7 ene 2011
A ruta dos Muíños será o vindeiro sábado día 15
7.1.11
Comentar
Aprázase por mal tempo ao vindeiro sábado, día 15 ás 3 da tarde, o percorrido polos MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN que debía celebrarse mañá.
A actividade, que é gratuíta e aberta a quen desexe disfrutar dunha agradable xornada, está organizada polo Concello do Rosal para fomentar o contacto coa natureza, o deporte e por suposto, a cultura. (Lembrar que os nosos muíños están declarados BEN DE INTERESE CULTURAL pola Xunta de Galicia (1998) e hoxe por hoxe é un dos claros referentes do turismo no Baixo Miño).
Se aínda te queres apuntar diríxete ao Concello ou solicita máis información chamando ao teléfono 986 62 50 00.
4 ene 2011
Os Reis Magos sairán ás 10 da Praza do Calvario
4.1.11
Comentar
O mércores 5 de xaneiro -e a pesares da choiva- celebrarase a Cabalgata de Reis do Rosal, coa visita ás 9:30 da mañá aos nenos e nenas da Gardería Municipal.
Xa ás 10 h, terá lugar a saída dende a Praza do Calvario, nun percorrido que levará ás Súas Maxestades por todo o concello rosaleiro.
Despois de comer, Melchor, Gaspar e Baltasar seguirán coa súa ruta para finalmente as 17 horas volver de novo á Casa do Concello, onde repartirán agasallos no Salón de Plenos a todos os nenos/as que ata alí se acheguen.
Dende o Concello anúnciase que para conmemorar a chegada dos Reis Magos convidarase a unha CHOCOLATADA no Salón de Exposicións.
Novo servicio de Cruz Roja Baixo Miño
4.1.11
Comentar
Segundo nos comunica Neli Rodríguez, da Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, o vindeiro xoves situarán ao lado do centro de Saúde de Tui un punto informativo sobre un proxecto de vital importancia para mellorar a calidade de vida dos menores en situación de vulnerabilidade e das súas familias. Velaquí vos deixamos a nota de prensa íntegra:
"El pasado mes de diciembre, Cruz Roja ha iniciado un Servicio de Asesoramiento y Préstamo de Productos de Apoyo con la financiación del Ministerio de Sanidad y Política Social.
Este nuevo servicio está dirigido a personas que presentan limitaciones físicas, psíquicas y/o sensoriales con dificultades para desenvolverse de forma autónoma en las actividades básicas e instrumentales de la vida diaria como asearse, comer, trasladarse, llamar por teléfono, etc.….
Los productos de apoyo, antes llamados ayudas técnicas, suponen para estas personas elementos fundamentales para facilitar su vida cotidiana, su libertad de acción y movimiento y para adaptar los entornos de acuerdo a la accesibilidad universal. Y para los cuidadores mejoran su calidad de vida, ya que facilitará la atención a las personas dependientes.
La accesibilidad universal establece el compromiso para garantizar que los productos y el entorno sean utilizables y practicables para todos en condiciones de seguridad y comodidad independientemente de la posible capacidad restringida que de forma permanente o temporal algunas personas presentan.
Por todo ello, Cruz Roja en el Baixo Miño organiza, en primer lugar, el préstamo de algunos de estos productos, en concreto, aquellos que facilitan el traslado y el aseo (silla de ruedas, andadores, muletas, sillas giratorias de bañera, cojines antiescaras, asas de bañeras, etc) y, en segundo lugar, el asesoramiento respecto al tipo y utilidad de productos de apoyo existentes y los procedimientos para poder acceder a ellos.
Todas las personas que estén interesadas y/o deseen recibir más información sobre este servicio pueden dirigirse a:
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfono: 986 614 609 / 606 348 471
3 ene 2011
O Rosal. Coñece o teu concello. ¡Apúntate!
3.1.11
Comentar
O Concello do Rosal comezará en xaneiro de 2011, unha iniciativa pioneira no Baixo Miño.
