11 jul 2012
CÁSTOR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ DEDÍCALLE UNHA POESÍA A FLORINDO
11.7.12
Comentar
O xuíz de Paz, Cástor Rodríguez González dedicoulle na homenaxe ao pintor rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, esta expresiva poesía, que compuxera en 2008, titulada O ROSAL.
Cun lapis de pintor fino
alguén debuxou esta terra;
fíxolle río e mar,
deulle forma de vieira.
Por ver así tan fermoso
este premio á natureza,
o nome do seu bautizo
foi a árbore de roseira.
Rapaciños do lugar,
xuntos coa Coral e a Banda,
honrade cun himno a este pobo
e cantádello ó mundo enteiro.
Subide ó Niño do Corvo
e máis ó Campo do Couto,
alí atoparedes as musas
vendo un ceo de emocións
para inspirarvos dabondo.
Mirade como chega o Miño,
canso de terras meigas;
escapa por matos e leiras
co medo a entrar no mar
de augas bravas e frescas.
Oíde o cantar dos carros
na costiña do Picón,
van pola leña ó monte;
as pegadas que deixaron
falan de onte e de hoxe.
Visitade os muíños,
saben moito de bos contos...,
pois mentres saía a fariña,
das conversas que alí había,
a moa, voltas e voltas,
ía gravando cousas.
Abride ben eses ollos,
que cadro tendes ós pés!,
verxel de viñas e hortas,
laranxeiras e máis flores...
Fillos da terra do val,
aquí orgullosos nacidos,
que ben estades criados
neste recuncho escollido.
Cástor Rodríguez Martínez
O Rosal, outono de 2008.
SUEÑO POÉTICO DE MI MARZÁN, POR FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ
11.7.12
Comentar
O investigador rosaleiro, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado de ler no recoñecemento público e institucional a Florindo Álvarez Martínez, "Floro de Pancenteo", unha das primeiras colaboracións literarias, que o homenaxeado publicou no libro "Romería de San Vicente", dirixido daquela por J.M. del Tamuxe (Xoán Martínez Tamuxe) e editado pola Comisión de Festas, no ano 1974.
O artigo titúlase "SUEÑO POÉTICO DE MI MARZÁN".
"Es un día inundado de sol. Tu valle, Rosal, está manchado de luz. En lo alto, en alguna parte, dejo que sus rayos me acaricien y me duermo con ojos abiertos; al despertar dormido, pienso que soñé despierto.
... Y amo a este pueblo, que contemplo desde aquí; a tus mil colores verdes, que el Sumo Creador pintó en ti. A tus casitas, sembradas con mimo, de chimeneas humeantes, de lares encendidos, con saudade de emigrantes. A tus pájaros cantores, de alegres amaneceres, que con sus trinos del Valle, son despertadores.
Nubes violeta por encima del Miño, se fueron manchando de rojo rubí, a medida que el sol salía perezosamente, de su sueño de día, en otro horizonte.
... Y escucho a la brisa, repetir con su queja, entre campos y pinos; alboradas y rimas de tus poetas, amantes de su arte, cantores de su tierra; ignorados de sus vecinos, algunos familiares y a veces... mandatarios. Ríos, montes y caminos, contemplaron vuestro febril presente literario; y que ni una sola piedra, perpetúe y rememore vuestro fértil pasado de poetas...
La tierra pierde su verde de invierno, la tierra labrada con esperanza de cosecha. El pan de mañana de la tierra manará, por la bondad de este Valle y la fe del labrador.
... Y siento a tu gente, marchar de la tierra, por falta de un medio y algunos apoyos para trabajar en ella. Se van un día, con tristeza en el alma, buscando un destino en otro horizonte; ahogando sus penas con fingida alegría, como buen emigrante. Y otros que quedan, disputan y pelean por unas rencillas, de riegos y fincas, por cosas pequeñas, y que a veces... son familia.
