29 sept 2011
A Romaría de San Francisco (Marzán) celébrase o 1 e 2 de outubro
A Romaría de San Francisco celebrarase a primeira fin de semana de outubro en Marzán. O sábado día 1, a partir das 18:00 horas GRAN CHURRASCADA e BACALLAU Á BRASA amenizada polo grupo de concertinas BARRIGAS DE GONDAREM, acompañado da iluminación e son de ELECTROSIL.
O domingo 2 de outubro, ás 11:30 horas terá lugar a MISA SOLEMNE con SERMÓN E PROCESIÓN en honor a San Francisco, acompañada do CORO ECOS DO FOLÓN e do grupo de gaitas OS PELOUROS.
A continuación, procederase á GRAN "SUBASTA" DE PRODUTOS TÍPICOS, finalizando as festas cunha tirada de fogos, que porán o broche á Romaría de San Francisco.
Dende a Organización lembran que o recinto estará cuberto.
28 sept 2011
Este sábado, a "Ruta dos Cruceiros" organizada polo Concello do Rosal
O Concello do Rosal retoma, despois do parón estival, o seu programa mensual de andainas turístico-culturais do ano 2011.
Nesta ocasión, o sábado 1 de outubro, os participantes percorrerán a “Ruta dos Cruceiros” para pasear, admirar e coñecer a historia e curiosidades dunha parte do rico e artístico patrimonio relixioso que ten a vila.
Para a realización desta andaina, se terá como base o completo e exhaustivo estudo sobre o tema, do recoñecido escritor e historiador local Xoán Martínez Tamuxe, plasmado no seu libro Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. Concello do Rosal I, obra imprescindible para indagar sobre moitas das tradicións -e mesmo lendas- do municipio. (Na imaxe, o Cruceiro da Cancela de Furnos).
O punto de encontro, como é habitual, será a Praza do Calvario, estando a saída prevista para as 15:30 horas e a hora estimada de chegada, sobre as 18:00 horas.
O itinerario será o seguinte:
Praza do Calvario – Cemiterio – Furnos – Cruceiro Gordo – Martín – Fornelos (Praza e Escola) – Caselas – Convento das HH. Carmelitas – Cruceiro da Cruz de Ferro – A Feira – Praza do Calvario.
Quen desexe apuntarse (a actividade é gratuíta) pode facelo achegándose ata o Concello do Rosal ou ben chamando ao teléfono 986 62 50 00.
O domingo celebrarase a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón
Informa: Jesús González Álvarez (Suso) / San Miguel de Tabagón
O domingo 2 de outubro terá lugar a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón na honra de "O Anxo das Uvas". A misa celebrarase ás 12 da mañá.
Despois da misa e da procesión "xuntarémonos na Carballeira da Igrexa para xantar xuntos". "Lembrade traer comida e moitas ganas de festa".
26 sept 2011
Volven as sesións de contacontos á biblioteca municipal do Rosal
Tal e como se pode ler na web municipal, "o pasado sábado a concellería de Cultura do Concello do Rosal reiniciou as sesións de contacontos no Rincón do Conto da Biblioteca Municipal.
Despois do descanso do verán, volve esta actividade tan atractiva para os cativos. Nesta ocasión, a contadora Raquel Queizas destacou pola súa imaxinación, empatía cos nenos e pola súa capacidade de manter a atención dos nenos grazas ao protagonismo e participación deles nos propios contos. Esta actividade desenvólvese os últimos sábados de cada mes".
23 sept 2011
Festa da Vendima 2011 organizada pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón
Informa: Jorge Cardoso Mariño / Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón.
A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2011 no seu local social coa presenza do alcalde do Rosal Jesús María Fernández Portela e da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Destacou o Alcalde a labor por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario hai 10 anos e que este ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) nun concello cunha gran forza no sector vitivinícola.
A Festa da Vendima 2011 iniciarase o domingo 25 de setembro na Alameda de San Miguel de Tabagón, a poucos metros da Adega Museo Santiago Ruiz, home fundamental na historia do sector no concello miñoto, palabras que expresaba o vicepresidente da Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel, Jorge Cardoso Mariño.
Así mesmo, o vicepresidente detallaba os actos vitivinícolas da Festa, co inicio con degustación de polbo á feira, carne ao caldeiro, tapas variadas, empanadas e roscas regadas polo viños das adegas da D.O. Rías Baixas da subzona do Rosal, acompañados igualmente por licores da zona, sen esquecerse dos grupos folclóricos que amenizarán ese día o rico maridaxe que se pode degustar no Baixo Miño.
