30 sept 2013
INAUGURACIÓN NO ROSAL DO CENTRO ETNOGRÁFICO "CASA DOS OFICIOS"
30.9.13
Comentar
Segundo se recolle no programa da XXVI Romancha do Cabaqueiro e Festas da Pilarica do Rosal, 2013, o vindeiro día 12 de outubro ás 17:00 horas, terá lugar a inauguración do Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal", no edificio da antiga Cámara Agraria, en plena Praza do Calvario.
OS ROSALEIROS JOSE&ROSY, ARTISTAS INTERNACIONAIS, DE XIRA POR ANDALUCÍA
Tal e como anunciamos hai unhas horas, aparte da actuación este vindeiro venres 4 de outubro en Atrévete (Málaga), a parella rosaleira de bailaríns "Jose&Rosy" estará tamén o sábado 5 na famosa sala Barrio Latino, de Granada.
Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa para "Jose&Rosy" pola impartición destas clases e talleres por toda España, así como pola fama e caché que están conseguindo grazas a súa participación e bo papel realizado en campionatos e shows internacionais de baile.
O SÁBADO 5 DE OUTUBRO CELÉBRASE NO ROSAL O V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS DO BAIXO MIÑO
Este sábado 5 de outubro a partir das 16:00 horas, celébrase na Praza do Calvario (se fai mal tempo, no Salón de Exposicións do Concello) a 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, a coñecida como "Champions de Futbolín do Baixo Miño".
A inscrición: 10 € participante (20 € o equipo). A data límite para apuntarse será o xoves 3 de outubro ás 0:00 horas (pódese pagar o mesmo sábado 5, antes do comezo). Os premios outorgaranse segundo inscrición.
A entrega de trofeos terá lugar o día 12 de outubro na Praza do Calvario ás 16:30 horas.
A organización do evento está coordinada dende 2009 polo emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa. Para inscribirse ou para máis información:
Móbil: 637 311 007 (tamén por WhatsApp)
E-mail: juanorosal@hotmail.com
A inscrición: 10 € participante (20 € o equipo). A data límite para apuntarse será o xoves 3 de outubro ás 0:00 horas (pódese pagar o mesmo sábado 5, antes do comezo). Os premios outorgaranse segundo inscrición.
A entrega de trofeos terá lugar o día 12 de outubro na Praza do Calvario ás 16:30 horas.
A organización do evento está coordinada dende 2009 polo emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa. Para inscribirse ou para máis información:
Móbil: 637 311 007 (tamén por WhatsApp)
E-mail: juanorosal@hotmail.com
XXVI ROMANCHA DO CABAQUEIRO. FESTAS DA PILARICA (5, 11, 12 E 13 DE OUTUBRO)
Este é o PROGRAMA da XXVI Festa do Cabaqueiro e das Festas da Pilarica (5, 11, 12 e 13 de outubro).
DÍA 5: V CAMPIONATO DE
FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS”.
Máis información e inscricións no teléfono: 637 311 007 e no correo electrónico juanorosal@hotmail.com (Juan Ramón).
DÍA 11: VERBENA a
partir das 10 da noite coas orquestras TAMBO e IRIS.
DÍA 12: Ás 12:00 h MISA
SOLEMNE, cantada pola CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
Ás 4:30 horas da tarde entregaranse os trofeos do V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN.
Ás 5 da tarde, inauguración do CENTRO DE INTERPRETACIÓN “Casa dos Oficios”(Antiga Cámara Agraria).
A partir das 6 da tarde: XXVI FESTA DE LEMBRANZA “OS
CABAQUEIROS”, coa lectura do pregón a cargo de D. XAVIER CRESPO GONZÁLEZ, licenciado en Historia e profesor no IES A Sangriña, da Guarda.
A partir das 7,30 da
tarde concerto de música da BANDA DE
MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.
A continuación KARAOKE
DISCO SHOW
DÍA 13: Pola tarde, a partir das 5, obradoiros para
nenos e nenas.
