TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 ene 2010

O arco de Tabagón estará dedicado ao Xacobeo

Velaquí vos deixamos o plano deste ano 2010 do Artístico Arco de Tabagón, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde e San Brais. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o colaborador e debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes "maios" aluden a un acontecemento ou conmemoración de carácter universal. Precisamente este ano está dedicado como "homenaxe ao Xacobeo 2010, ao Camiño Portugués da Costa e aos dous integrantes rosaleiros do equipo ciclista do Xacobeo Galicia (o corredor Serafín Martínez Acevedo e o masaxista Roberto Portela Vieira)". Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra.

0 comentarios:

Publicar un comentario