O día 29, no local da entidade, celebrarase unha charla do profesor e historiador da USC D. Xabier Castro, quen falará sobre a historia da vendima en Galicia, unha charla que será acompañada dos viños que colaboran coa Festa de Vendima.
O venres día 30 terá lugar o prato forte da Festa cunha Cata de Viños Galegos con Maridaxe dos produtos da zona como grelos, pementos tipo “padrón”, peixe espada e solla do río Miño, dirixida por Mercedes González, presidenta de Asociación de Sumilliers “Galaecia”. Se catarán sete viños brancos e sete viños tintos. Para acceder á cata deberán de contactar no teléfono 672 085 534 e o seu prezo será de 25 €.
Para rematar a semana celebrarase o baile na honra de San Miguel, que será o día 1 de outubro no salón de actos do local social. Actuará o Trío Sensación a partires das 11 da noite para pasar ao día seguinte, co último acto, a Romaría de San Miguel, no parque da Carballeira, situado ao lado mesmo da igrexa parroquial (unha iniciativa veciñal que como explicaba Suso, coordinador da mesma, que no segundo ano pensa ter unha gran asistencia como o ano pasado, que rondou os 500 romeiros no día do patrón “O Anxo das Uvas”.
Para pechar o acto tomou a palabra o presidente da SRC San Miguel, quen pediu “perdón se en algo se falla porque é o primeiro ano e podemos ter erros, pero sí coas ganas de traballar por esta entidade e invitar a toda a xente de Baixo Miño e de outros lares a pasar por unha festa que a bo seguro ten moito futuro”.
Concerto da Banda-Escola de Música de Beade no Auditorio
A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL segue cos actos programados con motivo do seu 25 ANIVERSARIO e informan de que este SÁBADO 24 de setembro, ás 21:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL, terá lugar un concerto que ofrecerá A BANDA-ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE baixo a batuta de Luis A. González Amosa.
20 sept 2011
Programa das Festas da Pilarica e da XXIV Festa do Cabaqueiro 2011
As FESTAS DA PILARICA e a "XXIV ROMANCHA DO CABAQUEIRO" celebraranse na Praza do Calvario do Rosal durante os días 8, 9, 11 e 12 de outubro.
Ao igual que os últimos anos, a Festa do Cabaqueiro 2011 ven cargada de atractivos eventos músico-culturais para nenos, mozos e adultos (verbena, festivais, actuación da Banda, III Campionato de Futbolín ou mesmo demostración de oficios, obradoiros e exposicións).
Este ano lerá o pregón da XXIV Festa do Cabaqueiro a artista e cantante Erea Castro Alfonso, que representou ao Baixo Miño, Condado e Paradanta na sección "Recantos" do programa Luar, da TVG.
Así mesmo, Erea estuda na Universidade de Santiago de Compostela o seu cuarto ano de Historia da Arte, especializándose en Historia da Música e en Patrimonio.
Velaquí vos deixamos o programa completo destas grandes festas:
DÍA 8: FESTIVAL DE MÚSICA FOLK: DEIXANDAR, MEIGALLO E LIROLAI ÁS 21:00 H.
DÍA 9: FESTIVAL DE PANDERETEIRAS: RÍO FOLÓN, ORBALLO E IR E VIR ÁS 20:30 H.
DÍA 11: OBRADOIRO DE TELLAS PARA NENOS/AS A PARTIR DAS 5 DA TARDE.
VERBENA: ORQUESTRAS ILUSIÓN E OS PLAYER’S.
DÍA 12: ÁS 12 H., MISA SOLEMNE, CANTADA POLA CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.
A PARTIR DAS 5 DA TARDE: XXIV FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS” COA PREGOEIRA EREA CASTRO ALFONSO, ARTISTA E CANTANTE.
OFICIOS ARTESÁNS E OBRADOIROS PARA NENOS: CERÁMICA DE LEANDRO, TEARES DE CLAUDIA MÉNDEZ E PINTURAS DAS TELLAS.
CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ÁS 20:30 H.
EXPOSICIÓNS CULTURAIS: FOTOGRAFÍAS, PEZAS E FERRAMENTA DO CABAQUEIRO, MANUALIDADES EN PUNTO DE CRUZ DE Mª CARMEN GONZÁLEZ E PINTURA DE SANTIAGO RIERA.
III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS”. CONCELLO DO ROSAL 2011.
DÍA 7: PRESENTACIÓN E SORTEO DOS EQUIPOS NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE ÁS 21:00 H.
