, A Caixa, Nova Caixa Galicia, Terras Gauda, Valmiñor, Lagar de Cervera, Santiago Ruiz, Señorío da Torre, Quinta de Couselo, Cooperativa Porta do Río Miño, Cooperativa El Pilar, HidroMiño, Excavaciones Pérez, Restaurante Juan, Soper S.L. Construcións, Talleres Sport Novás, Carpal S.L., Talleres Cunchada, Telesón/Milar, Mar Azul Conxelados, Asnela, Sacha e Addict.

Lembrar que precisamente este acontecemento comezou no Rosal en 1968 grazas ao impulso de José Martínez González (Pepe Berdeal), durante moitos anos funcionario do Concello e hoxe presidente desa Asociación.




Segundo afirma Pepe, que leva por tanto 43 anos ao fronte desta Cabalgata rosaleira, naqueles tempos os Reis Magos de Oriente e a súa comitiva ían en camións descubertos. Na actualidade, as Súas Maxestades realizan o traxecto (que dura 6 horas) comodamente en microbús, para repartir uns 300 kg de caramelos e percorrer máis de 50 quilómetros por todos os barrios e lugares do municipio.





Xa pola tarde, os Reis fixeron un alto no camiño para estar con máis calma con todos os nenos e nenas. Así, sobre as 17 horas saudaron dende a balconada do Concello aos centos de persoas que se concentraban na Praza do Calvario, para xa de seguido ter a recepción oficial no Salón de Plenos municipal, onde agasallaron aos máis pequenos cun libro e lambetadas.

Ao final desta “visita real” todos os asistentes foron convidados polo Concello do Rosal a unha gran chocolatada.