A partir das 7,30 da
tarde, festival de música folk cos grupos DEIXANDAR E XISTRA DE CORUXO.
DURANTE ESTES DÍAS
HABERÁ DIVERSAS EXPOSICIÓNS NA SALA DO CONCELLO:
-PINTURA E MANUALIDADES
DE PRIMITIVA OTERO SANTIAGO
-CERÁMICA DO COLECTIVO
COLABORADORAS DO OBRADOIRO GAIAS.
29 sept 2013
ÉRGUETE ORGANIZA UNHAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO XUVENIL
Asociación Érguete Baixo Miño
Queremos presentar as Xornadas
"Emprégate: quítalle partido as túas ideas" que se celebrarán os días
8, 9, 11, 14, 15 e 18 de outubro de 2.013.
Trátase dun proxecto encamiñado a
favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo
de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa
finalidade de materializalas exitosamente.
As partes das que consta o
proxecto son as seguintes:
-Taller “Descubrindo as miñas
potencialidades” onde nos embarcaremos durante dous días na creación
de novas ideas de negocio e para aprender a emprender.
-Seminario “Alternativas
empresariais: aspectos legais” terá lugar nunha xornada consistente en
orientar das formas xurídicas máis axeitadas, dos trámites coa Administración e
sobre axudas, subvencións e financiamento.
-Exposición “Compartindo
experiencias” será unha xornada participativa de presentación de
experiencias de persoas emprendedoras.
-Workshops “Fai realidade a
túa idea” en grupos de traballo e durante dous días estudarase cada
idea analizando a súa rendibilidade, partindo dunha visión global e aportando
coherencia e estrutura para plasmar o modelo de negocio, é dicir, facer simples
as ideas que na cabeza parecen complexas.
As actividades realizaranse no
local social da Asociación Érguete Baixo Miño e son de balde.
Do 20 de setembro ao 4 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para participar na iniciativa.
Do 20 de setembro ao 4 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para participar na iniciativa.
Podes descargar o tríptico
informativo e a folla de inscrición en www.erguete.org
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org
III FESTA DA VENDIMA EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN (5 E 6 DE OUTUBRO DE 2013)
Jorge Cardoso Mariño // San Miguel de Tabagón
A
Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel (O Rosal) presentou a Festa da
Vendima 2013 no seu local social, coa presenza do alcalde do Rosal, Jesús
María Fernández Portela, quen destacou a labor desta asociación cultural por
recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario.
Hai 11 anos e xa por
terceiro ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de
Tabagón (O Rosal) nun concello cunha gran forza no sector vitivinícola.
A
Festa da Vendima 2013 iniciouse o sábado 28 de setembro cun gran baile
dentro do local da SRC San Miguel na honra de San Miguel “O Anxo das Uvas” e de
seguido o 29 setembro, día do patrón, houbo unha misa solemne con sermón e
procesión para rematar coa romaría no Parque da Carballeira.
A
Asociación Galega de Viticultura (AGV) colabora na organización o martes día 2
de outubro na cata de viño con maridaxe de produtos da zona (peixe do río Miño, horta do Rosal, peixe espada…..) dirixido por Marina Cruces destacada sumiller, membro da Asociación Galega de Sumilliers (AGASU).
O venres día 4 de
outubro terá lugar no local da Src San Miguel unha xornada técnica sobre
viticultura, e ao remate se catarán viños galegos de Denominación de Orixe.
Esta
Festa da Vendima terá o seu momento álxido na fin de semana co II Torneo de Rá, que se iniciará o sábado 5 durante toda a tarde e as finais no día seguinte.
Tamén no recinto da festa estará a Asociación de Artesáns da Comarca do Baixo
Miño (ARCO Baixo Miño) que terán os seus stands de artesanía dende as 3 da
tarde.
Para
rematar este día, a Src San Miguel creou o Concerto Rock&Dj`s “Festa da
Vendima”, dende as 22.30 ata altas horas da madrugada, con cantina organizada
pola Asociacion Solteiros-Casados de San Miguel.