Un barquito de papel, se desliza suavemente por un afluente dle Miño, que baña a todo un Rosal, navegando por la ilusión de un niño, que quiso ser capitán.
... Y sueño con caras alegres, lavadas de día, con lágrimas de noche, perfumadas con rosas, de todos tus jardines y de todas tus plazas. Con luces y fuentes, y en calles con nombres, de nuestros paisanos, que fueron ilustres "allende tu Valle". Con gentes que hacen, que no sólo dicen, unidas a una en causa común. Con el pronto regreso, a luchar por su tierra, de tanto emigrante, por el mundo disperso. Y con la esperanza, en la luz del mañana, y en la fe a su pueblo, de un buen cultivador.
Fue un día muy hermoso. Manchas de luz y de sol acariciaron mi espíritu y fue así, como una vez más, despierto o... dormido, sin pinceles, ni colores, pinté tu cuadro más bonito, Valle de El Rosal, mi pueblo querido.
Verano - Otoño de 1974.
F.ÁLVAREZ MARTÍNEZ"
O ROSAL HOMENAXEA A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ, "FLORO DE PANCENTEO", DEDICÁNDOLLE UNHA RÚA
O Rosal homenaxeou este sábado 7 de xullo ao pintor e debuxante rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como "Floro de Pancenteo".
Abriu o acto de recoñecemento o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida ao público asistente, lembrando que xa hai uns meses a Corporación Municipal aprobara renderlle esta homenaxe no día que Florindo cumpriría 66 anos.
A Praza do Xogo en Pancenteo (xuradía de Marzán) foi testemuña do primeiro descubrimento das pracas que deron nome á nova "Rúa Florindo Álvarez". A segunda e última parada foi diante da propia casa do homenaxeado.
Amenizou este evento o grupo Airiños do Folón, que actuou en varias ocasións con tradicionais pezas musicais ao son da gaita. Así mesmo, Lúa, interpretou ao clarinete o himno galego.
A concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, realizou un resumo biográfico de Florindo baseado nas investigacións e entrevistas ao homenaxeado por parte do historiador local Xoán Martínez Tamuxe, destacando que "a súa primeira experiencia co debuxo e a pintura a tivo xa dende moi pequeno, sendo o seu profesor o mestre D. José Couto Macía".
Como resaltamos en varias ocasións, as súas obras estiveron expostas en multitude de salóns da xeografía galega e española sobre todo en Madrid, con cadros repartidos por medio mundo (Suiza, Brasil, Estados Unidos, etc). Florindo Álvarez Martínez tamén foi concelleiro no Rosal ou mesmo colaborador de prensa, de revistas, e de traballos literarios e históricos.
O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe eloxiou as virtudes humanas, poéticas e artísticas de Florindo e recordou o contido do libro Romería de San Vicente, que se publicou en 1975 con motivo das festas dese santo, incidindo en que "un dos grandes colaboradores desa monografía foi Florindo. Alí recolleuse unha entrevista con el e unha colaboración literaria, quizais das primeiras".
O investigador local Juan Ramón Martínez Barbosa foi o encargado de ler dita composición, cargada de simbolismo e amor, tanto á vila rosaleira como aos seus paisanos. O seu título: "Sueño poético de mi Marzán".
O xuíz de Paz do Rosal, Cástor Rodríguez González, na súa intervención, rememorou o seu primeiro encontro con Florindo, destacando que era un home dunha gran sensibilidade e coñecedor do patrimonio histórico-artístico do Rosal. Por iso, aproveitou para sumarse a esta homenaxe dedicándolle un fermoso poema.
María Elena e Luis Alberto Martínez Durán foron os familiares encargados de descubrir as pracas e agradecer publicamente esta emotiva homenaxe, así como ensalzar igualmente a figura vital de "Floro". Como colofón agasallouse a cada asistente co libro de Florindo Álvarez Martínez, Pedras e Paisaxes de O Rosal, editado pola Fundación O Rosal en 2007 (2ª ed.), con limiar do laureado escritor e poeta baixomiñoto, Eliseo Alonso e textos do mencionado historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.
