4 feb 2010
Acto pola Paz da ANPA do Manuel Suárez Marquier
4.2.10
Comentar
29 ene 2010
Capela de San Vicente e sepulcros en Marzán
29.1.10
1 comentario
ns do torreiro de festas. Contestándolle, apro-veitamos para que esta información sexa tamén de dominio público. Segundo as nosas investigacións, a capela de San Vicente, patrón da xuradía de Marzán, data historicamente do século XIV. Emprázase na Granxa do mesmo nome, que pertenceu ao Mosteiro de Santa María de Oia. Entre os valores patrimoniais histórico-arqueolóxicos atópan-
se ademais da cruz antefixa, unha ara romana epigráfica dedicada a Mercurio (hoxe no Museo Diocesano de Tui) e dous sepulcros antropomorfos. Pola súa orientación ao Leste (sol nacente=símbolo de Cristo), por tanto de signo cristián, datan dos séculos V-VI, en plena época visigótica. Estes dous sarcófagos (home e muller), pertenceron aos patróns do poboado cristián que no Concilio II de Braga, no 572, se menciona na Diócese de Tui, como parroquia denominada: Marciliana (Marciana, Marzán).
Para unha información máis completa e detallada podedes contactar con nós no correo noticiasorosal@hotmail.com ou consultar o noso traballo "Aportación ao estudo da identificación, antigüidade e cristianización das primeiras parroquias da sede episcopal de Tui citadas no II Concilio de Braga no 572", Castellum Tyde. Revista do Instituto de Estudios Tudenses, Ed. I.E.T., páxs. 76-80, Tui (2008).
28 ene 2010
Haití. Concerto Solidario no Auditorio do Rosal
28.1.10
Comentar
O domingo 21 de febreiro ás 18:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal un Concerto Solidario por Haití. Este acto está organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración coa Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, o Concello do Rosal e a empresa Hidromiño. Actuacións:
Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal
Coral da Agrupación Musical do Rosal
Coro infantil da Agrupación
O prezo da entrada será unha pequena axuda de 3 euros.
O sábado, novo contacontos de Sabine Pfister
28.1.10
Comentar
A Biblioteca Municipal do Rosal acollerá este sábado 30 de
xaneiro, ás 12 da mañá, un novo contacontos de Sabine Pfister dentro das actividades que organiza a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo. Segundo fontes dese departamento un dos grandes obxectivos que se persegue con este tipo de actos é o fomento e a animación á lectura dos máis pequenos.
27 ene 2010
Novos cursos de Cruz Roja Baixo Miño
27.1.10
Comentar
Dende a Asemblea de Cruz Roja Baixo Miño informan da primeira convocatoria formativa do 2010, co curso "Cambios posturais" para o
coidado de persoas dependentes. Este curso está enmarcado dentro das accións formativas de interese socio-sanitario de Cruz Roja e está dirixido a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en adquirir as habilidades e coñecementos necesarios para a movilización e coidados especiais que requiren as persoas dependentes. Así mesmo convocan un Obradoiro de Búsqueda Activa de Emprego que se desenrolará os días 22 e 23 de febreiro. Para máis información facede clic aquí.
coidado de persoas dependentes. Este curso está enmarcado dentro das accións formativas de interese socio-sanitario de Cruz Roja e está dirixido a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en adquirir as habilidades e coñecementos necesarios para a movilización e coidados especiais que requiren as persoas dependentes. Así mesmo convocan un Obradoiro de Búsqueda Activa de Emprego que se desenrolará os días 22 e 23 de febreiro. Para máis información facede clic aquí. 26 ene 2010
O venres, "Acto pola Paz" na Praza do Calvario
26.1.10
Comentar
A directiva da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier convida a toda a comunidade educativa (alumnos/as, nais/pais, profesores/as) así como a toda persoa que o desexe, a participar nunha velada na véspera do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. A cita será este venres 29 de xaneiro a partir das 20:30 horas na Praza do Calvario. Cada persoa deberá levar unha vela para dispoñela no chan sobre un debuxo de gran tamaño dunha Pomba da Paz. Dicir que a vela tense que soster de pé de forma doada (cunhas dimensións aproximadas de 5 cm de base e altura, nin moi pequena nin excesivamente alta ou grande). Neste acto leranse textos escritos polos alumnos do CPI preparados cos profesores, para o día da Paz. Haberá un minuto de silencio por todas as vítimas de conflitos armados e houtro en homenaxe ás vítimas do terremoto de Haití. En caso de choiva o acto quedaría anulado.Curso no Rosal da Asociación contra o Cancro
26.1.10
Comentar
Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase no Centro Social Polivalente o “Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos”, que está organizado pola Asociación Española contra el Cáncer (AECC) e conta coa colaboración da Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal. Baixo o lema “Todos contra el cáncer. Hazte voluntario. Necesitamos tu ayuda”, este curso impartirase co seguinte programa:Mércores 24 de febreiro10:00 a 10:30 horas: Presentación da Asociación Española contra el Cáncer.