Para
rematar o evento, o domingo 6 dende as 10.00 h., teremos pulpo e carne ó caldeiro
durante todo o día, acompañándoos con viños da zona do Rosal e a colaboración das
adegas da AGV. Ás 13 horas, lerase o pregón e terá lugar a entrega de diplomas dos
cursos do ano 2012 realizados por esta Asociación.
Por último e durante a tarde, celebrarase o “Festival Serán” de grupos folclóricos
do Baixo Miño e a entrega dos premios do “Torneo da Rá”.
Tamen
hai que subliñar que durante o evento teremos a I Recollida Solidaria de Tapóns
e a entrega dos premios do Concurso de Fotografía “Festa da Vendima” Santiago
Ruiz.
SHOW DE SALSA DE JOSE & ROSY NA COÑECIDA SALA ATRÉVETE (MÁLAGA)
A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy" ofrecerá o vindeiro venres 4 de outubro, a partir das 23:00 horas, un show de salsa na coñecida discoteca Atrévete, de Málaga, "el mejor ambiente de la Costa del Sol".
GRAN ÉXITO DO III CAMPUS ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN, O ROSAL 2013
Aurora Lomba Álvarez // Atlético Novás
O sábado 28 de setembro tivo lugar no pavillón municipal do Rosal o III Campus Atlético Novás de balonmán organizado pola base do club.
O número premiado do sorteo do cheque é o 880.
Dende aquí, graciñas a todos/as por participar.
CHARO TRIGO E PILAR ÁLVAREZ EXPOÑEN EN VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL)
Obra de Pili Álvarez
A Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal) acolle dende o 22 de setembro e ata o vindeiro 19 de outubro a exposición de pintura "Dúas Olladas", de Charo Trigo e Pilar Álvarez.
Pintura de Charo Trigo
O horario (español): de mañá, de 11 a 14 horas; e de tarde, de 15 a 19 horas.
24 sept 2013
O ROSALEIRO PIÑO GÓMEZ, DE EIRAS, TRIUNFA CO SEU BLOG "LOSGUSTOSMÍOS"
Cabeceira do blog Losgustosmíos, de Piño Gómez
Hoxe presentámosvos o blog gastronómico "Losgustosmíos", do rosaleiro de San Bartolomeu das Eiras, José Antonio Gómez Rodríguez (Piño), residente na actualidade na vila veciña de A Guarda.
Piño (Bodega González Byass), entre outras distincións, vén de ser recoñecido hai uns meses no Casino La Toja (O Grove) -na III edición da gala benéfica Degusta Solidaridad- co premio "Zoco de Ouro" ao "Mellor amante do viño".
O seu blog Losgustosmíos triunfa na Rede e, sen dúbida, é un referente no mundo dos caldos. Nunha das súas últimas entradas publicou estas palabras, que resumen o sentir de Piño: "quiero aprovechar esta ocasión para agradecer a los seguidores que sigáis ahí, al pie del cañón, leyéndome, ya que a veces es complicado mantener un blog activo, por el trabajo y sobre todo por el tiempo que hay que dedicarle, pero estoy encantado de seguir disfrutando de mi trabajo y sobre todo de compartir con todos vosotros lo que aprendo, disfruto y siento por el mundo del vino. Gracias a todos".
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Piño!! ¡¡Que o teu blog siga activo durante moito tempo e aínda con máis éxito!!
ROMARÍA POPULAR DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN "O ANXO DAS UVAS", 2013
Jesús González Álvarez // San Miguel de Tabagón
Este domingo 29 de setembro celébrase a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón "O Anxo das Uvas".
Haberá Misa ás 12 horas. E unha vez finalizada a cerimonia relixiosa e a procesión, terá lugar a tradicional xuntanza para comer na Carballeira da Igrexa.