A nota dedicatoria rezaba así: "A O Rosal que me viu nacer e ás súas pedras e paisaxes que me ensinaron a debuxar".
Ver a reportaxe fotográfica completa aquí.
María Elena e Luis Alberto Martínez Durán foron os familiares encargados de descubrir as pracas e agradecer publicamente esta emotiva homenaxe, así como ensalzar igualmente a figura vital de "Floro". Como colofón agasallouse a cada asistente co libro de Florindo Álvarez Martínez, Pedras e Paisaxes de O Rosal, editado pola Fundación O Rosal en 2007 (2ª ed.), con limiar do laureado escritor e poeta baixomiñoto, Eliseo Alonso e textos do mencionado historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.
A nota dedicatoria rezaba así: "A O Rosal que me viu nacer e ás súas pedras e paisaxes que me ensinaron a debuxar".
Ver a reportaxe fotográfica completa aquí.
9 jul 2012
PRESENTACIÓN DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2012 NO LAGAR DE EIRAS
O Lagar de Eiras acolleu o pasado venres 6 de xullo a Presentación da XX Feira do Viño do Rosal 2012.
Presidiu este acto o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, acompañándoo na mesa principal a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o presidente da Cámara de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, a técnica da Oficina Agraria Comarcal do Rosal, Clara Pousa Ortega e a recoñecida adegueira Rosa Ruiz.
Deu a benvida o Alcalde, resaltando que esta Feira xa consolidada, "constitúe un atractivo turístico, gastronómico e por suposto, enolóxico para o Baixo Miño e a provincia".
Fernández Portela destacou que todas as adegas participantes pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal. Igualmente salientou o intercambio existente con Ponte de Lima (Portugal), de non venda, pero que traerá os seus viños e produtos para publicitar o turismo gastronómico.
A XX Feira do Viño do Rosal -que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xullo- acollerá tamén o venres a presentación en sociedade do novo escudo e a bandeira oficiais do Concello, xa legalizados.
Clara Pousa Ortega sinalou que "o sábado a partir das 10 h., -e organizada pola OAC- terá lugar unha conferencia a cargo da Dra. Mar Vilanova e haberá unha cata comentada que será impartida por Iria Otero".
Pola súa parte a veterana adegueira Rosa Ruiz desexou que "aunque la producción de vino este año será menor, espero que venga mucha gente, que se lo pase bien, que no llueva y que la Feira sea un éxito".
A concelleira Charo Tabales Perozo resaltou que co programa cultural deste ano se busca, ao igual que en anos anteriores, "dar a conocer los talentos que tenemos, las más variadas y muy trabajadas manifestaciones del arte de nuestros vecinos y vecinas".
A sala de exposicións do Concello acollerá dúas exposicións fotográficas, unha de José Carlos Castro Martínez, da Guarda, e otra das imaxes gañadoras dos participantes do concurso "Camiño Portugués da Costa".
Por outra banda, lembrou que se celebrará no mesmo recinto a XIX Exposición Filatélica do Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" que preside Alfonso Dorado Senra, expondo igualmente as súas obras o xove escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez, un "clásico" deste tipo de eventos culturais.
Na Cámara Agraria do Rosal mostraranse as pinturas e debuxos do colectivo de alumnos/as da vila, así como de artesanía do grupo de mulleres "Por amor á arte", tamén rosaleiras.
Tabales Perozo rematou dicindo "en nombre de mi compañera Ángeles Vicente, de Turismo, recordarles que este año volverá a existir el punto de encuentro, con voluntarios/as que informarán a todos los visitantes de los recursos turísticos de la zona".
Gumersindo Alonso finalizou a quenda de intervencións, afirmando que a Cámara de Tui "apuesta por el Turismo y el sector vinícola, por esta Feira do Viño do Rosal. Tenemos que promocionarnos, necesitamos más presencia, por eso traemos a este evento a importadores de Brasil y Colombia".
O ATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, DI ADEUS A LONDRES, PERO LOITARÁ POR ESTAR NOS XOGOS OLÍMPICOS DE RÍO
David saudando onte ao público de Balaídos. (Foto: Marta G. Brea/Faro de Vigo)
O atleta rosaleiro David Gómez Martínez quedouse ás portas de asistir aos seus terceiros Xogos Olímpicos consecutivos. Onte era a última oportunidade a nivel mundial para establecer rexistros válidos e alcanzar a mínima en decathlon, tras a súa participación en Atenas 2004 e Pekín 2008.
Segundo as súas propias palabras "Al final no ha podido ser y Londres se ha convertido en un sueño inalcanzable. En el día de ayer en la pista viguesa de Balaídos intenté alcanzar mi sueño de estar por tercera vez consecutiva en unos Juegos Olímpicos, pero ese sueño se esfumó cuando parecía cada vez más cerca".
David relata o acontecido, confésase na súa web e afirma agradecido "El ambiente en la pista este fin de semana ha sido brutal, mirase a donde mirase siempre había alguien animándome, he estado en dos JJOO pero nunca había experimentado esto. Quiero dar las gracias a todos los que han acudido y me han animado este fin de semana en la pista y sobre todo a todos los que me han apoyado durante este año y que han creído en mí cuando las cosas se torcían".
Os principais medios de comunicación galegos recollen a actuación de David. Entre eles, Faro de Vigo titula "David Gómez se queda a las puertas de Londres. Un esguince cervical limitó al decatleta que se quedó a 78 puntos de la mínima olímpica B". E prosiguen afirmando que "destacan los 4,62 metros de su récord personal en la pértiga como prueba de su magnífico estado de forma actual, demostrando una condición óptima para pensar ahora en conseguir el título nacional dentro de un mes y medio en Pamplona".
La Voz de Galicia, proclama "A solo 78 puntos de Londres. En un esfuerzo coral del atletismo gallego, David Gómez rozó la mínima". "Se fue para su casa con 7.872 puntos, su segunda mejor marca de todos los tiempos y que no conseguía desde el 2004, cuando era la gran promesa de las combinadas. Se queda fuera de Londres con mejor marcas que cuando consiguió el billete para Atenas y Pekín. El listón está ahora más alto". "Perseguido por las lesiones, con los dos Aquiles maltrechos, rozó la gesta en unas pistas de Balaídos convertidas en una romería. Su objetivo se convirtió en un reto coral de todo el atletismo gallego: técnicos a pie de tartán, atletas que prueba por prueba tiraron de él y una grada con un club de fans desconocido para un deporte como el atletismo".
Isidoro Hornillos de La Voz de Galicia tamén lle dedica unha reseña laudatoria.
Pola súa banda, Atlántico Diario publica "Sin Londres, pero con Río en mente. David Gómez se quedó a 78 puntos de la mínima olímpica, lastrado por el disco, aunque volvió a su mejor versión" demostrando "su capacidad competitiva y dejó muestras de haberse recuperado de su cuatrienio en el infierno de las lesiones". "Río de Janeiro, con 35 años, es el horizonte. Si las lesiones dejan. Y si no, también. Balaídos fue una nueva batalla para este guerrero, pero no una batalla más. Es de las que alimentan".
"Dende Noticias O Rosal, o noso ánimo David e a nosa noraboa. Din que non hai dous sen tres. Quen a segue a consegue. ¡¡Grande, campión e a por Río 2016!!"
MANUEL GONZÁLEZ, CAMPIÓN DE GALICIA DE BTT. OS SEUS COMPAÑEIROS TOÑI PORTELA E RAÚL FERNÁNDEZ, BRONCE.
