TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 jul. 2014

Entrevista ao rosaleiro Cristóbal Coímbra, webmaster de Coxondouro.com


Cristóbal e Coxondouro.com colaboran co 10K O Rosal

O noso veciño Cristóbal Coímbra Piñeiro (O Rosal, 3-3-1996) vén de facer público o seu novo proxecto, denominado Día Zero, a través da recén creada páxina Coxondouro.com (en idioma galego "para que a xente que entre e a mire se sinta identificada"). 

Alameda de A Guarda

O tempo a pasar...

Segundo afirma Coímbra, "consiste en gravar o día a día, cousas cotidiás, asistir a eventos, festas, actividades, concertos... e reflexalos na rede, no meu canle de Youtube". Cada luns subirase un vídeo.

Traballando...

Pombas

Este mozo rosaleiro -autodidacta do mundo audiovisual- realizou os seus primeiros estudos no Couso para logo pasar ao Colexio San José das HH Carmelitas e máis tarde ao I.E.S. Sangriña (A Guarda). 

Compostela



A pesar de ter tan só 18 anos, Cristóbal Coímbra leva gran parte da súa vida dedicada ao deporte e ás imaxes deportivas. Non en van xogou nas categorías inferiores do U.D. Ribera de fútbol, participou en varios campionatos de Galicia e de España enrolado nas filas do Club Ciclista O Rosal e agora, na actualidade, fichou polo Sporting Guardés de fútbol (xuvenil).

Esforzo



Foi realmente no C.C.O Rosal -confésanos- onde comezou a disfrutar da fotografía e da imaxe en xeral, primeiro cunha cámara Fujifilm e máis tarde coa súa Nikon.

Raúl Fernández

Campionato de España CX

Hai que lembrar que mesmo ten colaborado en ocasións para Noticias O Rosal, remitindo a súa primeira reportaxe en 2010, con motivo do Festival Aéreo Internacional de Vigo.


En maio deste 2014, Cristóbal crea a aplicación do Club G.D. Miño para Android, sendo hoxe en día, como xa dixemos, o webmaster de Coxondouro.com e tamén de Airsoft Baixo Miño "un xogo-deporte de estratexia, constituído por un grupo de amigos, e baseado na simulación militar. Vén sendo un xogo de guerra usando réplicas de armas. Dende aquí animo á xente a que se una e participe nas nosas partidas".

Muíños Folón

Os próximos eventos onde poderemos ver a Coímbra e Coxondouro.com en acción coa cámara fotográfica e a súa última adquisición, a xa famosa GoPro, son os seguintes:

-XI Rallye Sur do Condado 2014 (11, 12 e 13 de xullo)
-XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo).
-Festival de Vilar de Mouros (Portugal, do 31 de xullo ao 2 de agosto).
-Festas do Monte de Santa Trega (A Guarda, do 2 ao 11 de agosto).
-O Marisquiño (Vigo, 8, 9 e 10 de agosto).

Ponte do Tamuxe

Vila da Guarda

Segundo recalca o noso entrevistado, Cristóbal Coímbra, "estou aberto a todo tipo de colaboración, pois como xa vos dixen, gravarei tanto en O Rosal, na Guarda como nos seus arredores (Vigo, Portugal, etc)". 

Cristóbal xunto a Juan Ramón Martínez, coordinador de Noticias O Rosal

¡Dende Noticias O Rosal, graciñas ao Bodegón-Tapería Os Seixiños "O Bar do Trinta" e por suposto, a ti Coímbra, por concedernos esta pequena entrevista e moita sorte co teu proxecto. Para o que queiras, aquí estamos!

0 comentarios:

Publicar un comentario