FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 may 2008

Óscar Vicente Rodríguez, Campión de Europa

Este rapaz rosalés non para de darnos alegrías e novamente acaba de realizar outra fazaña: ser Campión de Europa Junior de Duatlón.
Fai poucas datas facíamonos eco da súa victoria no campionato estatal por terceiro ano consecutivo.
Pois esta vez, xa é campión a nivel internacional. A carreira tivo lugar o sábado 24 de maio en Serres, unha cidade próxima a Salónica (Grecia). Cun tempo de 56'01'' percorreu os 7'5 qm a pé e os 20 qm de ciclismo. O segundo clasificado foi o seu compañeiro de selección, Mario Mola a 11 segundos e terceiro o portugués Miguel Henriques a 29 segundos de Óscar.
Oxalá siga a racha triunfal do noso rosalés na próxima cita, que será o Campionato do Mundo en Rimini (Italia), o 27 de setembro.

28 may 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. III)

"Cabezudos" pola Praza do Calvario a mediados do século XX

26 may 2008

"Galicia Biodiversidade" na Sala de Exposicións

A Sala de Exposicións do Concello acolle dende hoxe, luns 26 de maio ata o venres 30, a exposición "Galicia Biodiversidade". Esta mostra, que está organizada pola Concellaría de Cultura e Medio Ambiente do Rosal, que dirixe Charo Tabales Perozo, en colaboración coa Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Conservación da Natureza), pretende dar a coñecer os diferentes ecosistemas, especies e variedades xenéticas que aínda se conservan no territorio galego. Ademais quere concienciar aos visitantes da importancia da defensa e protección do hábitat e especies en perigo de extinción.

Horarios de visita:
Polas mañás de luns a venres, agás o xoves, de 9:00 a 13:00 horas.
Polas tardes de luns a xoves de 18:30 a 20:30 horas

Festividade do Corpus Christi

A parroquia de Santa Mariña celebrou este domingo 25 de maio a solemne festividade do Corpus. Ás 12 deu comezo a Santa Misa que oficiaron o Pai Vidal (Somasco) e o párroco en funcións, D. Isaac Penela. A procesión levouse a cabo ao redor do adro.
Por segundo ano consecutivo, as catequistas e colaboradores da parroquia confeccionaron fermosas alfombras. A idea do símbolo eucarístico foi de Carmen Batán e o seu deseño, obra de Alberto Guisantes.

25 may 2008

A inauguración do Auditorio, en imaxes

O pasado venres 23 de maio inaugurouse oficialmente o novo Auditorio de O Rosal. O acto contou coa presenza de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, así como doutras autoridades da provincia. Entre os asistentes atopábase o alcalde, Jesús María Fernández Portela e a Corporación Municipal do Rosal, ademais de tódolos alcaldes do Baixo Miño e representantes de entidades socio-culturais. Bendiciu as instalacións o crego Isaac Penela.

O xornalista Nicolás Camino presentou este evento diante do numeroso público que abarrotaba o renovado local. Actuou poñendo o broche final o Grupo de Metais da Agrupación Musical de O Rosal.

22 may 2008

Rosas en la arena, novo libro de Oliva María

Oliva María, a escritora e poetisa de Pías (San Miguel de Tabagón) ven de publicar o seu último libro, que titulou Rosas en la arena.
En palabras da autora "es una obra visceral, porque nace del corazón, es un rayo de luz, un despertar a la vida, a lo cotidiano, sensaciones, rosas y espinas, gritos y lamentos, lo que cada día aviva los sentidos para bien o para mal".
Tódolos beneficios logrados por esta publicación serán doados á "Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, crónicas o terminales", constituída en Santiago de Compostela.
Este é o cuarto libro de Oliva María, despois de Espejo de un alma (2000), O Carroucho enferruxado (2002) e Senda para ti (2002)

21 may 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. II)

E parece que aínda foi onte...

Inauguración do Auditorio o venres 23 de maio

O venres 23 de maio ás 20:30 horas procederase á inauguración do Auditorio Municipal de O Rosal, que correrá a cargo do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Durante toda a tarde haberá unha xornada de portas abertas, polo que se poderán visita-las instalacións do reformado edificio.