Coa denominación “Coñece o teu Concello”, os primeiros sábados de cada mes (en caso de mal tempo, sería o seguinte) realizaranse uns percorridos turístico-culturais polas catro parroquias rosaleiras.
Quen desexe participar nalgunha destas andainas ten que inscribirse previamente no Concello, chamando ao Departamento de Turismo (986 62 50 00) ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos (nome, D.N.I. e teléfono) a turismo@concellodorosal.es
Quen desexe participar nalgunha destas andainas ten que inscribirse previamente no Concello, chamando ao Departamento de Turismo (986 62 50 00) ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos (nome, D.N.I. e teléfono) a turismo@concellodorosal.es
A primeira cita será o día 15 de xaneiro, ás 15:00 horas, cando se fará a ruta dos Muíños do Folón e do Picón, homologada pola Federación Galega de Montañismo e onde se visitará a súa oficina turística, que á vez é o primeiro destes enxeños hidráulicos. Se a forza de auga o permite se fará unha curiosa demostración de moenda para converter o millo en fariña.
A seguir se comezará o percorrido de preto de 3’5 km polos muíños, considerados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Coñeceremos todos os segredos que os envolven, a súa historia e as súas lendas. Visitaremos lugares verdadeiramente máxicos e cunhas panorámicas cara a desembocadura, o Val e Portugal, sen dúbida, únicas.
PROGRAMA
XANEIRO
Día 8 (aprázase ata o 15): Muíños do Folón-Picón con visita ás Pozas da Cal. Saída: Oficina de Información (1º muíño, Martín), ás 15:00 horas.
FEBREIRO
Día 5: Senda de pescadores (Eiras-Aceñas). Saída: Muíño das Aceñas, ás 15:30 horas.
MARZO
Día 5: Sanxián – Portecelo. Camiño Portugués da Costa. Saída: inmediacións do Bar Horizonte, ás 15:30 horas.
ABRIL
Día 2: Igrexa Parroquial Santa Mariña - Capela de Santa Ana - Capela de San Vicente-Sepulcros de Marzán. Saída: Praza do Calvario ás 15:30 h.
MAIO
Día 7: Ponte do Tamuxe - Aula Natureza Aceñas - Serra do Pijorro. Saída: Ponte vella do Tamuxe.
XUÑO
Día 4: Ruta das Pesqueiras (Urgal-Fornelos). Saída: Pontiña do Urgal.
XULLO E AGOSTO: Descanso
SETEMBRO
Día 3: Ruta dos petróglifos. Saída: Praza do Calvario.
OUTUBRO
Día 1: Ruta dos cruceiros. Saída: Praza do Calvario.
NOVEMBRO
Día 5: Igrexa parroquial San Xoán de Tabagón - Cruceiro dos Maios - Capela da Madanela (Eiras). Saída: Praza do Calvario.
DECEMBRO
Día 3: Niño do Corvo. Saída: Praza do Calvario.
Recomendacións: roupa cómoda, auga e cámara.
Misa de Nadal con "belén vivente" en Santa Mariña
3.1.11
Comentar
O sábado 25 de decembro, e como cada ano, tivo lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña a tradicional Misa de Nadal, coa participación dos máis pequenos nun simpático "belén vivente".
Oficiou a cerimonia relixiosa o abade párroco, D. Julio Ramos Rodríguez, cantou o coro parroquial e houbo proxección de imaxes nunha pantalla colocada para a ocasión.
31 dic 2010
Celebrouse o sorteo de Nadal de A.C.O.R.
31.12.10
Comentar
A Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) entregou na súa sede, os premios que ofertaba con motivo do Sorteo de Nadal deste ano 2010.
Na imaxe, Montse Silva Salceda, o seu marido Arturo Gómez Martínez e a súa filla, Ainoha, agasallados cunha cesta, na compaña do presidente de ACOR.
