TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 oct. 2014

Miño Films estará na VII Subida a Oia desta fin de semana (25 e 26 outubro)


Este sábado 25 e o domingo 26 de outubro terá lugar a VII edición da Subida a Oia 2014, organizada pola Escudería Baixo Miño que preside María Caride e que contará por vez primeira coa colaboración e cobertura da produtora audiovisual Miño Films TV*, fundada recentemente polos rosaleiros Cristóbal Coímbra e Juan Ramón Martínez.



Segundo se pode ler súa na web e na revista oficial, a proba é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos: 
- Campionato de Galicia de Montaña. 
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “N”. 
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “A”. 
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “X”. 
- Copa de Galicia de Automóbiles Históricos de Montaña (Anexo J 1981). 
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “P”. 
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo "CM". 
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo "SCC". 
- Copa de Galicia de Montaña para Escuderías (Grupos N, A e X). 
- Terceiro Reto ETS Racing Fuels 2014. 
- 1ª Challenge “No + Pinchazos de Montaña 2014". 
- 1ª Cup CNB/CAMAC 2014. 

En palabras do rexidor de Santa María de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez "o espectáculo do automóbil volverá durante estes días (25 e 26) a ocupar un excepcional protagonismo na comarca de Oia e a singular paisaxe de montaña e mar xuntos, volverá a ser protagonista dun acontecemento deportivo de grande resonancia local e rexional".



0 comentarios:

Publicar un comentario