DÍA 8: INAUGURACIÓN E FASE DE GRUPOS DO CAMPIONATO ÁS 16:00 H.
DÍA 9: CLAUSURA E FASE FINAL.
DÍA 12: PRESENTACIÓN OFICIAL DA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL OS CABAQUEIROS DO FUTBOLÍN E ENTREGA DE PREMIOS DO III CAMPIONATO ÁS 16:30 H.
15 sept 2011
Roteiros para a xuventude do Rosal, A Guarda e Tomiño
Estes "roteiros" están convoca-dos pola Dirección Xeral de Xuventude. Trátase de estadías de fin de semana multiaventura para mozas e mozos galegos de entre 18 e 35 anos, desta vez no Albergue Xuvenil de Pontemaril-Forcarei.
Haberá escalada en rocódromo, rutas BTT, xeocaching, taid cultural (fotográfico, orientación e rastrexamento), así como veladas nocturnas.
As actividades desenrolaranse durante os días 11, 12 e 13 de novembro.
A cota de inscrición é de 80 € (sendo de 60€ para quen posúa o Carné Xove). Podedes anotarvos na OMIX do Rosal, situada no Centro Social Polivalente ou mesmo chamar ao teléfono 986 60 94 50. (Foto: M. Míguez)
O Rosal abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural da vila, está aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas que a Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal organizan para este curso 2011/2012.
Patinaxe: inscricións no Centro Social Polivalente, ata o día 30 de setembro, de 9 a 13 horas (nenos de 5 a 15 anos).
Fútbol: inscricións no Estadio Municipal da Mata, de luns a venres a partir das 18:30 horas.
Balonmán: inscricións no Pavillón Municipal os martes de 17:30 a 19:30 horas e os venres de 18 a 19 horas.
O Curso de Movilización de Persoas Dependentes, para finais de mes
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Esta é a nota íntegra e en castelán recibida na nosa Redacción:
"Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño se amplía el plazo de inscripción para el curso de 20 horas de duración y se retrasa el inicio del mismo, para los días 24 de septiembre, 1 y 8 de octubre.
El curso de Movilización de personas dependientes está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés socio-sanitario de Cruz Roja y está dirigido a personas mayores de 16 años que estén interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes.
El objetivo principal de esta formación es formar a familiares, cuidadores y/o trabajadores sobre el modo de realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente. Además, con esto, se pretende mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales.
En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos:
- Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC, parálisis, etc.
- Ayudas técnicas.
- Técnicas de movilización e inmovilización.
- Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación.
El coste del curso es de 60 €.
Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
C/Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial.)
Tfno: 986 61 46 09 // 606 34 84 71
Horario de atención:
De lunes a jueves: 8:30 a 15:00 y 16:00 a 19:00 h
Viernes: 8:00 a 15:00 h".
13 sept 2011
Noite de tangos no Rosal con LA MINITÍPICA e os seus bailaríns
O sábado 17 de setembro ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal, unha noite de tangos coa actuación de "LA MINITÍPICA e os seus bailaríns".
Tal e como se pode ler no seu perfil de facebook "la Minitípica es un grupo de tango que nació en Galicia en 2004, para difundir la música del Río de la Plata. Integrada por los bonaerenses Gerardo Rebagliati, voz y 2ª guitarra, Juanma Ons, guitarra y 2ª voz, Andrea Navarrete, acordeón, y el gallego Brian Moure al contrabajo.
En directo dan a conocer su amplio repertorio en el que el tango es el gran protagonista, pero la milonga, la chacarera, el chamamé, el candombe, la zamba y otras manifestaciones del folclore argentino suenan en sus conciertos.
Más de 90 actuaciones en Buenos Aires, Düsseldorf (Alemania), Rodas (Grecia), Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Baiona y otras localidades gallegas (Tui, Tomiño, A Guarda...)
En ocasiones actúan acompañados por los bailarines de Mar del Plata, Raúl y Valeria.
Han grabado tres cd's".
Máis información no seu blog:
9 sept 2011
O II Campionato Feminino de Futbolín celebrarase o 29 e 30 de outubro
O ROSAL ACOLLERÁ O II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN PARA AS RAPAZAS DO BAIXO MIÑO. AS TRES PRIMEIRAS PARELLAS CLASIFICADAS DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA.
A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín organizará o sábado 29 e o domingo 30 de outubro o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, que convoca por segundo ano consecutivo esta web cultural baixomiñota.
