20 jul 2008
O luns 21 de xullo, as reportaxes da Feira do Viño do Rosal 2008
20.7.08
Comentar
O luns publicaremos as distintas reportaxes e entrevistas con motivo da XVI Feira do Viño do Rosal. Faremos un repaso polos momentos máis destacados da inauguración, do pregón, das diferentes exposicións de pintura e escultura, da mostra filatélica e por suposto da degustación destes afamados caldos do Rosal.
15 jul 2008
O Rosal quenta motores con vistas á Feira do Viño 2008
15.7.08
Comentar
Este venres 18 de xullo e ás 20:00 horas dará comezo a XVI Feira do Viño do Rosal 2008. Como é habitual nos últimos anos o encargado de inaugurar esta exaltación do viño e produtos típicos rosaleses será o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Poderanse degustar os exquisitos viños que producen as bodegas da zona, sempre acompañados duns "pitiscos" dos distintos postos que se instalarán para a ocasión. Amenizará este tempo de lecer a charanga Os Jalácticos. Xa o sábado 19, a Feira abrirá as súas portas ás 11 da mañá.
14 jul 2008
A nova e flamante Biblioteca Municipal
14.7.08
Comentar
Achegámonos ata a Biblioteca Municipal, na planta baixa do Concello para facer esta pequena reportaxe visual. Temos que lembrar que o seu horario de verán será do 1 de xullo ao 29 de agosto, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas. Libros, enciclopedias, contos, xornais e revistas do Rosal, Baixo Miño, etc... pódense consultar neste espazo cultural de tódolos rosaleses.
13 jul 2008
Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal"
Aínda que este colectivo se funda no ano 1997, a I Exposición Fi
latélica xurde en 1994 coincidindo coa II Feira do Viño do Rosal. Agora, 14 anos despois, os seus membros presentan a XV Exposición Filatélica con gran entusiasmo e experiencia, dando a coñecer, cos seus paneis cheos de selos e sobres mataselados, este atractivo mundo da Filatelia, atraendo a novos afeccionados a reunir e seleccionar selos. O Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" xestiona ante a Dirección Xeral de Correos a concesión dos sucesivos mataselos conmemorativos, que nesta XV edición amosa un detalle do artístico retábulo do altar maior da igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal.
Exposicións culturais na Vila
13.7.08
Comentar
Con motivo da XVI Feira do Viño do Rosal, a Concellaría de Cul
tura que dirixe Charo Tabales Perozo ofrécenos a posibilidade de asistir a exposicións de pintura, escultura ou mesmo filatélica.
tura que dirixe Charo Tabales Perozo ofrécenos a posibilidade de asistir a exposicións de pintura, escultura ou mesmo filatélica.Na Sala de Exposicións do Concello: Pinturas de Alfonso Rodríguez Fouces
Esculturas de Julio Martínez Martínez e Félix Gómez Fidalgo
XV Exposición Filatélica
Esculturas de Julio Martínez Martínez e Félix Gómez Fidalgo
XV Exposición Filatélica
Na Cámara Agraria:
Pinturas de Mª del Carmen Varela Velasco e Waldo Álvarez Álvarez.
No Centro Social:
Pinturas do colectivo de alumnos do Concello do Rosal.
Pinturas do colectivo de alumnos do Concello do Rosal.
Horarios das exposicións
De 11:00 a 13:00 horas
De 19:00 a 22:00 horas
A Reitoral, en obras
13.7.08
Comentar
Costeadas pola parroquia de Santa Mariña, estanse acometendo unha serie de melloras na Casa Reitoral ubicada na rúa Ramón Franco, tales como o reforzamento da praca ou a substitución do tellado con tella nova envellecida. Segundo nos informa o párroco D. Julio Ramos estas obras teñen un presuposto superior aos 20.000 euros. Avanzounos así mesmo que dentro de pouco realizaranse novas actuacións de reparación na igrexa parroquial.Curso de Informática de Usuario
13.7.08
Comentar
Cun grupo de 15 alumnos e alumnas comezou no Rosal o curso de INFORMÁTICA DE USUARIO/A para demandantes de emprego dentro do Plan de Formación e Inserción Profesional (FIP
) concedido pola Consellería de Traballo. Este curso, que ten unha duración de 225 horas, está coordinado por Mª Carmen Galiñanes González, sendo os profesores do mesmo Víctor e Isa (Informática Scape - O Rosal).
