29 dic 2009
Clausura do Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe"
28 dic 2009
Nace o primeiro blog sobre A Cabaqueira
Vén de crearse recentemente un novidoso e interesante blog sobre A Cabaqueira, os cabaqueiros e a súa xerga: "Esjaravellando Cabaqueiro" (escribindo cabaqueiro). O seu coordinador é Antonio Cividanes Rodríguez, da Gándara -nas súas propias palabras- "un namorado do verbo do cabaqueiro". Preguntándolle o por que da creación deste blog respóndenos que "a idea xorde do meu interese por aprender o verbo xa fai uns anos. Empecei a comprar os libros que se editaron sobre o cabaqueiro, a lelos e tratar de aprender ou recordar moitas palabras que a través dos anos fun escoitando... porque na casa de meus pais, no falar cotidiano, saltaba o verbo cada dous por tres".
Lamentáse Antonio da falta de información en Internet e xustifica desta maneira a creación do blog "sorpréndeme que non haxa nada sobre o cabaqueiro... hasta a wikipedia está baleira, só sae en Internet o da Festa (12 de outubro), e aquí nace a ocorrencia do blog, escribir en cabaqueiro e traducilo para que haxa unha informacion no mundo de que existiu e aínda existe este idioma ou xerga dos nosos vellos e antepasados... e que a todo o que lle interese o tema poida recordar ou aprender coma min un pouco o cabaqueiro." En definitiva, o que pretende o coordinador deste blog da cabaqueira é "deixar na rede unha información o máis veraz posible". (Fotos: A.C.R.). Dende Noticias O Rosal desexámoslle a "Esjaravellando Cabaqueiro" (http://www.cabaqueira.blogspot.com/) unha longa vida á vez que lle transmitimos a Antonio a nosa sincera noraboa por esta loable iniciativa.
Celebrouse o Concerto de Nadal con motivo da presentación do Coro Ecos do Folón de Fornelos
Lembramos que "Ecos do Folón" naceu o 7 de xaneiro de 2008 como unha actividade máis da Asociación de Veciños e Socio-Cultural "Río Folón" de Fornelos. Comezou con 17 compoñentes, sendo na actualidade 31 voces mixtas. Jorge Fernández González, natural de Tomiño e afincado na Guarda, é o seu director e fundador.
A Coral Polifónica de Atios actuou por vez primeira no ano 1998. Ten participado en multitude de festivais de corais, conseguindo o terceiro premio no Festival de Habaneras do Baixo Miño e o segundo lugar no de Caixanova. Pertence á asociación cultural "Os Penediños" e é membro de FECOGA. Na actualidade conta con 30 membros dirixidos por Xosé Luís Reza Cabano.
27 dic 2009
Robert Pattinson e Kristen Stewart, no Rosal
Onte, domingo 27 de decembro, recibimos ben cedo unha chamada á nosa redacción informándonos que a famosa parella de moda formada por Robert Pattinson e Kristen Stewart (actores da exitosa saga "Crepúsculo") se atopaba paseando relaxadamente e de incógnito por Galicia e máis concretamente polo Baixo Miño despois do estrés causado pola estrea da súa película "Luna Nueva". A nosa sorpresa foi que preguntando a veracidade desta noticia enterámonos que Robert ten familia lonxana en Visodoseidos. Poñéndonos en contacto inmediatamente con estes veciños rosaleiros conseguimos o número do móbil dun dos seus representantes, e asegurándolle que se fora posible tan só queríamos realizarlles un par de fotografías concertamos unha pequena cita con eles ao seu paso polo Rosal. Robertiño (como lle chaman os seus familiares) e Kristen atendéronnos amablemen-Toni Portela, Subcampión Galego de Ciclocross
Uns rosaleiros de Pías, na curiosa fotografía de portada do xornal dominicano Diario Libre
Diario Libre, xornal de distribución gratuíta da República Dominicana, a fotografía dunha familia do Rosal, en concreto de Pías. Así, podemos ver a Jacinto Domínguez felicitando estas datas festivas na compaña da súa muller Sara Carrera e da filla de ambos, Belén, portando sendos exemplares do citado Diario Libre e do Faro de Vigo. Ao parecer, tal e como nos contan, a imaxe ía ser enviada simplemente a uns familiares dominicanos para felicitar o Nadal, pero grazas a un contacto nese xornal velaquí os ollamos en primeira páxina.23 dic 2009
¡¡Felices Festas e Bo Nadal para todos/as!!