Poderán participar todas aquelas rapazas que pertenzan á comarca do Baixo Miño (O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui e Oia), recibindo todas elas un agasallo conmemorativo e obtendo as tres primeiras parellas clasificadas, entre outros premios, invitacións para participar gratuitamente no “Campeonato de España Femenino de Futbolín” que se celebrará a principios de decembro deste ano en Galicia.
Os locais con futbolín que colaboran para a celebración do II Campionato Feminino Noticias O Rosal amplíanse nesta edición a tres (Bar Troya, Bar Floro e Bar D’Bute), que serán as sedes do Torneo, cos seguintes horarios:
Os locais con futbolín que colaboran para a celebración do II Campionato Feminino Noticias O Rosal amplíanse nesta edición a tres (Bar Troya, Bar Floro e Bar D’Bute), que serán as sedes do Torneo, cos seguintes horarios:
SÁBADO 29
De 16 a 19 horas: Inauguración-Fase de Grupos. BAR FLORO.
De 19’30 a 22’30 horas: Fase de Grupos. BAR D’BUTE.
DOMINGO 30
Ás 19 horas: Fase Final. BAR TROYA
A inscrición, cun prezo moi popular -5 euros persoa (10 euros a parella)- se formalizará en calquera destes tres locais. O último día de prazo para apuntarse será o venres 28 de outubro na Presentación oficial que se celebrará ás 21:00 horas no Centro Social Polivalente do Rosal.
A modalidade de xogo: Parado (pódese facer cambios na dianteira).
A modalidade de xogo: Parado (pódese facer cambios na dianteira).
Se algún local, institución, empresa ou particular do Baixo Miño quere colaborar aínda na organización deste e outros eventos coa Asociación Os Cabaqueiros, ou mesmo participar nos torneos, pode solicitar información das seguintes formas:
Correo electrónico: asociacioncabaqueiros@hotmail.com
Teléfono: 637 311 007 (Juan Ramón Martínez)
Voluntarios de Cruz Roja realizarán un inventario fotográfico da flora do río Folón
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan dentro de la Estrategia de Restauración de Ríos del MARM que cuenta con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, del programa voluntariado en ríos y la colaboración de la Conferencia Hidrográfica Miño-Sil.
El próximo sábado 10 de septiembre, si el tiempo nos lo permite, a partir de las 10:00 h y hasta las 13:30 h, en la zona de O Río Folón, los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río realizarán un registro fotográfico de la flora existente en la zona, para conocer cuáles son autóctonas, y de esta forma, en un futuro, localizar más rápidamente las especies invasoras.
El objetivo de Cruz Roja con esta actividad, es el de crear redes de participación, las cuales a través de la figura del voluntariado ambiental actúen a favor de la protección y conservación del medio ambiente. Además de crear una guía sobre la riqueza ecológica de O Río Folón.
Además, nuevamente gracias a la participación de nuestras/os voluntarias/os, pretendemos sensibilizar e informar para implicar a la ciudadanía en la conservación y recuperación del medio fluvial. Durante la actividad se explicará a los alumnos participantes la importancia de todos los elementos analizados durante esta jornada.
Para desarrollar estas actividades se ha organizado el nuevo equipo de voluntariado de Medio Ambiente que Cruz Roja en Baixo Miño ha creado durante el primer trimestre del 2011, para difundir los aspectos medio ambientales y de cuidado del entorno entre los colectivos que habitualmente atendemos.
Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española (2007).
Para más información o inscripción:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71
8 sept 2011
I Proba de "Habilidade Sobre Asfalto" Concello do Rosal
O sábado 17 e o domingo 18 de setembro a partir das 16 horas celebrarase no aparcamento de Barbuntín (no cruce á Lomba) a I Proba Automobilística de "Habilidade Sobre Asfalto" Concello do Rosal.
Haberá unha FESTA DO MOTOR e cantina no recinto do circuíto, con DJ CHUCHI (Singular-A Guarda).
Organiza o envento: Amigos das Xinkanas
Colabora: Concello do Rosal e Baixo Miño Multimarca.
Novo éxito de Antonio Portela, desta vez CAMPIÓN DE GALICIA en Contrarreloxo Individual
Segundo podemos ler na activa web do Club Ciclista O Rosal, o noso veciño Toñi Portela proclamouse o martes 6 de setembro en Sober (Lugo) Campión de Galicia de CRI (Crontrarreloxo Individual).