10:30 a 11:30 horas: Coñecementos xerais sobre o cancro.
11:30 a 12:00 horas: Café.
12:00 a 13:30 horas: Habilidades sociais e de comunicación.
16:30 a 18:00 horas: Sintomatoloxía do enfermo oncolóxico en fase terminal.
18:00 a 18:30 horas: Café.
18:30 a 19:30 horas: Sintomatoloxía psicolóxica.
Xoves 25 de febreiro
10:00 a 11:30 horas: Aspecto Social.
11:30 a 12:00 horas: Café.
12:00 a 13:30 horas: Dimensión espiritual e duelo.
16:30 a 18:30 horas: Obradoiro práctico de voluntariado en coidados paliativos.
A data límite de inscricións será o luns 23 de febreiro e poden realizarse nos teléfonos 986 865 520 ou no 647 670 121. Así mesmo mediante fax: 986 852 597 e tamén no e-mail: pontevedra@aecc.es.
19 ene 2010
Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe" (O Rosal)
19.1.10
Comentar
MÓDULO DE ALBANELERÍA
·Monitor: Ricardo Martínez Martínez
·Alumnado:
Ana Mª Barros Videira
Mª Rosa Correa Pereira
José Mª Domínguez da Silva
Silvina Ferreira da Costa
Sonia Gómez Martínez
Consuelo González Gómez
Mª Belén González Martínez
Mª Celeste González Rodríguez
N. Begoña López Martínez
Mª del Carmen Martínez Diego
Mª Purificación Míguez Silva
Ángel Rodríguez Novás
MÓDULO DE FORESTAL-XARDINERÍA
·Monitor: Joaquín Pedre Vázquez
·Alumnado:
Belén Alonso Fernánez
Mª Asunción Barbosa Pereira
Ana Celia Calzado Santos
Anabela Carbalho Mota
Mª Consuelo Estévez Rodríguez
Elvira Ferreira Pérez
Elvira Gómez Domínguez
Luisa Gómez Martínez
Marina González Domíngues
Carminda Jesús Pereira de Freitas
América Pimentel Álvarez
Julia Posada Martínez
Mª del Pilar Rodríguez Alonso
Alicia Mª Uris Barbosa
Mª Mercedes Vicente Rodríguez
·Monitor: Joaquín Pedre Vázquez
·Alumnado:
Belén Alonso Fernánez
Mª Asunción Barbosa Pereira
Ana Celia Calzado Santos
Anabela Carbalho Mota
Mª Consuelo Estévez Rodríguez
Elvira Ferreira Pérez
Elvira Gómez Domínguez
Luisa Gómez Martínez
Marina González Domíngues
Carminda Jesús Pereira de Freitas
América Pimentel Álvarez
Julia Posada Martínez
Mª del Pilar Rodríguez Alonso
Alicia Mª Uris Barbosa
Mª Mercedes Vicente Rodríguez
Para ver a reportaxe fotográfica completa facede clic aquí.
18 ene 2010
Os pilotos do Rosal, José Rodríguez e Óscar Fernández
18.1.10
1 comentario
Fotografías para Noticias O Rosal xentileza de Roberto Valladares, coordinador da páxina web Fotosvideosderali. O pasado sábado 16 de xaneiro tivo lugar en Fafe (Braga-Portugal) -e organizado polo Clube Demoporto, Clube de Desportos Motorizados do Porto- o Rally de Montelongo, primeira proba da tempada no país veciño pertencente ao Campeonato Regional Ralis Norte dentro do Open de Ralis 2010 da Federaçao Portuguesa de Automobilismo e Karting (FPAK).
Neste evento do motor, no que estiveron presentes máis de sesenta equipos -e entre eles moitos do sur de Galicia- participaron José Rodríguez e o
seu copiloto Óscar Fernández, pai e fillo, de San Xoán de Tabagón. Estes dous rosaleiros baixo a Escudería Rías Baixas disputaron o rally a bordo dun Opel Corsa GSI, contando co patrocinio de Autos Rolan,
Peluquería Rosi (Tabagón), Recambios La Guardia e Fontanería Jesús Eiras, nunha competición que finalmente gañaron os portugueses Manuel Coutinho e Manuel Babo ao volante dun Mitsubishi EVO VI. Os primeiros españois clasificados foron Óscar Mouriño e Juan José Sánchez (17º na xeral) cun Citroën Saxo VTS 16v. Facede clic sobre as imaxes para amplialas.