ESTE SÁBADO 28, TEATRO NO ROSAL CO GRUPO "VÁMOLANDANDO", DA GUARDA
Anselmo Martínez Pena // A Guarda
O auditorio municipal do Rosal acolle este sábado 28 de setembro, a partir das 20:30 horas, a estrea da obra de teatro "Aquí non paga ninguén" do Grupo "Vámolandando" da Guarda e dirixida por Álex Sobrino. A entrada é de balde.
16 sept 2013
VITORIA PARA MARÍA CORREA E PRIMEIRO PODIO PARA O BENXAMÍN IKER RODRÍGUEZ
María Correa, primeira clasificada. (Foto: C.C. O Rosal)
Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, este sábado 14 de setembro celebrouse o XXXVI Trofeo Festas do Cristo de Porriño, onde "Iker Rodríguez recibía o seu mellor regalo de cumpreanos, pois con sete anos e unha semana acadaba o seu primeiro podio ao rematar 2º na categoría de Benxamíns, acompañado doutro sorprendente compañeiro, como é David Carnero, que se facía co 3º posto".
Iker Rodríguez (2º) e David Carnero (3º). Foto: C.C. O Rosal
Mario Fernández en Alevíns remataba 4º e Irea Villa, 2ª tras Carla Fernández do C.C.Vigués.
En Infantís, novo éxito para María Correa que conseguía a vitoria. Pola súa banda, en Ribadeo, Antonio Portela finalizaba no 6º posto do XXXI Circuito Ribadense.
MECALIA ATLÉTICO NOVÁS. SENTIMENTO VERMELLO. ¡ABÓNATE AO ESPECTÁCULO!
O club Balonmán Atlético Novás comezou a súa campaña de captación de abonados para a tempada 2013/2014 (adulto: 50 € e xuvenil: 15 €).
Baixo o lema "Sentimento Vermello" o Mecalia Atlético Novás anima á afección a facerse socia e así contribuír a que sexa máis grande esta institución deportiva.
O debut ligueiro dos rosaleiros será na casa, o vindeiro sábado 21 de setembro ás 19:00 horas, diante do Calvo Xiria.
II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN. BAR TROYA. O ROSAL, 21 DE SETEMBRO, 2013
Segundo vén de comunicar a web Homeclaro, o vindeiro 21 de setembro terá lugar no Bar Troya a II edición do Churrascopen O Rosal 2013.
Tras o éxito do pasado ano "volverase a celebrar esta xornada de amizade, gastronomía e actividades lúdicas, onde os participantes poderán disfrutar do tradicional churrasco e de atractivos torneos, como un campionato de futbolín e de tute".
A inscrición será individual (5 € todo incluído), co mesmo sistema cos "Open", é dicir, o compañeiro/a de cada un, coñecerase por sorteo.
Máis información en homeclaro@live.com, no Bar Troya e no teléfono 637 311 007 (Juan Ramón).
13 sept 2013
A XII VOLTA CICLISTA A GALICIA PASA POR O ROSAL COA PRESENZA DE ÁLEX E ASER
Segundo nos comunica Antonio Portela, a XII Volta Ciclista a Galicia celébrase dende hoxe, venres 13, ata o domingo 15 de setembro. Constará de tres etapas, con saída dende Vigo e final en A Coruña.
Esta edición conta -entre outros- coa participación dos nosos veciños, Alejandro Lomba Rodríguez (na imaxe) e Aser Estévez Cividanes.
Segundo o horario previsto o pelotón pasará por O Rosal, en concreto por Portecelo sobre as 15:00 horas e un pouquiño máis tarde, por Tabagón.
¡¡Moita sorte, rapaces!!
12 sept 2013
SEVI E TRINTA, FORON OS GAÑADORES DA III OLIMPIADA DE FUTBOLÍN E FIFA 2013 QUE SE CELEBROU NO BAR TROYA (O ROSAL)
Lelo, propietario do Bar Troya, faille entrega dos trofeos aos Campións do Futbolín
Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da III Olimpiada de Futbolín, Karaoke e Fifa. O Rosal 2013 que se celebrou no Bar Troya (Marzán) o pasado 27 de xullo.