O ciclista rosaleiro foi o mellor da súa categoría nunha distancia de 5 km "na que invertiu un tempo de 8'15''12 a unha media de 36,36 km/h e distanciando ao segundo clasificado nunha cómoda diferencia de 19 segundos". Por outro lado -tal e como reza a crónica do Club Ciclista O Rosal "cabe destacar a actuación dos seus compañeiros de equipo que grazas á labor de todos o C.C. O Rosal tamén acadou o 1º posto por equipos con Adrián Vicente no 16º, Raúl Fernández 17º, Andrés Fernández 32º, Pablo Cividanes 33º, Cristóbal Coimbra 43º e Adrián Dorna 45º.
En Junior as clasificacións foron máis discretas con Manuel González no posto 20º, Iván Morais 34º e Alex Lomba 37º.
Felicidades para todos eles e felicitar tamén dende aquí aos ex-ciclistas do C.C. O Rosal Aser Estévez (Supermercados Froiz) que se proclamou dobre Campión de Galicia nas modalidades de Fondo e Contra Reloxo Individual en categoría Elite e Jonathan Sousa que acariciou o podio nas dúas modalidades de Sub-23 ao acabar 4º en ámbalas dúas". (Foto: Club Ciclista O Rosal)
Dende Noticias O Rosal sumámonos ás felicitacións tanto para Toñi como para o Club Ciclista da vila. ¡Noraboa!
Obradoiros de inverno organizados por Cruz Roja Baixo Miño
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Velaquí vos deixamos a nota íntegra e literal recibida na nosa Redacción: "En el mes de octubre los voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño iniciaremos una serie de actividades para niños y niñas con edades comprendidas entre los cinco y los doce años. El taller de Manualidades los sábados en la sede de la Asamblea, en A Guarda.
La actividad se realizará los sábados, en A Guarda desde las 12:00 hasta las 13:30. Queremos favorecer el correcto desarrollo de las habilidades psicomotrices finas de los niños y niñas, su imaginación y sobre todo ser un espacio en el que los niños puedan ocupar su tiempo de ocio de una forma alternativa que sea educativa y sana. Durante estas sesiones los más pequeños se divertirán y aprenderán a construir con sus propias manos, fomentando su imaginación, a la vez que se educan en valores como cooperación, tolerancia, amistad, etc.
Para estos talleres el plazo de inscripción se inicia el jueves 8 de septiembre. Para realizar las inscripciones o informarse sobre cualquier duda pueden dirigirse a:
Teléfono: 986 61 46 09/ 606 348 471, o acercándose a nuestras oficinas en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo.
Todas las actividades desarrolladas por Cruz Roja son gratuitas".
6 sept 2011
Cine no Auditorio coa proxección de "Una hora más en Canarias"
O sábado 10 de setembro ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a proxección da película "Una hora más en Canarias".
Trátase dunha comedia romántica española estrenada en 2010, dirixida por David Serrano, con esta sinopse:
Claudia (Angie Cepeda), una mujer atractiva de treinta y cinco años, tiene un bonito café en el centro de Madrid, un marido guapo al que adora (Diego Martín), un hijo guapo al que también adora y un amante aún más guapo al que adora aún más. Su vida no puede ser más perfecta, o eso parece, porque Pablo (Quim Gutiérrez), su amante, ha decidido que está harto de ser solamente eso: su amante, y la ha dejado por Elena (Miren Ibarguren), una joven simpática, tierna, cariñosa... y con cierta propensión a la violencia cuando le quieren quitar al novio. Claudia, que no soporta perder ni a los chinos, no está dispuesta a dejarle escapar, así que con la ayuda de su hermana Mónica (Juana Acosta), y de un poco de chantaje económico y emocional, organiza lo que a primera vista parece un sencillo plan para recuperar a Pablo: llevárselo lejos de su novia, para poder seducirle más fácilmente. Aunque puede que las cosas se le compliquen un poco durante el proceso. (FILMAFFINITY)
5 sept 2011
Rematan as actividades de verán organizadas polo Concello do Rosal a través da OMIX
Segundo se pode ver na páxina web municipal, o día 5 de setembro rematan as actividades de verán organizadas polo Concello do Rosal, a través do Servizo de Información Xuvenil, dirixidas a rapaces matriculados o pasado ano en Educación Infantil e Educación Primaria.
Un total de 60 rapaces participaron este ano nas mesmas. Entre as actividades que realizaron están as manualidades, xogos e visitas (concretamente ás Aceñas e á Biblioteca Municipal).
Estas actividades veñen realizándose dende hai xa 10 anos cunha excepcional acollida por parte dos pais dos nenos. (Foto: Concello)