17 ene 2010
Nova tempada de Serafín Martínez Acevedo co Xacobeo
17.1.10
Comentar
Serafín Martínez Acevedo, ciclista profesional rosaleiro pertencente ao equipo Xacobeo Galicia, vén de realizar xunto aos seus compañeiros a concentración previa en Mondariz para comezar neste ano 2010 a súa cuarta aventura no mundo da elite do ciclismo. Tal e como anuncia hoxe no seu blog, volverá á carga coas súas crónicas máis íntimas e persoais dende o interior do pelotón.
13 ene 2010
11 ene 2010
Festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais
11.1.10
1 comentario
Marzán. Festas na honra de San Vicente, 2010
11.1.10
Comentar
Os días 17, 22, 23 e 24 de xaneiro celebraranse as festas na honra de San Vicente. O domingo 17, a partir das 9 horas da
mañá, un grupo de gaitas percorrerá a xuradía de Marzán. O venres 22, ás 11:30 h, Misa na honra de San Vicente. A partir das 6 da tarde, Gran zorzada e chouriza-
da, acompañada polo son musical Electrosil. Ao día seguinte, sábado e sobre as 5 da tarde, Gran "Callada casei-
ra". A partir das 8, verbena a cargo do grupo A Lareira, da Guarda e Deixandar, do Rosal. O último día, o domingo 24 de xaneiro, sobre as 8 da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande. Ás 11:30 h, Santa Misa na honra de San Vicente, con Sermón e Procesión, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, para xa de seguido, comezar a subhasta de produtos típicos. Dende a comisión de festas anuncian que o recinto estará cuberto.
10 ene 2010
Os Reis Magos de Oriente tamén estiveron no Rosal
10.1.10
Comentar
5 ene 2010
O arco de Tabagón estará dedicado ao Xacobeo
5.1.10
Comentar
Velaquí vos deixamos o plano deste ano 2010 do Artístico Arco de Tabagón, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde e San Brais. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o colaborador e debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes "maios" aluden a un acontecemento ou conmemoración de carácter universal. Precisamente este ano está dedicado como "homenaxe ao Xacobeo 2010, ao Camiño Portugués da Costa e aos dous integrantes rosaleiros do equipo ciclista do Xacobeo Galicia (o corredor Serafín Martínez Acevedo e o masaxista Roberto Portela Vieira)". Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra. 3 ene 2010
Os Reis Magos visitan o CPI Manuel Suárez Marquier
3.1.10
Comentar
Os Reis Magos de Oriente (Gaspar, Melchor e Baltasar) -previo contacto con representantes do Concello do Rosal- visitaron aos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier antes da celebración da Epifanía, o mércores 6 de xaneiro.
As Súas Maxestades foron guiadas amablemente a cada aula pola directora do centro, Julia Gaspar Pazos, quen estivo acompañada da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo. Os Reis foron preguntándolle ao alumnado rosaleiro que tal fora o seu comportamento ao longo do ano, lembrando que para recibir os correspondentes agasallos tiñan que portarse ben.
Esta visita, que foi sen previo aviso, colleu por sorpresa a mestres e rapaces, que ollaban como Gaspar, Melchor e Baltasar “invadían” as súas clases para transmitir unha mensaxe de paz, humanidade e ilusión á vez que obsequiaban aos presentes cunhas lambetadas.
Outro tanto do mesmo ocorreu máis tarde cando os Reis Magos decidiron achegarse ata a Casa do Concello, onde foron recibidos con asombro por funcionarios, concelleiros, público en xeral e mesmo o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela.
Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa desta xornada. Mañá, martes día 5, as Súas Maxestades volverán a estar no Rosal, na Cabalgata Real deste ano 2010, con saída ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario para realizar o seguinte percorrido: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, Tabagón, A Portela, Eiras, Calvario (San Miguel), Morán, Valdemiñotos, Cumieira de Abaixo, Lomba, Urgal, Cumieira de Arriba, Sanxián e Portecelo. Xa de tarde, e a partir das 17:00 horas, recibirase aos Reis Magos co espectáculo “Dous Paiasos en Apuros”, sendo despedidos cunha gran chocolatada na súa honra, que en caso de choiva, se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes.

