Relación de agasallos, premiados e comercios onde se entregaron os vales:
Vale de 300 €: Laurentina Martínez (Moda Sara Carrera)
Vale de 250 €: Gloria Martínez Álvarez (Perfumería Pili)
Vale de 200 €: Ana Cruz González (Mapfre)
Un xamón: Laudelina (Tele-Son)
Unha cesta: Elena Alonso Pereira (Calzados Antica)
Unha cesta: Montse Silva Salceda (Estanco O Rosal)
Vale de 150 €: Nieves Acosta Rocha (Restaurante Juan)
Vale de 75 €: Vicente Alonso (Tenda Paquín)
Vales de 50 €: Sabi González (Estanco O Rosal)
Remedios Rodríguez Álvarez (Cooperativa El Pilar)
Aurelia Coímbra Vidal (Confecciones Mary)
Vales de 20 €: Rosi Fernández Fernández (Calzados Antica)
Antonio R (Spa Esencial Nº 5)
Gustavo (Cooperativa El Pilar)
Celia Coímbra (Augaluz)
María Araújo (E&M)
Jorge Obispo (Ferretería O Calvario)
Flor de la Fuente (Moda Sacha)
Xurxo Lourenzo (Tenda Paquín)
Orlando Estévez (Electricidad O Rosal)
Loli González (Perfumería Pili)
Vales de 10 €: Eva Pacheco (Moda Sara Carrera)
Loli Costas (Activa Dixital)
Carmen Guerreiro (Confecciones Mary)
Natalia Santos (A Competencia)
Salud Rodríguez (Moda Sara Carrera)
Loli Iglesias (Confecciones Mary)
David Alonso (Tenda Paquín)
Lucindo (Alimentación Armán)
Javi Acevedo (Moda Sara Carrera)
Sofi Vázquez (Augaluz)
30 dic 2010
Sevi e Dani, Campións de España de Futbolín
30.12.10
Comentar
Os días 5, 6 e 7 de decembro celebrouse en Padrón (A Coruña) o “XIV Campeonato Nacional de Futbolín”.
Ata alí se desprazaron as mellores parellas de toda España para disputar este torneo en diferentes modalidades (combinada, parado, feminino e movemento).
O rosaleiro Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e o goianés Daniel Rodríguez Martínez –membros da futura asociación sociocultural baixomiñota “Os Cabaqueiros do Futbolín”- proclamáronse Campións de España desta última (movemento F-2) tras gañar na final aos cataláns Javier e Óscar.
Aproveitando a vitoria e o remate deste ano “futbolineiro” na nosa vila, foron recibidos e felicitados na casa consistorial polo alcalde rosaleiro Jesús Mª Fernández Portela e o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa.
Acompañaron aos Campións de España nesta recepción, ademais de familiares e amigos –entre outros- Sergio Casal Fernández (Yeya), vencedor con Luis Martínez Pereira, do I Campionato Os Cabaqueiros 2009 e Mary Domínguez Rodríguez, xunto con Ruth Mª Martínez, gañadora do I Campionato Feminino Noticias O Rosal 2010.
Tanto o Alcalde como o edil de Deportes mantiveron unha animada charla con Sevi e Dani e os demais xogadores e animáronos a seguir nesta liña, facendo mención ao primeiro torneo creado e organizado polo Concello o ano pasado (“Os Cabaqueiros”), que serviu como impulso para animar á xuventude e recuperar este xogo tradicional non só xa na vila do Rosal senón na comarca do Baixo Miño.
Rematou este acto cunha sesión fotográfica para a lembranza, cos campións e os seus respectivos trofeos, diante da Casa do Concello e tamén fronte ao “Daorde de Lurio” (monumento de pedra, obra de Pepe Antúnez Pousa, en homenaxe ao Cabaqueiro).
29 dic 2010
César e Carmen, elixidos mellores praceiros 2010
29.12.10
Comentar
César Santomé Lemos e Carmen Rodríguez Martínez foron elixidos “Mellores praceiros 2010” polos clientes da Praza de Abastos do Rosal dentro do programa “Este inverno presume de praceiro”, promovido pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
O concelleiro de Xuventude e Emprego do Rosal, Pablo Díaz Flores, xunto con Araceli del Pozo Galiñanes, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, foron os encargados de facerlle entrega aos praceiros dun pequeno agasallo e do correspondente diploma acreditativo.