A Agrupación Musical de O Rosal celebrou recentemente o seu XXII aniversario
O 4 de maio de 1986, apadrinada pola "Banda de Música Juvenil de Xinzo" (Ponteareas), tivo lugar na Praza do Calvario a presentación oficial da "Banda Juvenil de la Agrupación Musical de O Rosal", baixo a dirección de D. Laureano Matos Barcia, de Camposancos (A Guarda), aínda que a primeira actuación en público levouse a cabo, cun grupo de gaitas "célula base da Banda" o 22 de xaneiro de 1984, festividade de San Vicente, en Marzán.

20 may 2008

Imaxes fin de semana Letras Galegas 2008

























Aquí vos deixamos algunhas instantáneas desta fin de semana cultural que xirou en torno ás Letras Galegas no centro da Vila. Actividades e actuacións para tódolos gustos e tódalas idades confluíron estes días para disfrute dos visitantes. Música, baile e lembranza doutros tempos, unidos ao humor fixeron que se congregase na Praza do Calvario un importante número de persoas. (Fai click nas imaxes para ampliar)

17 may 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. I)

Aleatoriamente poñeremos algunha fotografía que consideremos -polo menos- "chocante".

Actos na Praza do Calvario









O venres 16 de maio, xa de mañá, a Praza do Calvario acolleu diferentes actos en conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2008.
Os nenos e nenas dos colexios do Rosal achegáronse ata o centro da Vila onde tiveron actuacións musicais, lectura de manifestos e xornada de convivencia, moitos deles caracterizados para a ocasión e con pancartas e carteis alusivos tanto á lingua galega como ao homenaxeado, o escritor de Tui, Xosé María Álvarez Blázquez.
Así podía lerse: "Vivamos como galegos", "En galego sumamos tod@s", "Fálame en galego que te entendo", "¿Pensas? En galego sempre".

15 may 2008

Letras Galegas 2008 na Praza do Calvario

Fin de semana cultural e lúdica no Rosal organizado pola Agrupación Musical do Rosal e o Concello. Os días 16, 17 e 18 deste mes, co gaio das Letras Galegas 2008, que este ano se lle dedica ao polifacético tudense Xosé María Álvarez Blázquez, celebraranse multitude de actos na Praza do Calvario. Haberá tapas, como o tradicional polbo á feira, regadas co exquisito viño do Rosal. Contacontos, obradoiros para nenos e nenas e distintas exposicións farán pasar un rato agradable. En canto ás actuacións musicais, o venres 16 terá lugar o I Festival Rock do Rosal. Os días 17 e 18 diferentes bandas, corais ou grupos como Deixandar, amenizarán estes días de festa.

Óscar Vicente, Campión de España de Duatlón


O atleta rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, voltou novamente a coroarse Campión de España de Duatlón en Fuenlabrada (Madrid) o pasado 13 de abril. Pero o que é máis salientable é que leva xa dominando o panorama nacional 3 anos consecutivos. ¡A nosa noraboa!
(Óscar Vicente Rodríguez naceu o 4 de febreiro de 1990 e milita na actualidade no Clube Cidade de Lugo Fluvial, sendo bolseiro do Centro de Tecnificación de Pontevedra)

Festa da Bicicleta, 2008





Celebrouse no Rosal o sábado 10 de maio, a tradicional Festa da Bicicleta, que novamente contou cunha grande participación, tanto de nenos como de maiores, que non dubidaron en subirse ao vehículo das dúas rodas para facer un pequeno percorrido pola vila.

Exposición de Julio Martínez Martínez














Inaugurouse no Centro Cultural da Guarda o luns 21 de abril ás 20:30 h, unha exposición de escultura e debuxo do xove artista rosaleiro Julio Martínez Martínez, que estivo aberta ao público ata o 30 de abril. Presentou o acto o concelleiro de Cultura da Guarda, Antonio Lomba Baz.