Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
Está a piques de
rematar a presente tempada do Club Deportivo
San Xerome. Apenas restan unhas cantas probas (Carreira da Eurocidade Tui-Valença,
Carreira de Amorín…), pero xa podemos calificar como brillante o balance final.
Os resultados
non se obteñen pola “gracia divina”, senón despois dun duro traballo durante o ano,
con adestramentos moi esixentes, loitando contra vento e marea. Noraboa polo
tanto aos atletas polo seu esforzo, e aos adestradores voluntarios, enormes.
GRAZAS pola súa entrega e actitude solidaria. Mención especial á Sociedade Atlética
do Tegra, que nesta súa nova andaina, está a realizar cos nosos atletas unha
importantísima labor de integración a través do deporte. Antigo obxectivo, que tan só é posible conquerir
grazas á consonancia na filosofía deportiva dos dous Clubes: Tegra-S.Xerome.
É importante lembrar que
existen 3 categorías nas probas organizadas polas Federacións Galega
(FEGADDI), e Española (FEDDI) de deporte para discapacitados
intelectuais:
- Categoría de competición: máxima categoría. Os gañadores/as, proclámanse campións Galegos e de España das respectivas especialidades.
- Categoría Adapatada: a normativa adáptase aos participantes.
- Categoría de Xogo/Habilidades deportivas: as probas teñen un carácter participativo.
Tendo en conta
estas premisas e as condicións físicas de cada deportista, realizáronse adestramentos individualizados durante o ano,
combinando o traballo nas pistas de atletismo do Estadio da Mata (O Rosal), co
realizado no velódromo das Eiras (O Rosal).
Centrándonos nas
dúas últimas competicións específicas, organizadas polas Federacións Galega e Española de deporte para
persoas con discapacidade intelectual,
destacar a progresión experimentada nos últimos anos dos nosos atletas,
así como o inicio da renovación
xeneracional coa incorporación de deportistas máis novos.
Os resultados non
deixan ningún xénero de dúbidas, 12 medallas no Campionato Galego celebrado en
Vilagarcía; e 9 no Campionato de España celebrado en Badajoz (as únicas
medallas “galegas” da competición).
Estes resultados sitúan ao noso Club como 5º mellor Club (homes), e 6º mellor Club (mulleres),
no Ránking da Federación Española (FEDDI).
Resumo dos
resultados destas últimas competicións (medalleiro):
Campionato Galego de Atletismo
(Vilagarcía).
- Categoría de competición:
-
María F. García: 1ª en lanzamento de peso e xavelina
-
Luis Antonio Sández: 1º en 3.000 m . e 2º en 800 m .
-
Borja Cadilla: 2º en 1500 m . e 3000 m .
-
Maite Santos: 1ª en 400 m . e 3ª en 800 m .
- Fabio Martínez: 2º en lanzamento de xavelina, e 3º en lanzamento de peso.
- Categoría Xogo:
-
Rosa María Álvarez : 1ª en 400
m .
-
Celia López: 3ª en 150 m .
Campionato de España
de atletismo (Badajoz).
- Categoría de competición:
-
María F. García: 2ª en lanzamento de peso e disco, 3ª
en lanzamento de xavelina
- Fabio Martínez: 2º en lanzamento de peso, 3º en lanzamento de disco e xavelina
- Categoría adaptada:
- Maite Santos: 1ª en
800 m .
e 400 m .
2ª en lanzamento de peso
A Guarda, 5 de xuño de 2014
0 comentarios:
Publicar un comentario