9.7.12
Comentar
Segundo podemos ler na entusiasta e activa web do Club Ciclista O Rosal "Despois destes días tristes polo falecemento do Vicepresidente José Luís Martínez, a alegría voltou no día de onte ao Club Ciclista O Rosal da man dos seus ciclistas no Campionato de Galicia de BTT en forma dunha medalla de ouro e dúas de bronce.
En Cadetes representábanos Raúl Fernández que nunha gran actuación se facía coa Medalla de Bronce nunha especialidade da que non é habitual.
Na categoría Júnior, Antonio Portela tamén se facía coa Medalla de Bronce e para rematar era Manuel González o que subía ao máis alto do "caixón" para proclamarse Campión de Galicia de BTT Júnior e así traer para as nosas terras esa Medalla de Ouro.
Sen dúbida outro éxito dos integrantes do Club Ciclista O Rosal que voltan a comandar no ciclismo galego".
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "MAR DE RECUERDOS" QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN XUVENIL ACTÍVATE
A exposición estará aberta ao público a partir do día 9 de xullo e ata o 3 de agosto, no local da Asociación Érguete Baixo-Miño, en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. e os mércores e domingos de 16:00 a 20:00 h.
Está organizada pola Asociación Xuvenil "ACTÍVATE", que preside Jorge Rodríguez Bahamonde, na que colabora o Concello de A Guarda, o Clube da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, e as entidades ÉRGUETE BAIXO MIÑO, MULLER CAMIÑA CON NÓS e INFOMAXE.
Levarán a cabo esta exposición de fotografías titulada "MAR DE RECUERDOS", no que cada semana irán trocando as imaxes co fin de realizar unha campaña de identificación das persoas que alí aparecen, xa que a maioría desas imaxes proceden do arquivo fotográfíco do que dispón INFOMAXE, da sección de traballos de José Gardeazábal Rivas (Pepe Rivas).
A intención desta agrupación é identificar o maior número de persoas: nosos pais, irmáns, avós e veciños/as, para crear un ficheiro local.
ESTE VENRES 13 DE XULLO CELÉBRASE O II CAMPUS DE BALONMÁN ATL. NOVÁS
9.7.12
Comentar
Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
Fotografías: Noticias O Rosal
Este venres 13 de xullo, dende as 10 da mañá ás 6 da tarde, terá lugar o II Campus de Balonmán Atlético Novás, que se celebrará no Pavillón Municipal do Rosal.
Este campus-campamento está destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, "onde darán os primeiros pasos para iniciarse no deporte do balonmán".
A inscrición é de 3 euros (entregar na entrada do pavillón). Podes anotarte, aínda quedan prazas.
Cada neno terá un bocadillo e auga ao mediodía. Así mesmo entregaráselle a cada participante unha camiseta de recordo deste evento.
Podes solicitar o impreso da inscrición na seguinte dirección de correo electrónico:
baseatlnovas@hotmail.com
baseatlnovas@hotmail.com
Para máis información, podes contactar coa Organización tamén no teléfono 627 790 435.
Nas imaxes, monitores e participantes na primeira edición de 2011.
8 jul 2012
LEMBRAMOS O I TORNEO DE TAEKWONDO BASE CONCELLO DO ROSAL 2012
8.7.12
Comentar
Lete Lasa, na entrega de premios, xunto a Claudia Marcelli
Fotografías: José Cid / Ximnasio Excalibur (O Rosal)
O pasado sábado 30 de xuño, tivo lugar no pavillón municipal o I Torneo de Taekwondo Base Concello do Rosal. Un rotundo éxito de participación con 160 nenos/as e, por suposto, de asistencia de público.
Claudia Marcelli, Miguel Otero e Brayan Barbosa conseguiron sendas medallas de ouro. Pola súa banda Gabriel Pazó, acadou unha de bronce. O conxunto Área-Excalibur obtivo a vitoria xeral por equipos nas tres categorías.