José Enrique, propietario do Bar-Tapería A Competencia, cos gañadores
Os gañadores finais do Campionato de Futbolín foron Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta), que foron obsequiados, aparte dos trofeos correspondentes, cunha fantástica cea no Bar-Tapería A Competencia, do Rosal.
Pola súa banda, os vencedores no Torneo de Fifa 2013 foron os irmáns Adrián e Abel Maquieira Pereira. O maior dos irmáns repite como gañador nesta modalidade de xogo, pois xa se adxudicara en xaneiro a I Olimpiada de Fifa con David Alfonso Acevedo.
Cunha actuación estelar, Juan Bande fíxose coa vitoria na modalidade de karaoke, tras vencer na final a Ofelia Carrero Baz.
Esta foi a clasificación da III Olimpiada e así vai a Xeral:
PARTICIPANTES
III OLIMPIADA DE FUTBOLÍN
KARAOKE E FIFA O ROSAL 2013
BAR TROYA (MARZÁN-O ROSAL)
1.- Diego Álvarez Fernández e
Sergio Casal Fernández.
CHELSEA
2.- Luis Martínez Pereira e
Daniel Portela Pereira.
MANCHESTER CITY
3.- Sergio Rodríguez Rodríguez
e Carlos Álvarez Antúnez.
MANCHESTER UNITED
4.- Adrián Maquieira Pereira e
Abel Maquieira Pereira.
BAYERN DE MUNICH
5.- Míchel Martín González e
Deivis Vázquez.
F.C. BARCELONA
6.- Carlos Díaz Pereira e Juan
Ramón Martínez.
P.S.G.
7.- Gera González Gómez e Ruth
María Martínez.
REAL MADRID
FIFA 2013
CHELSEA – MANCHESTER
CITY:0-4
MANCHESTER UNITED – BAYERN
MUNICH: 1-2
F.C. BARCELONA – P.S.G.:
1-7
BAYERN MUNICH – CHELSEA: 3-1
MANCHESTER CITY- F.C. BARCELONA:2-1
MANCHESTER UNITED - REAL MADRID: 9-0
MANCHESTER CITY – MANCHESTER
UNITED:1-2
P.S.G. – CHELSEA: 1-0
CHELSEA – F.C.
BARCELONA: O-3
PS.G. – MANCHESTER CITY: 3-1
CHELSEA – MANCHESTER UNITED: 0-0
BAYERN MUNICH – F.C. BARCELONA: 2-1
P.S.G. – MANCHESTER UNITED : 2-2
MANCHESTER CITY – REAL MADRID: 4-0
P.S.G. – BAYERN
MUNICH: 1-2
MANCHESTER UNITED – F.C. BARCELONA: 1-1
MANCHESTER CITY – BAYERN
MUNICH: 1-2
MANCHESTER UNITED – CHELSEA: 5-1
MANCHESTER CITY – F.C.