) concedido pola Consellería de Traballo. Este curso, que ten unha duración de 225 horas, está coordinado por Mª Carmen Galiñanes González, sendo os profesores do mesmo Víctor e Isa (Informática Scape - O Rosal). O seu temario é o seguinte:
·Introdución ao ordenador e periféricos (40 horas)
·Iniciación á Transmisión de Datos (60 horas)
·Procesador de Textos (20 horas)
·Folla de Cálculo (20 horas)
·Bases de Datos (20 horas)
·Presentacións Gráficas (20 horas)
·Iniciación a Internet (20 horas)
·Inserción Laboral (15 horas)
·Formación para a Igualdade (10 horas)
10 jul 2008
Tres rosaleses (rosaleiros) representan a Galicia no Campionato de España de Billar
10.7.08
Comentar
Pois ben, o venres día 4 de xullo celebrouse na cidade de Lugo e no Pazo de Feiras e Congresos o dito campionato estatal, onde os nosos rosaleiros acudiron ao certame representando á Selección Galega de Billar Pool Bola 8.
Despois de varios encontros conseguen clasificarse dentro dos 32 mellores equipos de España, pero resultan eliminados contra un dos conxuntos que eran favoritos á vitoria final.
Despois de varios encontros conseguen clasificarse dentro dos 32 mellores equipos de España, pero resultan eliminados contra un dos conxuntos que eran favoritos á vitoria final.
Ese mesmo día, xa pola noite, tivo lugar a entrega de trofeos, sendo presentado o
evento por Fernando Romay (ex-xogador de baloncesto do Real Madrid e da Selección Española) e Vania Millán (Miss España 2002) outorgándolle ao clube Pool Chaos da Guarda, onde entrenan os nosos xogadores, o título de mellor clube de España. Recolleu o premio o seu activo presidente, o tamén rosaleiro Saúl Carrera, de San Miguel de Tabagón.
A nosa noraboa!
evento por Fernando Romay (ex-xogador de baloncesto do Real Madrid e da Selección Española) e Vania Millán (Miss España 2002) outorgándolle ao clube Pool Chaos da Guarda, onde entrenan os nosos xogadores, o título de mellor clube de España. Recolleu o premio o seu activo presidente, o tamén rosaleiro Saúl Carrera, de San Miguel de Tabagón.A nosa noraboa!
9 jul 2008
Actuacións da Agrupación Musical no Rosal
9.7.08
Comentar
Dentro das actividades programadas para os meses de xullo e ag
osto, a Concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, informa que o sábado día 12 de xullo, no Auditorio Municipal e ás 21 horas, terá lugar un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. A próxima actuación na Vila será con motivo das Festas do Pilar o día 25, a partir das 11 da mañá, facendo un pasarrúas, antes da misa solemne das 12 horas, que será cantada pola Coral da A. M. do Rosal. Xa pola noite, ás 21 horas a Agrupación tamén ofrecerá un concerto na Praza do Calvario.
8 jul 2008
D. Julio, recuperado e de novo na parroquia
8.7.08
Comentar
Despois de varios meses convalecente, o crego D. Julio Ramos volta a facerse cargo da tarefa pastoral da parroquia de Santa Mariña do Rosal. Aproveitamos para deixar constancia dalgúns datos biográficos do párroco.
D. Julio Ramos Rodríguez naceu o 11 de setembro de 1949 na parroquia de Santa Cruz de Sendelle (Crecente). Estudou Latín e Humanidades no Seminario Menor de San Paio de Tui e rematou Filosofía e Teoloxía no Maior de San Xosé de Vigo. Foi ordenado sacerdote en Vigo o 14 de setembro de 1975. Entre outros destinos estivo de abade en Vilasobroso, San Salvador de Teis ou na parroquia do Sagrado Corazón de Xesús, en Vigo. En canto a cargos, a nivel diocesano, que alternou coa pastoral, anótanse os de:
-Membro do Consello Diocesano de Economía (do ano 1981 ó 2001).
-Vicerreitor, administrador e profesor do Seminario Maior (de outubro de 1985 a xuño de 1997).
-Administrador da Escola de Maxisterio de Vigo (dende outubro de 1974 a setembro de 2004).
-Colaborador da Administración da Diócese (dende o ano 1983 ata o 2000).
-Vicerreitor, administrador e profesor do Seminario Maior (de outubro de 1985 a xuño de 1997).
-Administrador da Escola de Maxisterio de Vigo (dende outubro de 1974 a setembro de 2004).
-Colaborador da Administración da Diócese (dende o ano 1983 ata o 2000).
Lembramos que foi nomeado abade-párroco de Santa Mariña da Vila do Rosal polo bispo Monseñor D. José Reboredo, tomando posesión o 1º de novembro de 2006, Día de Tódolos Santos.