27 dic 2010
Premiados no I Torneo de Futbolín Bar Floro
Recentemente tivo lugar no Bar Floro (O Rosal) o acto de entrega de premios do I Torneo de Futbolín que leva o nome deste coñecido local da vila.
Esta competición, que tivo a colaboración de “Os Cabaqueiros do Futbolín”, foi disputada por 17 parellas (34 participantes), sendo gañada por Carlos Alberto Álvarez da Concepción e Marcos Casal Fernández que venceron a Rubén Santos Paz (Delio) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) nunha apaixonante e reñida final que se decidiu na última bola.
O terceiro posto foi para Sergio Casal Fernández (Yeya) e Juan Ramón Martínez despois de gañar á parella formada por Sergio Rodríguez Álvarez e Ángel Martínez Diego.
A propietaria do local, Amparo Álvarez Rivero xunto coa súa irmá Delia, fixeron entrega dos trofeos e agasallos conmemorativos desta efeméride nun sinxelo pero animado acto.
Este torneo de futbolín “Bar Floro” 2010, tivo a novidade de que aparte do premio en metálico e das tradicionais copas tamén se obsequiou cunhas figuriñas realizadas a man, en exclusiva, para esta ocasión ás tres primeiras parellas clasificadas e de participación para todos os demais “futbolineiros/as”.
Destacar o bo ambiente e o compañeirismo reinantes durante todo o evento, así como a presenza de catro mulleres no campionato (Noelia Álvarez Baquero, Maite Martínez González, Mary Domínguez Rodríguez e Sonia Castro Rodríguez), que deron máis dunha sorpresa co seu crecente nivel de xogo e sobre todo ao eliminar da loita polos títulos a varios dos favoritos.
Fóra palabras como “competición e rivalidade”, este tipo de acontecementos (por que non, deportivos) son -sen dúbida- unha boa ocasión para rescatar do esquecemento a este vello xogo tradicional e desta maneira unir aínda máis á xuventude e aos “non tan mozos” e pasar unha xornada de convivencia realmente agradable.
Os “Cabaqueiros do Futbolín” queren agradecer publicamente o trato dispensado polas organizadoras do campionato e responsables do Bar Floro, Amparo e Delia, desexándolles unhas Felices Festas e animándoas a seguir con este tipo de loables iniciativas.
26 dic 2010
Encontro de corais no Auditorio Municipal
26.12.10
Comentar
O coro "Ecos do Folón", na súa presentación, hai xusto un ano (26 de decembro de 2009)
Hoxe, domingo 26 de decembro ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal o encontro de corais “Ecos de Nadal”, organizado polo Coro “Ecos do Folón” de Fornelos, coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial e a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal.
CORAL POLIFÓNICA (A Guarda)
Neste acto actuarán as seguintes corais:
CORAL DO CLUB DA TERCEIRA IDADE (A Guarda)
Director: D. Javier Domínguez Millán
CORAL POLIFÓNICA “VAGALUME” (Santa María de Oia)
Director: D. César Lorenzo Álvarez
CORAL POLIFÓNICA (A Guarda)
Directora: Dna. Marisilda Sánchez Lomba
CORO “ECOS DO FOLÓN” (Fornelos, O Rosal)
Director: D. Jorge Fernández González
22 dic 2010
Manuel Martín Goyás gaña a Cesta de "O.C.D.F"
22.12.10
Comentar
Manuel Martín Goyás, veciño da vila da Guarda, resultou ser o posuidor da rifa gañadora da Cesta, obsequio de “Os Cabaqueiros do Futbolín”, ao coincidir o seu número (250) coas tres últimas cifras do Primeiro Premio da Lotería de Nadal, que se celebrou onte mércores 22 de decembro. ¡Noraboa!