BARCELONA: 0-0 (4-5)
SEMIFINAIS FIFA 2013
BAYERN DE MUNICH – F.C. BARCELONA: 3-1
P.S.G. – MANCHESTER UNITED: 2-1
TERCEIRO POSTO
F.C. BARCELONA – MANCHESTER UNITED: 0-0 (4-1)
FINAL
BAYERN DE MUNICH – P.S.G.: 3-2
CAMPIÓN: BAYERN DE MUNICH
CLASIFICACIÓN FIFA 2013
1º: BAYERN DE MUNICH. Adri e Abel: 25 puntos
2º: P.S.G.: Carlos e Juan: 18 puntos
3º: F.C. BARCELONA Míchel e Deivis: 15 puntos
4º: MANCHESTER UNITED Trinta e Sevi: 12 puntos
5º: MANCHESTER CITY: Luis e Dani: 10 puntos
6º: CHELSEA: Diego e Yeya: 8 puntos
7º: REAL MADRID: Gera e Ruth: 6 puntos
FUTBOLÍN
DIEGO E YEYA – LUIS
E DANI: 0-2
TRINTA E SEVI – ADRI E ABEL: 2-0
MICHEL E DEIVIS – CARLOS
E JUAN:0-2
GERA E RUTH – DIEGO
E YEYA: 0-2
LUIS E DANI – CARLOS E JUAN:2-0
TRINTA E SEVI – GERA E RUTH: 2-0
ADRI E ABEL – DIEGO
E YEYA: 0-2
MICHEL E DEIVIS – TRINTA E SEVI: 0 -2
LUIS E DANI – ADRI E ABEL: 2-0
CARLOS – JUAN - GERA
E RUTH: 1-2
TRINTA-SEVI – LUIS E DANI :2-0
MÍCHEL-DEIVIS – LUIS
E DANI: 0-2
LUIS E DANI – GERA RUTH
MICHEL E DEIVIS – ADRI E ABEL:2-0
GERA RUTH – ADRI-ABEL: 2-0
DIEGO E YEYA – CARLOS E JUAN: 2-0
DIEGO E YEYA – TRINTA E SEVI:2-0
CARLOS E JUAN – TRINTA
E SEVI: 1-2
CARLOS E JUAN – ADRI E ABEL: 2-0
MICHEL E DEIVIS – DIEGO
E YEYA:0-2
MICHEL E DEIVIS – GERA E RUTH: 2-1
1º: SEVI TRINTA
2º: DIEGO YEYA
3º LUIS DANI
4º CARLOS JUAN
5º MICHEL DEIVIS
6º ABEL ADRI
III OLIMPIADA O ROSAL
FUTBOLÍN
SEVI TRINTA – ABEL ADRI: 2-0 (5-0//5-3)
DIEGO YEYA – MICHEL DEIVIS 2-0 (5-1//5-1)
LUIS –DANI - CARLOS JUAN 2-0
(5-1 //5-3)
SEMIFINAIS
SEVI TRINTA - CARLOS JUAN:
2-0
DIEGO YEYA - LUIS DANI: 2-0
TERCEIRO POSTO
CARLOS JUAN – LUIS
DANI: 0-3
FINAL FUTBOLÍN
SEVI/TRINTA – DIEGO/YEYA: 3-0
CLASIFICACIÓN FUTBOLÍN
1º: Sevi e Trinta: 25 puntos
2º: Diego e Yeya: 18 puntos
3º: Luis e Dani: 15 puntos
4º: Carlos e Juan: 12 puntos
5º: Adri e Abel: 10 puntos
6º: Míchel e Deivis: 8 puntos
7º: Gera e Ruth: 6 puntos
III OLIMPIADA O ROSAL
KARAOKE
CUARTOS DE FINAL
RAQUEL – SEVI
OFELIA – DANI
BANDE – JUAN
NINA- ADRI
SEMIFINAIS KARAOKE
RAQUEL – OFELIA
BANDE – NINA
FINAL KARAOKE
OFELIA – BANDE
CAMPIÓN: JUAN BANDE
CLASIFICACIÓN KARAOKE
1º: Juan Bande: 25 puntos
2º: Ofelia Carrero Baz: 18 puntos
3º: Nina López Vicente: 15 puntos
4º: Raquel Rodríguez Baz: 12 puntos
5º: Juan Ramón Martínez: 10 puntos
6º: Daniel Portela Pereira: 8 puntos
7º: Adri Maquieira Pereira: 6 puntos
8º: Carlos Álvarez Antúnez: 4 puntos
9º: Abel Maqueira Pereira: 2 puntos
10º: Sergio Rodríguez Rodríguez: 1 punto
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL
III OLIMPIADA O ROSAL
1º:Carlos Álvarez Antúnez. 12 +
25 + 4: 41 puntos.
2º: Adrián Maquieira Pereira.