3 jul 2008
O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. V)
3.7.08
Comentar
Seguindo con esta sección, e a modo de curiosidade, deixámosvos unha imaxe e un vídeo da Agrupación Musical do Rosal, a finais da década dos 80. Non ten desperdicio... Para visualizar o vídeo facede click en: http://es.youtube.com/watch?v=1cB3dQuDN742 jul 2008
Oficina de Información Turística do Folón
2.7.08
Comentar
O día 2 de xullo, abriu as súas portas a Oficina de Inform
ación Turística do Folón, ubicada no primeiro muíño ("Muíño das Laxes"). O seu horario será, de mércores a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Lémbrannos dende a Concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, que tamén está dispoñible o servizo de guía gratuíto no caso de desexar facer unha ruta polos muíños. Para máis información, no Concello ou nos teléfonos:
ación Turística do Folón, ubicada no primeiro muíño ("Muíño das Laxes"). O seu horario será, de mércores a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Lémbrannos dende a Concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, que tamén está dispoñible o servizo de guía gratuíto no caso de desexar facer unha ruta polos muíños. Para máis información, no Concello ou nos teléfonos:986 62 50 00 e 986 62 50 17.
Novos horarios do Concello
2.7.08
Comentar
Dende o Concello infórmannos que a partir do día 1 de xullo o horario de atención ao público da Alcaldía será a partires da 9:30 horas. O Concello do Rosal modifica o seu horario de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro das 8:00 horas ás 14:00 horas.
O horario da Biblioteca do 1 de xullo ao 29 de agosto é de luns a venres de 9:00 a 13:00.
Nos meses de xullo e agosto non estarán en funcionamento os seguintes servizos: DNI, Unidade
móbil ITV vehículos. O Consello Regulador reanudará a súa actividade para a campaña 2008-2009 no mes de novembro.
Actividades de verán coa mocidade
2.7.08
Comentar
Segundo nos contan dende a Oficina de Información Xuvenil, ata o 17 de xullo estará aberto o prazo de inscrición nas actividades seguintes coa mocidade para realizar durante o verán:
• Capoeira
• Grafitti
• Masaxes
• Baile
• Efectos especiais de Maquillaxe
• Fotografía dixital no entorno
• Pintura e estampado de camisetas
• Automaquillaxe
• Cócteles sen alcohol
• Obradoiro de caricaturas
As persoas interesadas poden anotarse no Centro Social Polivalente ou no teléfono 986 609450. Unha vez que se reúna o mínimo de persoas preinscritas que faga posible e viable a realización da actividade porémonos en contacto cos interesados aínda que non rematara o prazo de inscrición.
1 jul 2008
XVI Feira do Viño do Rosal
1.7.08
Comentar
Os días 18, 19 e 20 de xullo terá lugar a XVI Feira do Viño do Rosal. O venres 18, ás 20:00 horas procederase á inauguración da Feira a cargo do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal. Haberá como tódolos anos visita aos expositores e degu
stación de viños do Rosal, todo isto acompaña-
stación de viños do Rosal, todo isto acompaña-dos da Charanga Os Jalácticos. O sábado 19 de xullo o recinto feiral abrirá as súas portas ás 11 da mañá, celebrándose unha "Cata Comen-
tada" á mesma hora, impartida por un profesional que comentará os caldos que se expoñen durante estes tres días de feira. A cata está dirixida a profesionais do eido vinícola. Para información e reservas: na Oficina Agraria Comarcal do Rosal e no teléfono 986 625166. Tamén sábado, pero pola tarde terá lugar o torneo I Minifútbol Feira do Viño no Campo de Fútbol da Mata. A partir das oito actuará a Charanga NBA. O domingo 20, clausurarase esta XVI Feira do Viño. A Charanga Apeles fará a súa aparición a partir das 20:00 horas. A Feira rematará ás 24:00 horas. Durante todos estes tres días e para acompaña-los viños, serán instalados diversos postos de produtos gastronómicos.
Durante os días da Feira, haberá SERVIZO GRATUÍTO DE AUTOBUSES. A saída da Guarda, a partir das 18:30 horas; os autobuses sairán "ás medias" da Guarda e a "en punto" do Rosal ata as 2:00 da mañá, agás o domingo, que rematará ás 24:00 horas.
Entrega de diplomas no Centro Cultural da Guarda
1.7.08
Comentar
Como xa tiñamos anunciado, celebrouse hoxe día 1 de xullo, no Centro Cultural da Guarda a entrega de diplomas ás 38 asistentes do "Taller de estimulación de memoria", organizado pola Cruz Vermella do Baixo Miño. Lembramos que dende o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal desta asociación, desenrolan un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos, sendo os seus usuarios da Guarda, O Rosal e Oia. Presidiron o acto o Presidente Comarcal de Cruz Vermella, Paulino Baz Martínez, a Concelleira de Asuntos Sociais da Guarda, Mª Teresa Vicente Baz e o coñecido empresario José María Salcidos. As voluntarias e técnicas de Cruz Vermella foron as encargadas de entregar os diplomas, nun ambiente moi ameno e de amizade. Seguidamente, procedeuse nas instalacións do Centro Cultural a tomar un aperitivo. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe da nosa asistencia ao acto: http://es.youtube.com/watch?v=Fdqe0GEDZJs