Os Cabaqueiros do Futbolín agradecen a todas aquelas persoas e entidades a súa colaboración nesta iniciativa e deséxanlles unhas ¡¡Felices Festas e un Bo Ano Novo 2011 cheo de saúde, paz, amor, cultura, unión e por suposto, moito, moito futbolín!!
Os Cabaqueiros do Futbolín agradecen a todas aquelas persoas e entidades a súa colaboración nesta iniciativa e deséxanlles unhas ¡¡Felices Festas e un Bo Ano Novo 2011 cheo de saúde, paz, amor, cultura, unión e por suposto, moito, moito futbolín!!
17 dic 2010
A Agrupación Musical recibe unha subvención
O venres 17 de decembro tivo lugar na Casa do Concello a entrega dunha subvención da Deputación de Pontevedra á Agrupación Musical do Rosal.
O alcalde da vila e á vez deputado provincial, Jesús Mª Fernández Portela, fixo entrega do cheque por valor de 4000 euros para renovación de vestiario á Agrupación Musical do Rosal, representada polo seu presidente, Jesús González Álvarez.
Contacontos na Biblio e visita de Papá Noel
17.12.10
Comentar
O sábado 18 de decembro ás 12 da mañá terá lugar un novo contacontos na Biblioteca Municipal do Rosal, dentro do programa anual de fomento da lectura promovido pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo.
Así mesmo -aínda que se atopa moi ocupado nestas datas- está confirmada a presenza de Papá Noel neste acto, onde pasará un rato agradable cos máis pequenos.
A Coral da A.M. do Rosal, nunha nova final
A CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL vén de clasificarse para a final da XLV edición de Vilancicos da Nova Caixa Galicia.
Esta coral, que conta con apenas 6 anos de andadura, está formada por 45 compoñentes e participará na final que se celebrará mañá, sábado 18 de decembro, en Vigo no Centro Cultural Caixanova, e o domingo 19 na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, xunto con outras 10 corais finalistas.
Interpretarán tres panxoliñas: Velo qué bonito, Con un sombreiro de palla e El tamborilero, as mesmas pezas que interpretaron o pasado 8 de decembro na súa actuación en Vigo.
Sen dúbida un gran broche para pechar este ano 2010. Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa e animámolos a seguir nesta liña, xa que así virán moitos máis éxitos. (Na imaxe, a coral en 2008, coa súa directora Toñi Santos Vaquero ao seu fronte)
14 dic 2010
SORTEO DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES (A.C.O.R.)
14.12.10
Comentar
A Asociación de Comerciantes que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) sortea multitude de premios con motivo das Festas de Nadal deste Ano Santo 2010:
1 vale de 300 €
1 vale de 250 €
1 vale de 200 €
1 vale de 150 €
1 vale de 75 €
3 vales de 50 €
10 vales de 20 €
10 vales de 10 €
2 cestas de produtos navideños
1 xamón
Dende A.C.O.R. desexan moita sorte a todos os consumidores e lembran que o sorteo celebrarase o mércores día 22 de decembro no seu local, na Fundación O Rosal.
Toni remata subcampión da Copa de España
14.12.10
Comentar
"Non puido ser e Antonio Portela tivo que conformarse co 2º posto na Clasificación Xeral Final da Copa de España de Ciclocross categoría Cadete". Así comeza a web do Club Ciclista O Rosal a crónica do sucedido a pasada fin de semana na proba celebrada en Alcobendas (Madrid).
De todas formas, dende Noticias O Rosal dámoslles a nosa noraboa polo seu gran papel, tanto a Toni como ao club ciclista da vila que dirixe o seu activo e incansable presidente, Gerardo Álvarez Martínez. A bo seguro, coa humildade, ilusión e traballo que os caracteriza, acadarán moitos máis éxitos non xa a nivel rexional, senón -como se está demostrando- aínda no ámbito nacional. (Foto: Luz Iglesias)

