O evento estivo organizado polo Ximnasio Excalibur (co seu director Víctor Valderrama e o adestrador Santiago Pazos Méndez ao fronte) e por Aréa Complexo Deportivo (representado por José Loren Rodríguez).
Contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra (asistiu Pablo Baquero), Deporte Galego (co secretario xeral, José Ramón Lete Lasa) e o Concello do Rosal (coa asistencia -entre outros- do alcalde Jesús Mª Fernández Portela e do concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz).
Lembramos así mesmo, que estiveron os sete principais clubs da provincia e celebrouse unha espectacular exhibición do Ximnasio Tao de Vigo, campión de España e de Europa da disciplina.
5 jul 2012
SUSPENDIDA A OBRA DE TEATRO "ROSIÑA SOLTEIRA" QUE SE ÍA CELEBRAR ESTE SÁBADO NO AUDITORIO DO ROSAL
5.7.12
2 comentarios
Segundo nos veñen de comunicar dende a Organización, mantense a programación teatral de hoxe sábado, á mesma hora, coa peza de PIC-NIC do grupo de teatro Osiris de Salceda de Caselas, asesorados nesta montaxe por Xerpo Cultural.
Así mesmo "por causas de forza maior (enfermidade)" suspéndese a función da obra Rosiña Solteira, que interpretada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro da Guarda se ía celebrar este sábado 7 de xullo no Auditorio Municipal do Rosal.
Así mesmo "por causas de forza maior (enfermidade)" suspéndese a función da obra Rosiña Solteira, que interpretada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro da Guarda se ía celebrar este sábado 7 de xullo no Auditorio Municipal do Rosal.
Agardamos non sexa nada e poidamos en datas vindeiras pasar un rato agradable disfrutando da escenificación dunha obra, cuxa orixinal é Doña Rosita, La Soltera o el Lenguaje de las Flores, comedia da autoría de Federico García Lorca, ambientada en Granada e que se estreou en decembro de 1935 en Barcelona.
HOMENAXE E RECOÑECEMENTO AO PINTOR E DEBUXANTE ROSALEIRO FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ
5.7.12
Comentar
O sábado 7 de xullo, o Concello do Rosal renderá unha homenaxe ao pintor e debuxante Florindo Álvarez Martínez, segundo foi aprobado na sesión plenaria do pasado mes de marzo, data que coincide co 66 aniversario do seu nacemento.
Lembramos que Florindo, "Floro de Pancenteo", faleceu o 26 de febreiro deste ano. Precisamente o acto terá lugar na Praza do Xogo, en Pancenteo, ás 11 da mañá e estará aberto a todos os veciños e veciñas que desexen asistir.
O grupo de gaitas Airiños do Folón actuará neste evento onde se descubrirán as placas da rúa que levará o nome do homenaxeado.
4 jul 2012
ESTE VENRES 6 DE XULLO, TERÁ LUGAR UN CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL
4.7.12
Comentar
Informa: Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical do Rosal
Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos ao concerto que terá lugar este venres día 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, no que participará o Coro Infantil, a Coral da Agrupación Musical do Rosal e tamén contaremos coa participación dunha coral invitada chegada dende Chile, a Coral Cantares de España, de Punta Arenas.
A CORAL CANTARES DE ESPAÑA (PUNTA ARENAS-CHILE) ACTUARÁ ESTE VENRES NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL
4.7.12
Comentar
Información e imaxe: Agrupación Musical / Noticias O Rosal / La Prensa Austral / Radio Polar
Segundo nos informan dende a Agrupación Musical da vila que preside Iván Diego Martínez, este venres 6 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar un concerto da coral Cantares de España, dependente do comité cultural da Sociedade Española de Punta Arenas (Chile).
Este grupo coral foi creado o 6 de outubro de 1999 na Casa de España (na imaxe, celebrando o 10º aniversario) e realiza dende onte, martes 3 de xullo, unha xira musical de dúas semanas por Galicia e Asturias (Vigo, Oviedo, Santuario da Virxe de Covadonga, Mieres, etc).