25 + 10 + 6: 41 puntos
3º: Juan Ramón Martínez. 18 +
12 + 10: 40 puntos.
4º: Sergio Rodríguez Rodríguez.
12 + 25 + 1: 38 puntos.
5º: Abel Maquieira Pereira. 25
+ 10 + 2: 37 puntos.
6º: Daniel Portela Pereira. 10
+ 15 + 8: 33 puntos.
7º: Carlos Díaz Pereira. 18 +
12: 30 puntos.
8º: Diego Álvarez Fernández. 8
+ 18: 26 puntos.
9º: Sergio Casal Fernández. 8 + 18: 26 puntos.
10º: Luis Martínez Pereira. 10
+ 15: 25 puntos.
11º:Juan Bande: 25 puntos.
12º: Míchel Martín González. 15
+ 8: 23 puntos.
13º: Deivis Vázquez: 15 + 8: 23
puntos.
14º: Ofelia Carrero Baz: 18
puntos
15º: Nina López Vicente: 15
puntos
16º: Raquel Rodríguez Baz: 12
puntos
17º: Gera González Gómez. 6 +
6: 12 puntos.
18º: Ruth María Martínez. 6 +
6: 12 puntos.
RANKING INDIVIDUAL XERAL
OLIMPIADAS O ROSAL 2013
═ 1º: Juan Ramón
Martínez: 90 puntos.
═ 2º: Adrián
Maquieira Pereira: 88 puntos.
▲3º: Sergio
Rodríguez Rodríguez “Trinta”: 83 puntos.
▲4º: Luis Martínez
Portela: 79 puntos.
▲5º: Daniel Portela
Pereira: 73 puntos.
▲6º: Carlos Díaz
Pereira: 68 puntos.
═ 7º: Sergio Casal
Fernández “Yeya”: 66 puntos.
▲8º: Carlos Álvarez
Antúnez “Sevi”: 60 puntos.
▼9º: Jorge Díaz
Rocha “Tuka”: 45 puntos.
▲10º: Deivis
Vázquez: 19 + 23: 42 puntos.
▼11º: Raúl
González: 40 puntos.
▲12ª: Ruth
Martínez: 38 puntos.
▲13º: Abel
Maquieira Pereira: 37 puntos.
▲14º: Gera
González: 36 puntos.
▼15º: David Alfonso
Acevedo “Pini”: 35 puntos.
▼16º: José Ángel
Fernández “Kesy”: 34 puntos.
▲17º: Diego Álvarez
Fernández. 26 puntos.
▼18ª: María Pérez:
26 puntos.
▲19º: Juan Bande:
25 puntos.
▲20ª: Nina López:
25 puntos.
▼21º: Jorge Silva
Álvarez “Yors”: 24 puntos.
▼22º: Santi Castro:
24 puntos.
▲23º: Míchel Martín
González: 23 puntos.
▼24ª: Rebeca
Rodríguez: 22 puntos.
▲25ª: Ofelia
Carrero Baz: 18 puntos
▼26º: Pedro
Fernández “Peter”: 15 puntos.
▼27ª: Tania
Rodríguez: 14 puntos.
▼28º: Marcos Diego:
14 puntos.
▼29º: Braian
Fernández: 14 puntos.
▼30º: Mario
Treinta: 13 puntos.
▼31º: Marcos López:
12 puntos.
▼32º: Carlos Diego:
12 puntos.
▲33ª: Raquel
Rodríguez Baz: 12 puntos
▼34º: José Alonso
Álvarez: 10 puntos.
▼35º: Pedro Vicente
Sousa: 9 puntos.
▼36º: Andrés
Martínez Rocha “Pipu”: 9 puntos.
▼37º: Gustavo
Jurado: 8 puntos.
▼38ª: Olalla
Álvarez: 7 puntos.
▼39º: Rubén Díaz
Rocha: 7 puntos.
▲ Sube posicións
▼ Baixa posicións
═ Mantén a
posición