A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro). Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes. O costume en España é cantar panxoliñas acompañados dunha pandeireta e a zambomba así coma comer doces. (Galipedia). Velaquí vos deixamos este debuxo dedicado polo recoñecido debuxante Santy Gutiérrez, que por certo, vén de estrear a súa nova web. Despois destes días festivos volveremos coas reportaxes pendentes e con moita máis actualidade. O dito: ¡Dende Noticias O Rosal, Felices Festas e Bo Nadal!Benvidos/as a Noticias O Rosal
Unha rosaleira e unha guardesa, gañadoras das cestas de Nadal da Asociación de Comerciantes
22 dic 2009
O Rosal acollerá a partir do día 28 un Encontro de músicos galegos de metal e percusión
Entregáronse os premios aos gañadores do III Concurso de Beléns do Concello do Rosal
Arturo, en representación da súa muller, Ana Mª Salaberri Ituarte, recolle o seu vale de compra de mans de Ángeles, concelleira de Turismo
Lidia, en nome do seu marido, José Miguel Márquez Álvarez, recibe o seu correspondente premio
21 dic 2009
Os Campelos e compañía, inmortalizados polo atento obxectivo de Silvia Rodríguez Martínez
.jpg)
Velaquí vos deixamos a fantástica reportaxe fotográfica da nosa colaboradora Silvia Rodríguez Martínez con motivo da última actuación de "Os Campelos" e compañía no Auditorio Municipal do Rosal.17 dic 2009
Máis que cheo absoluto nun novo éxito de Os Campelos no Auditorio Municipal do Rosal
O Concello xa conta cun servizo de transporte
16 dic 2009
Noticias O Rosal. Información de contacto. Na rede dende maio de 2008
Se queres contactar coa redacción de Noticias O Rosal para temas de fotografías, información, comunicados de prensa ou reportaxes en xeral, envía un correo a:
noticiasorosal@hotmail.com
Teléfono e WhatsApp: 637 311 007
Lembra que estamos presentes nas redes sociais Facebook e Twitter. Ademais contamos con canal en Youtube.
juanramon@noticiasorosal.es
director@noticiasorosal.es
Facebook oficial:
https://www.facebook.com/juanramonorosal?ref=hl
Twitter:
https://twitter.com/juanorosal
15 dic 2009
O Rosal. 130 anos da "Concesión do Título de Vila"
ez (Machote) nun escrito remitido á nosa redacción, o 16 de decembro de 2009, cumpríronse 130 anos da concesión do título de Vila para O Rosal. Seguindo documen-Celebrouse a Romaría de San Martiño, 2009
O pasado domingo 13 de decembro -e despois de varias semanas de mal tempo- a parroquia de Santa Mariña do Rosal celebrou, tal e como observamos nestas fotografías xentileza de Luís Dorado Senra, a festa-romaría de San Martiño, avogado das “espullas”. A procesión co Santo saíu do adro ás 10:30 horas acompañada polos seus devotos, previas poxas e con repique de campás e tirada de foguetes. 
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Concertos da Banda da Agrupación Musical do Rosal
9 dic 2009
A Agrupación Musical do Rosal recibe un novo premio
Tamara Roig Figueroa e Xoán Manuel Pousa Lucio
6 dic 2009
O conselleiro de Medio Rural visitou a nosa vila
3 dic 2009
Fin de semana musical no Auditorio
O Rosal tamén fai a peregrinación do Camiño
Celebrouse no Auditorio "Encontros O Rosal"



