O grupo o integran 16 cantantes dirixidos polo profesor de música Gonzalo Fernández Muñoz. O seu repertorio está composto por obras españolas, especialmente cancións galegas e asturianas, así como obras do folclore nacional, repertorio rexional, cancións modernas e temas da Misa da Alegría (misa española).
3 jul 2012
O TOUR DO PATO LOLO VISITA A GUARDA PARA SUMAR NOVAS PERSOAS AO PROGRAMA DE FAMILIAS ACOLLEDORAS
3.7.12
Comentar
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Pertenece a una campaña de Cruz Roja para sumar nuevas personas al programa de familias acogedoras. (Foto: Cruz Roja)
• Se necesitan familias de acogida para proporcionarles un hogar temporal a menores que atraviesan una situación de dificultad en Galicia.
Este sábado 7 de julio, en el puerto (zona de la carpa de A Langosta) será el escenario de las actuaciones del tour del Pato Lolo que visita A Guarda.
Se trata de una campaña informativa y de sensibilización que Cruz Roja Galicia lanza sobre el programa de familias acogedoras que se desarrolla en colaboración con la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia y que realizaremos en la provincia de Pontevedra.
Durante la jornada del sábado 7 de julio, a partir de las 11:30h, instalaremos un stand informativo en el puerto de A Guarda para dar a conocer el programa de familias acogedoras. Además se realizarán acciones de animación de calle en las que van a participar un equipo de voluntariado de Cruz Roja en Baixo Miño.
Dentro de estas actividades se tiene previsto desarrollar varias sesiones de cuentacuentos sobre el libro del “Pato Lolo”, en el que se cuentan las andanzas de un simpático parruliño que vive una situación similar a la que pasan los menores durante el período de acogimiento.
Las sesiones de cuentacuentos están previstas para las 13:00, 18:00h y 19:30h. Las actividades son abiertas a todos los públicos, por lo que animamos a participar en el cuentacuentos y conocer el funcionamiento del programa de acogida y su importancia para muchos menores de nuestra comunidad.
Los objetivos principales de la campaña son informar acerca de los detalles de este programa y animar a la población en general a formar parte del mismo, ya que es importante incrementar el número de familias acogedoras en Galicia, que puedan proporcionar un entorno familiar a los niños y niñas que atraviesan una situación de dificultad temporal que impide que estén con sus padres y madres.
Bajo el lema “Abre otra puerta en tu corazón”, la campaña se lleva desarrollando desde el mes de mayo y hasta noviembre en las cuatro provincias gallegas y pondrá en marcha actividades lúdicas informativas en 15 localidades. Uno de los elementos de la campaña es la edición de un cuento infantil, donde el protagonista es el pato Lolo, que vive una situación similar a la que pasan los menores durante el periodo de acogimiento.
En la provincia de Pontevedra la campaña comenzó en Vilagarcía el pasado 19 de mayo para a continuación pasar por las ciudades de Pontevedra el 16 de junio, A Guarda el 7 de julio y Vigo el 27 de octubre.
Programa de familias acogedoras
Es un programa de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia que gestiona Cruz Roja en Galicia desde 1995. El acogimiento es una medida alternativa al internamiento de menores y, además, es fundamental tener en cuenta que hay casos urgentes, generalmente de niños de 0 a 6 años, a los que hay que dar respuesta de manera inmediata. Actualmente en Galicia 177 niños ya han sido acogidos por 131 familias acogedoras durante el primer cuatrimestre del año.
Y en la provincia de Pontevedra contamos con 38 familias que ya han acogido a 50 menores durante este 2012.
El perfil de las familias acogedoras es muy variado, pueden ser matrimonios, parejas de hecho, personas solteras, con o sin hijos… siendo lo más importante el compromiso con el proyecto y tener claros una serie de requisitos, como que el acogimiento no tiene finalidad adoptiva o que es crucial que se respeten y acepten las características del menor y de su familia de origen.
Es esencial ampliar número de familias acogedoras, ya que no siempre es fácil dar con la familia acogedora idónea para cada niño y son muchos los factores que han de tenerse en cuenta.
O NOSO RECOÑECEMENTO PARA JOSÉ LUIS MARTÍNEZ COSTAS, VICEPRESIDENTE DO CLUB CICLISTA O ROSAL
3.7.12
1 comentario
A máis triste das noticias podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal:
"No día de hoxe (luns) faleceu o Vicepresidente do Club Ciclista O Rosal, José Luis Martínez Costas.
Pérdida irreparable para a familia, amigos e como non para este Clube, o que adicou tantos anos coa única contraprestación da satisfacción que lle producía o estar cos nenos e tratar de sacar o millor deles e do ciclismo.
Dende o Club Ciclista O Rosal queremos acompañar á familia nestes momentos tan duros.
¡¡¡¡Hasta sempre JOSÉ e GRACIAS pola tua adicación a este CLUBE!!!!"
Hoxe, martes 3 de xullo, ás 18:00 horas celebrarase o funeral pola súa alma na igrexa parroquial de Santa Mariña.
Dende Noticias O Rosal, igualmente o noso máis sentido pésame para a súa familia, amigos e para o Club Ciclista da vila. Sen dúbida vaise un dos grandes colaboradores e impulsores do ciclismo galego.
Descansa en paz, José Luis.
2 jul 2012
SARA ALONSO BARBOSA XOGARÁ COA SELECCIÓN GALEGA O XIX TORNEO NACIONAL INFANTIL DE BALONMÁN
2.7.12
Comentar
Informa: Manuel Ángel Pombal
Tres xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino foron seleccionadas para xogar coa selección galega o XIX Torneo Nacional Infantil de Balonmán.
As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal), Marta Pombal Martínez (Oia) e Lara Silva Pérez (A Guarda) do Atl. Guardés da división de honra infantil feminina, foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no XIX Torneo Nacional Infantil de Seleccións Autonómicas de Balonmán (XIII Memorial Juan José Arribas), que se celebra do 4 ao 8 de xullo na localidade asturiana de Cangas del Narcea.
Este ano participan no torneo seis seleccións infantís femininas e outras seis masculinas, xogando todas contra todas a un partido en cada unha das categorías.
A última hora do sábado xogaranse os partidos para os postos quinto e sexto, mentres que o domingo xóganse os que completarán a clasificación dos catro primeiros postos.
Trátase, pois, dun importante torneo que se ven celebrando en Cangas del Narcea dende o ano 1993.
A relación completa das 14 xogadoras seleccionadas é a seguinte:
Atl. Bueu: Ana Piñeiro Santaclara.
SD. Carballal: Paula Barciela Álvarez e Xiana Fernández.
Atl. Guardés: Sara Alonso Barbosa, Marta Pombal Martínez e Lara Silva Pérez.
UB. Lavadores: Xulia Pereira Martínez, Uxía López González, e Ainhoa da Rocha Duarte.
BM. Rasoeiro: Natalia Pérez Castro.
Seis do Nadal: Carmen Prelchi Gallego.
BM. Cangas: Laura Álvarez Priego.
BM. Lalín: Elvira Fe Nercellas Rodríguez.
BM. Chapela: Carmen Pereira Millos.
Estas xogadoras defenderán á selección galega nos seis partidos que a enfrontará ás seleccións de Asturias, A Rioxa, Madrid, Canarias e Extremadura no Polideportivo Municipal de Cangas del Narcea.
O equipo técnico que acompaña á selección está formado por: Emilio Barciela Iglesias (Adestrador), Jennifer Alonso Cerqueira (Axudante), e Rubén Porto Douro (Masaxista).











.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)








